4 de xuño de 2018

DEPORTES

UN ANO MÁIS, OS IRMÁNS SIERPES PEREIRA MANTÉÑENSE NO MÁIS ALTO DO  PÓDIUM NOS CANTÓNS (A CORUÑA) 

FACENDO 1º E 2º CLASIFICADO

TAMÉN SE SUMA A ELES A MASTER EMILIA RODRÍGUEZ, FACENDO 1º POSTO EN VETERANAS 


Emilia Rodríguez - no centro da imaxe - vencedora na categoría master veterana 
Emilia Rodríguez e os irmáns Christian e Álex Sierpes, cos respectivos galardons acadados neste evento

Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega 

 Este pasado fin de semana disputouse na Coruña, o prestixioso  XXXII Gran premio Internacional de Marcha Os Cantóns , unha das grandes citas de marcha en ruta a nivel mundial. Este importante evento ten rango Internacional IAAF, onde cabe destacar a presenza do equipo nacional do Xapón cuxos marchadores se atopan a nivel mundial nos primeiros lugares. Cabe lembrar que o país asiático será organizador dos próximos Xogos olímpicos. Desta mesma maneira, a nivel nacional, estaban en xogo as últimas prazas para acudir ao Campionato de Europa, a celebrar en de Berlín. Por ese motivo foi de gran interese ver a evolución dos atletas nacionais. 

 Igualmente celebraríase o trofeo Sergio Vázquez e dentro desa competición estivo organizado o Trofeo Josefina Romeu de marcha atlética de Galicia. 

 Ata alí desprazáronse da Escola de Atletismo Trega de Tomiño, dous atletas de base e unha master.

Christian Sierpes fixo podio no Trofeo circuito Josefina Romero (categoría alevín 2017) 
Álex Sierpes fixo podio no Trofeo circuito Josefina Romero (categoría benjamín tempada 2017)

Christian  Sierpes Pereira, e o seu irmán Álex Sierpes Pereira, no podio do Trofeo Sergio Vázquez

 Na categoría alevín masculino nos 2.000 m. en ruta alzaríase coa vitoria por terceiro ano consecutivo, nas súas respectivas categorías, Christian  Sierpes Pereira, e o seu irmán Álex Sierpes Pereira, que se faría coa prata, logrou a 2ª posición no trofeo Sergio Vázquez 2018. 

 Despois do evento tamén recollerían os seus diferentes premios dobremente do circuíto galego de marcha Josefina Romeu 2016-2017 onde serían galardoados co 1º posto Christian na categoría alevín e o seu irmán co subcampeonato na categoría  benjamín da tempada pasada. 

 E por último cabe destacar que Emilia Rodríguez alzouse coa vitoria Master de veteranas en 5km, cunha marca de 30´21". 

 Felicidades a todos eles!

Ningún comentario:

Publicar un comentario