29 de dec. de 2017

A GUARDA

PRESENTACIÓN DO LIBRO SOLIDARIO ELEFANTES DE PAPEL

Será o vindeiro xoves, 4 de xaneiro ás 20:00 h. no Centro Cultural de A Guarda




Infogauda / A Guarda

 O vindeiro xoves, 4 de xaneiro ás 20:00 h., terá lugar no Centro Cultural de A Guarda a presentación do libro solidario Elefantes de papel, co-escrito por María Salinas García e Berto Pirata.  

 Trátase dun compendio de relatos curtos en galego e castelán cos que se pretende crear unha onda de solidariedade. Para iso os autores doarán a asociación Conrazones un euro das ventas de cada libro e, a maiores, outro euro por libro vendido a asociación Avelaíña, ambas de A Guarda; dinámica que se repetirá en todas as presentacións.  

 A aventura solidaria comenzará o día 3 de xaneiro en Vigo, na Cafetería De catro a catro, onde a doazón irá destinada á Rede de mulleres contra o maltrato. Os Elefantes pretenden percorrer a xeografía galega con esta iniciativa e xa están en contacto coa ONCE para que esta publicación sexa traducida ao Braille.

Ningún comentario:

Publicar un comentario