31 de out. de 2018

A GUARDA

CELSO R. FARIÑAS PRESENTA UNHA MOCIÓN SOBOR DA RECENTE DECISIÓN DO TRIBUNAL SUPREMO SOBOR DOS GASTOS DE FORMALIZACIÓN DE HIPOTECAS

Celso R. Fariñas, concelleiro portavoz de Converxencia Galega no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O concelleiro portavoz de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, Celso R. Fariñas,  ven de presentar no rexistro municipal de entradas, o seguinte documento.

 Celso R. Fariñas, Portavoz do Grupo Municipal de CONVERXENCIA GALEGA neste Concello, o abeiro do disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta para o seu debate e aprobación se procede, a seguinte MOCIÓN:  

MOSTRA-LO REXEITAMENTO A DECISIÓN DO TRIBUNAL SUPREMO DE DEIXAR SEN EFECTO A SENTENCIA SOBRE O IMPOSTO DAS HIPOTECAS E PARA IMPULSA-LA CREACIÓN DUNHA BANCA PÚBLICA   

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS  

 O  pasado 18 de outubro deuse a coñecer a sentenza da Sala Terceira do Tribunal Supremo que establece que serán os bancos, e non seus clientes, quenes asuman o Imposto sobre Actos Xurídicos Documentados, o máis importante que se paga cando se formaliza o préstamo dunha hipoteca. 

 Este fallo responde a un pleito que mantiña ca Comunidade de Madrid a Empresa Municipal da Vivenda (EMV) de Rivas Vaciamadrid. O Alto Tribunal sentenza agora a favor da E. M. da Vivenda, o tempo que cambia súa propia opinión e varía a xurisprudencia hipotecaria.  

 O fallo fundaméntase en que o negocio que se inscribe é a hipoteca e que o único interesado en elevala a escritura pública e súa posterior inscripción é o prestamista, é decir, a entidade bancaria, “que soio mediante dita inscripción poderá exercitar a acción executiva e privilexiada que deriva a hipoteca”.  

 É un logro, que esta sentenza haxa conseguido que centos de miles de traballadoras/es, a quenes os bancos obligaban ata agora a facer fronte a uns gastos hipotecarios que non lles correspondían, se liberen desta carga.  

 Pero, soio 24 horas despois, o presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo tomou  a decisión de convocar un Pleno para deixar sin efecto a sentenza. Esta polémica decisión xudicial implica a non aplicación desta nova xurisprudencia aos recursos pendentes de resolver sobre a mesma materia, ademais de ser un intento para deixar sin efecto a sentenza mediante unha resolución do Pleno de Sala.  

 Os bancos cada ano multiplican seus beneficios e os salarios dos seus directivos, mentras que quen se empobrece é o pobo, son os cidadáns, entre outros motivos por verse obrigado a pagar multimillonarios rescates bancarios, mentras se padece unha tributación a banca escandalosamente reducida.   

 Bastou que a banca proteste 24 horas contra esta sentenza, para que o Tribunal Supremo, servilmente, adopte esta cuestionable decisión e é que, según o artigo 18 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, “as sentenzas executaránse nos seus propios termos” e “sóio poderán deixarse sin efecto en virtude dos recursos previstos na Lei”. Polo tanto, ni existe norma legal algunha que outorgue competencia a un Pleno da Sala do Tribunal Supremo para deixar sin efecto unha sentenza firme nin o Supremo ten competencias para valora-la repercusión das súas sentenzas: debe limitarse a aplicar estrictamente a lei e deixar que sexan os poderes públicos competentes, neste caso o Poder Lexislativo ou o Executivo, quenes valoren os efectos desas sentenzas e adopten medidas políticas si elo se entendera necesario.  

 É un despropósito que dende as máis altas instancias xudiciais aléguese para xustificar esta decisión unha suposta ‘enorme repercusión económica’, mentras obvian que este mesmo fallo é claramente beneficioso para a maioría das personas deste país, que deben recurrir o crédito hipotecario para acceder a unha vivienda.  

 Nos entendemos que nos atopamos diante dun novo caso de arbitrariedade do Poder Xudicial, un poder constitucional que neste caso non respeta súa propia independencia e sométese o designio dos máis poderosos nunha actitude, canto menos, arbitraria.  

 Os mesmos bancos que esquilmaron a economía deste país e contribuiron a empobrecer a xente estos últimos anos agora demostran súa capacidade para intervir diante das instancias públicas. O bancos conseguiron torcer a Xustiza ata o punto de que deixe de selo.  

 Apostamos por un polo de banca pública que impida a chantaxe que fai a banca privada. Ademáis é imprescindible que, si este país quere desenrrolar unha política industrial coherente, que favorezca as pymes, facilite o acceso  a vivenda e poña en marcha un novo modelo de desenrrolo que reduza o paro e sexa sostible económica e ecolóxicamente, poña en marcha unha banca pública.

 Se teñen feito propostas de impulsa-la creación dun polo de banca pública de depósitos de inversión a partir de Bankia e súa fusión co Instituto de Crédito Oficial (ICO). Se ten pedido nunha proposición non de lei abogando, por no privatizar Bankia e que súa prioridade sexa a de financiar proxectos de infraestructuras, equipamentos públicos e proxectos empresariais de longo plazo.   

 Somos un dos poucos países de noso entorno que non conta cunha banca pública. Na Alemania, a cuota de mercado da banca pública chega acadar o 24%, e ten demostrado súa capacidade de financiar necesidades de investigación e internacionalización. Ata o propio Banco Mundial, no seu informe 'Repensando o papel do Estado nas finanzas', mencionaba "o positivo papel que veñen xogando os bancos públicos en varios países durante a crise financieira para manter o fluxo de creto" ou "a evidencia do papel contracíclico que veñen xogando varios bancos públicos durante a crise".  

 Por eso, é imprescindible paraliza-la venta de Bankia. Non existe no Memorando de Entendemento e no 'TermSheet' que asinou o Goberno de Rajoy cas autoridades europeas ningunha especificidade sobre o límite para desinvertir en Bankia, senón que é a propia lexislación española a que, de forma indirecta, fixa un prazo. Por iso é fundamental que o actual executivo descarte a desinversión. A fusión de Bankia e BMN sitúa a nova entidade como cuarto maior banco por activos de España. Nel se ten inxectado máis de 24.000 millons de euros de fondos públicos, 22.424 millons para Bankia e 1.845 millons para BMN. E esencial o papel que poda xogar Bankia-BMN como polo de banca pública para orientar o sector a desempeñar un papel como servicio público. Dirixir a xestión dos aforros depositados na banca pública a atención das necesidades sociais, o deserrolo duns servicios públicos de calidade e suficientes, e a erradicación do desemprego. Ese debe ser o obxetivo dunha banca pública que permitiría impulsar outra  política económica centrada na creación dunha estructura económica dirixida a erradicar o paro estructural e os desequilibrios territoriais.  

 Por todo elo, o Grupo de CONVERXENCIA GALEGA propón o Pleno a adopción do seguinte  

ACORDO  

PRIMEIRO: Amosar o rexeitamento do Pleno de A Guarda a inaudita e vergoñenta decisión do Tribunal Supremo de deixar sin efecto a su propia sentenza nº 1505/2018 relativa o suxeto pasivo do Imposto de Actos Xurídicos Documentados.  

SEGUNDO: Instar o Goberno Municipal a que habilite os mecanismos necesarios para orientar a os/as veciños/as en caso de que queiran esixir as devolucions das cantidades indebidamente cobradas.  

TERCEIRO: Instar o Goberno Central a que impulse a creación dun polo de banca pública, paralizando a venta de Bankia, e dirixi-la xestión dos aforros depositados nesta banca pública a la atención das necesidades sociais, o desenrrolo duns servicios públicos de calidade e suficientes, e a erradicación do desemprego.  

A Guarda, a 31 de outubro de 2018     

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario