12 de mar. de 2018

OIA

Programación de Semana Santa 

Costa dos Castros organiza unha andaina pola Ruta Máxica de Oia e unha visita ao Arrabal   

O itinerario incluirá puntos de interese como os petróglifos da Pedreira e A Pousadela, o bosque das Sobreiras do Faro e o castro da Cabeciña
Foto: Costa dos Castros


Patricia Muñoz Raña / Oia (Pontevedra)

 A Asociación Costa dos Castros xunto co Concello de Oia organizan esta Semana Santa unha andaina pola Ruta Máxica e unha visita guiada polo barrio do Arrabal, dúas actividades que teñen o obxectivo de dar a coñecer o patrimonio do municipio e promover o turismo cultural. 

 A primeira actividade será a andaina pola Ruta Máxica (18 km) o venres 30 de marzo. O itinerario incluirá puntos de interese como os petróglifos da Pedreira e A Pousadela, o bosque das Sobreiras do Faro e o castro da Cabeciña. Sairá as 10.00 horas e terá percorrido lineal, con paradas para contemplar os puntos de interese e para comer (cada participante deberá levar a súa comida). Trátase dun roteiro de dificultade baixa. 

A andaina pola Ruta Máxica de Oia é gratuíta, pero é preciso inscribirse  

Información e inscricións: no número de teléfono 689.35.57.13 ou ben no correo electrónico costadoscastros@gmail.com. 

Visita guiada gratuíta ao Arrabal 

 Para o sábado 31 de marzo está programada unha visita guiada polo barrio do Arrabal (contorna do Mosteiro de Oia) que sairá ás 12.00 horas do exterior da Oficina de Turismo. 

 A actividade é gratuíta e non require inscrición.   

 Máis información sobre as actividades de Semana Santa, localizacións, etc. en Costa dos Castros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario