23 de feb. de 2018

A GUARDA

A GUARDA CONMEMORA O 24 DE FEBREIRO CUN ESPECTÁCULO FAMILIAR SOBRE A VIDA DE ROSALÍA DE CASTRO 


Rosalía de Castro
Foto: Luis Sellier

Teresa Espejo / A Guarda

 O sábado 24 de febreiro o público guardés ten unha cita importante para coñecer un pouquiño mais sobre a vida da poetisa galega. 


 O espectáculo de monicreques A viaxe de Rosalía, que se representará o sábado ás 19:30 h. no Centro Cultural, nos achega á vida de Rosalía de Castro contada pola súa madriña Francisca do Campo, a quen lle gusta lembrarnos como aquela meniña que ela coidou foise convertendo pouco a pouco na escritora que deixou unha pegada imborrable, nunha muller culta, traballadora, valente e que interpretou como ninguén un tempo histórico na súa Terra. Aquela meniña algareira que Francisca coidou foise convertendo pouco a pouco na escritora que deixou unha pegada imborrable pola súa calidade literaria e un fondo de verdades profundas por fin sacadas á luz. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario