12 de abr. de 2018

SOCIEDADE

XXXVI Asemblea Xeral Ordinaria da UNAD en Madrid 



Érguete Baixo Miño / A Guarda

 A Asociación Érguete Baixo Miño informa que nos días 12 e 13 de abril, estamos presentes na XXXVI Asemblea Xeral Ordinaria da UNAD (La Unión de Asociaciones y Entidades de Atención al Drogodependiente) en Madrid, como socios e compoñentes da vogalía de UNAD en Galicia dentro da Rede de Atención ás adicións. 

 Na orde do día están presentes temas xerais como a rendición de contas e toma de decisións así como puntos máis concretos como por exemplo o tema dos novos perfís en adicións, onde se traballará e debaterá sobre as maneiras de afrontar os novos escenarios en adiciónsá vez que se afondará nas estratexias de traballo conxuntas para reivindicar as políticas de adicións. 

 Dentro da orde do día, tamén se falará da Estratexia Nacional de Adicións 2017-2024 a cargo de D. Francisco de Asís Babín, Delegado do Goberno para o PNSD (Plan Nacional Sobre Drogas). 

 O presidente de Érguete Baixo Miño, Victoriano Rodríguez González, xunto con Natalia González González –Técnico de Prevención en Condutas Aditivas e vogal da UNAD–, ademais de asistir a Asemblea Xeral da UNAD en Madrid, participarán en diferentes coloquios e mesas de experiencia onde se permitirá intercambiar iniciativas valiosas en este sector, así como presentar ideas e propostas de traballo moi positivas en todos os aspectos. 

 Este tipo de actividades a nivel nacional son moi favorables de cara a valorar diferentes puntos de vista así como diferentes maneiras de traballo. 

 Formar parte da vogalía da UNAD en Galicia demostra as ganas que se teñen de seguir apoiando e facendo por mellorar e evitar a situación das drogodependencias na nosa Comunidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario