A GUARDA CELEBROU A FESTIVIDADE DO SANTÍSIMO SACRAMENTO COAS TRADICIONAIS ALFOMBRAS DE FRORES E DE SAL
Vista parcial da alfombra da Praza do Reloxo
Fotos: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Logo de máis de un mes de traballo de
recolleita e debullado dos materiais vexetais necesarios, o pobo de A Guarda voltou a
honrar o Santísimo Sacramento coa confección de tapetes de frores e de sal, tarefa na que
as mulleres foron maioritariamente as que levaron a maior carga de traballo,
ainda que en honor a verdade, tamén colabouraron algúns homes e nenos/as. Dese
xeito, chegada á tardiña do sábado día 2 de xuño - este ano foi 15 días antes do que fora en 2017 - deron escomenzo os traballos
de marcado no chán, dos deseños elexidos, que como vén sendo costume foron
todos eles diferentes nos correspondentes tramos de rúas. Escomenzando pola
Praza do Reló, e continuando pola Praza de Ignacio Sobrino, Rúa Oliva, Rúa
Hernán Cortés, Praza de José María Lomba, Rúa Malteses, A Ribeira e Rúa
Concepción Arenal.
Vista parcial de un dos tres tramos alfombrados da rúa Concepción Arenal
Nesta ocasión ainda que a climatoloxía, de madrugada fixo algunha "trastada" en forma de "pulpizo", ou orballo, que mollou as persoas que estaban traballando a pé de rúa, e ademais de interromper o traballo, mesmo estragou unha das alfombras; foron milleiros de persoas de toda a comarca do Baixo
Miño e mesmo de varias Comunidades Autónomas do estado español, e tamén doutros
países tanto de Europa como de América, as que contemplaron en vivo i en directo,
a labor que desenvolveron nas adegas e zaguans de moitas vivendas, ás mulleres
(mozas e maiores), nas últimas horas de traballo de “picado” do “verde” (buxo,
mimosa, mirto,...). E tamén o traballo no chán, que pequenos a maiores,
foron desenvolvendo, sen presa pero sen pausa, o longo de toda á noite ata ben
entrada á madrugada e mesmo xa na mañanciña. Temos constancia que moitos adolescentes e xóvenes
estiveron traballando de xeito entusiasta, en perfecta camaradería, ata o alborear do día. Tamén pudemos ver como
algunhas persoas que forman parte da Corporación Municipal estiveron man a man
cos veciños, axudando na labor de confección dos fermosos tapetes frorais. Iso
ven a acreditar, una ano máis, a merecida fama dos tapices frorais e de sal de
A Guarda, que certamente teñen moito mérito. E podemos afirmar que a afruencia
de público iría a máis, ó longo de toda a mañá do domingo, mesmo con presenza de peregrinos que están facendo a ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, e nas horas e intres
previos a solemne procesión do Santísimo Sacramento.
Tamén
queremos salientar que nesta nova edición da festividade do Santísimo
Sacramento, ou do Señor, como popularmente decimos no municipio de A Guarda, a
temática dos tapetes florais foi moi variada e dunha ampla riqueza cromática e
técnica. Polo que pudemos ollar, ademáis de flores (mesmo da carrasca),
arbustos, arroz, baias de xestas, palla de cereais,... e sal, tamén houbo presenza de materiais naturais, que confirman á inquedanza
dos deseñadores por amosar ás posibilidades de outros ingredintes non tan
habituais.
Rematada
a misa solemne, deu comenzo a procesión que contou coa participación de
numerosas persoas, así como de diversas confrarías piadosas representadas polos
correspondentes estandartes portados por membros das mesmas, que ían
franqueados por nenos/as que fixeron súa Primeira Comuñón. Asemade, tamén ía o
estandarte da Sección da Adoración Nocturna e o tra-lo palio portado por
membros desa sección, ía a custodia co Santísimo Sacramento, polo párroco de Santa María de A Guarda, Jesús
García Villadóniga, acompañado de un crego somasco.
Tamén ía un membro da Policía
Local de A Guarda, portando o pendón municipal, e inmediatamente despois varias
autoridades civís, como a alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e membros da
Corporación Municipal de A Guarda; os ex alcaldes Purificación Álvarez Álvarez e José Manuel Domínguez Freitas; representante da Comandancia Naval do Miño e da Guarda Civil, respectivamente, e outras representacións
cívicas. E pechando a procesión a Banda de Música da Agrupación Musical de A
Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta.
Desde Infogauda felicitamos a tódolas/os
veciñas/os que fixeron posibles os fermosos tapices frorais na honra do
Santísimo Sacramento, pois constitúen toda unha expresión do fervor popular é o
mesmo tempo, unha magnífica mostra da creatividade e do traballo en equipo, altruista
e desinteresado da nosa xente. O traballo foi moito, máis os resultados
compensaron con creces o sacrifizo. Ogallá que para o ano que vén voltemos a
ter a oportunidade de facer realidade, unha vez máis, esa mostra de Arte
efímero, da que tódolos guardeses nos sentimos moi honrados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario