O Goberno galego está a axilizar os trámites para poñer canto antes estas subvencións a disposición dos afectados
A Xunta activará de xeito inmediato axudas ás persoas con casas danadas pola explosión pirotécnica en Tui, que poderán sufragar o 100% da reparación de vivendas habituais
Estas subvencións son similares ás que o Goberno galego proporcionou en 2017 para paliar os danos dos incendios, que ascenderon a 170 concedidas
Os beneficiarios poderán pedir o anticipo do 25 % da axuda e non terán que adiantar o importe das obras para percibir a subvención
As axudas ao aloxamento provisional de familias que non poidan permanecer nos seus fogares terán unha contía de ata 450 euros ao mes, máis unha adicional de ata 600 euros para formalizar o contrato de alugueiro
As subvencións á reparación dos danos nas vivendas poderán acadar os 100.000 euros se son unifamiliares ou 80.000 se se atopa nun edificio colectivo
No caso dos inmobles non habituais, as axudas cubrirán ata o 40% do importe das reparacións
As subvencións terán os requisitos mínimos exixibles para a concesión de axudas públicas e cubrirán os honorarios de arquitectos e o asesoramento técnico
Infogauda / Tui
A Xunta activará de forma inmediata as axudas ás persoas con casas danadas pola explosión pirotécnica en Tui, que poderán sufragar o 100 % da reparación de vivendas habituais.
As subvencións son similares ás de 2017 para paliar os danos dos incendios, que ascenderon a 170 concedidas, custeando o aloxamento provisional das familias cuxos fogares rexistraran danos importantes ou abonando os arranxos neles.
Os beneficiarios poderán pedir o anticipo do 25 % da axuda e non terán que adiantar o importe das obras para percibir a subvención.
As axudas para financiar o aloxamento provisional das familias cuxas vivendas habituais resultaran danadas e nas que non poidan permanecer terán unha contía de ata 450 euros ao mes, máis unha achega adicional para formalizar o contrato de alugueiro cun máximo de 600 euros.
As subvencións dirixidas a sufragar a reparación dos danos nas vivendas e no seu equipamento contemplan contías que poderán acadar o 100% do valor do arranxo do inmoble, cando se trate da fogar habitual, ata 100.000 euros se se trata dunha unifamiliar e 80.000 se se atopa nun edificio colectivo.
No caso das vivendas non habituais, as axudas cubrirán ata o 40% do custo das reparacións ata un máximo de entre 30.000 e 40.000 euros aproximadamente, en función de que sexa unifamiliar ou edificio colectivo.
O Goberno galego tamén achegará axudas por danos causados en instalacións complementarias das vivendas e no equipamento doméstico. As subvencións terán os requisitos mínimos exixibles para a concesión de axudas públicas e cubrirán os honorarios de arquitectos e o asesoramento técnico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario