27 de mar. de 2018

A GUARDA

CELSO R. FARIÑAS, INSTA Á CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE A GUARDA, A FACER UNHA DECRARACIÓN DE APOIO INSTITUCIONAL OS TRABALLADORES DE IKF (AS CACHADAS)

Na defensa dos postos de traballo e na defensa dos seus dereitos laborais

Celso Rodríguez Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda 

 No día de hoxe, 27 de marzo de 2018, Celso Rodríguez Fariñas presentou no Rexistro Municipal de Entradas do Concello de A Guarda un escrito (Entrada nº BC - 708), no que expón o seguinte: 

 Como veciño e como representante de Converxencia Galega, veño a solicitar que no vindeiro Pleno Municipal a celebrar o luns día 02/04/2018, se proceda por parte da Corporación Municipal a facer unha declaración institucional de apoio as reivindicacions dos/as traballadores/as de IKF (As Cachadas), na defensa dos postos de traballo e na defensa dos seus dereitos laborais.

 Con anterioridade Celso R. Fariñas presentara no Concello á seguinte proposta:

SOLICITUDE DE APOIO INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE A GUARDA OS/AS TRABALLADORES/AS DA INDUSTRIA IMERYS KILN FURNITURE (AS CACHADAS)

 Sendo sabedores, que o igual que fixeron con esta forza política, que distintos traballadores/as e membros do Comité de Empresa, se dirixiron a compoñentes do Equipo de Goberno Municipal para que se fixera un acordo institucional de apoio e respaldo as reivindicacións laborais dos homes e mulleres que traballan en Imerys Kiln Furniture, por un novo convenio laboral, non so para que mellore as súas condicións laborais, senon, para que non lles fagan perder dereitos adquiridos o longo dos anos, demostrando que son punteiros en cantidade e calidade de producción, e negándose a recortes e cláusulas-trampas ofertadas pola empresa, que precarizan as condicións laborais e salariais.  

 Dado que xa foi recibida a documentación para a celebración do vindeiro Pleno Ordinario a celebrar o día 2 de abril, e dita solicitude non aparece entre os documentos que van a ser tratados en dito Pleno.  

 Tendo en conta que a máxima autoridade local, por diversos motivos estivo fora de A Guarda, e posiblemente non deixou as indicacións oportunas para que se incluira dita proposta,   

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a proponer que por vía de urxencia, se leve a cabo o debate e aprobación desta solicitude que os/as traballadores/as de I.K.F. fixeron diante dos Grupos Municipais e do Sr. Alcalde, dado a incidencia laboral e económica que repercute nos pobos de A Guarda e O Rosal, tanto no antigo e no  presente o que significou o longo do tempo na nosa economía a coñecida popularmente como “fábrica das Cachadas”, donde ata a súa “sirena” marcou a hora nas zonas lindeiras.      

 Hai que loitar por que se manteñan as condicións e os postos de traballo, implicando nunha solución xusta a tódalas administracións, especialmente na nosa zona, donde o peche de empresas e comercio de toda índole, foi dos máis fortes do sur desta provincia, polo que non podemos volver a sufrir máis paro, nin máis emigración, e non podemos arriscarnos poñendo en perigo a estabilidade laboral e económica de máis de 60 familias, que incidiría moi negativamente na vida comercial do Baixo Miño.  

A Guarda a 27 de marzo do 2.018

Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA  
               

Sr. Alcalde-Presidente 
Sres. Membros da Corporación Municipal 
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario