23 de feb. de 2018

A GUARDA

Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria 2018 de socios da Asociación  Érguete Baixo Miño    



 A Asociación Érguete Baixo Miño informa que o venres 9 de marzo de 2018, terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria sendo ás 19:00 horas a primeira convocatoria e ás 19:30 h. a segunda convocatoria, no local social onde a Asociación ten as instalacións, rúa Colón, 20 (Edificio O Percador, 1º andar) de A Guarda. 

 Como cada ano por estas datas, convócase aos socios e socias a participar na mesma, a cal contará coa seguinte orde do día: 

 ORDE DO DÍA:  

1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior. 
2º Presentación do Estado de Contas. 
3º Presentación da Memoria de Actividades 2017 e Programa para o 2018. 
4º Renovación de Cargos da Xunta Directiva.  
5º Rogos e preguntas. 

 Para calquera consulta pódense por en contacto coa Asociación por vía telefónica/fax 986 61 44 07, no local da Asociación (rúa Colón, 20 – Edificio O Pescador 1º andar - A Guarda, Pontevedra), por correo electrónico (info@erguete.org), no twitter@ErgueteBM ou en facebook.com/erguetebm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario