ELOI GÓMEZ MARIÑO (PRESIDENTE DA XUNTA REITORA DA COMUNIDADE DE MONTES EN MÁN COMÚN DE SALCIDOS)
"As prioridades que nós nos marcamos, é o coidado do monte. O monte en sí. O monte alto".
Eloi Gómez Mariño, presidente da Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Salcidos
Fotos: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / Salcidos
Seu
vencello cos que hoxendía se denominan Montes Veciñais en Mán Común da
parroquia de Salcidos, provén desde súa infancia mesma, continúa na
adolescencia e mesmo na xuventude, no que os aproveitamentos do monte se
refire, e desde fai moitos anos tamén, foi pioneiro – xunto con outras persoas
de A Guarda, Camposancos e Salcidos - na lexítima recramación dos montes para
os veciños, como está acreditado na correspondente carpeta ficha do Xurado
Provincial de Montes de Pontevedra, e que este cronista pode acreditar, por
habelo vivido directamente. Daquela, varias persoas, entre elas Manuel Díaz
González, afirmaron diante do inxenieiro do ICONA, que os veciños non querían
os montes. Cando á realidade e que ademáis dos que iso afirmaban, estábamos
outras persoas que sí queríamos os montes. Entre elas, Eloi Gómez Mariño, un
home de longa traxectoria social. Foi membro da primera Xunta Reitora, como
vogal uns cinco ou seis anos. Posteriormente,
Feliciano González Otero, daquela presidente da Xunta Reitora, lle expuxo á
posibilidade de ser seu relevo, xa que el quería deixar o cárrego. Chegado o
proceso electoral presentáronse dúas candidaturas. Unha, liderada por
Victoriano Rodríguez González, vencellada o PSOE, como á Xunta Reitora anterior
que estaba composta por membros desa formación política; e outra, totalmente
heteroxénea – xa que na súa composición hai persoas de diferentes tendencias e
incruso xente non vencellada a ningunha formación política -, liderada por Eloi
Gómez Mariño. “(...) Non me debo a
ningún partido e aquí vin a facer traballo, única e exclusivamente, para os
veciños e para a Comunidade. Por iso fixen unha candidatura a miña semellanza.
Que me saiu ben ou mal, o tempo o dirá cando rematemos a xestión dos catro anos”,
afirma Eloi Gómez Mariño, quen desde
o día 30 de novembro de 2014, é o presidente da Xunta Reitora da Comunidade de
Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Salcidos. Con él, a instancia do
que suscrebe, concertamos unha entrevista na Casa da Comunidade de Montes.
Chegado o día e a hora acordada, alí nos atopamos. Compre decir que o
presidente da Xunta Reitora xa viña de desenvolver unha labor, xunto con outros
comuneiros, por causa da irrupción en propiedades de particulares, dos animais
que pastan na illa Canosa.
Logo de amosarnos as dependencias da Casa da Comunidade de Montes de Salcidos, mantivemos con Eloi Gómez Mariño á seguinte entrevista:
Que lle motivou a presentarse no seu día
como cabeza de lista dunha candidatura á Xunta Reitora da Comunidade de Montes
en Mán Común de Salcidos?
- A motivación foi unha charla que tiven con Feliciano
[González Otero], que me dixo algunhas cousas respecto a uns importes
económicos que ían vir para á Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de
Salcidos. Fronte á opinión de algúns comuneiros que querían que a cuantía fose
investida no seu barrio, Feliciano tiña o criterio de que deben ser repartidos
entre os diferentes barrios da parroquia, e eu son da mesma opinión. Iso xa foi
un acicate para que eu decidise dar o paso. E de feito así foi. Eses cartos
chegaron a vir, e nos deron algún quebramento de cabeza, porque algunha xente
segue entendendo que se deben investir única i exclusivamente no seu barrio.
Tanto eu como o os demáis membros da Xunta Reitora decidimos que ese diñeiro –
uns 37.000,00 euros - se investirá onde faga falla. Os cartos sairón da
expropiación [polas obras do vial CG-42] de un terreo de Fonte Bieita. É certo.
A Fonte Bieita está entre A Gándara, A Proba e Pintán. Tamén é certo. Pero por
exemplo, tamén temos o camping de Salcidos, o non por iso tódolos ingresos
provintes desas instalacions, se invisten soio nos barrios de Salcidos, senón
que se adican a tódolos barrios da parroquia, onde faga falla. Ese é o noso criterio.
E como digo, ese foi o motivo que me fixo a mín dar o paso adiante.
Da devandita suma, unha parte irá
efectivamente para A Gándara. Agora mesmo estamos vendo un proxecto para un
pequeno parque na zoa. Pero, reitero que o diñeiro é da Comunidade, e a
Comunidade invistirao onde mellor coide convinte.
Cómo foi súa toma de contacto coa
realidade desta Comunidade de Montes?
- Uff! A toma de contacto..., enfín. Cando
tentei facerme comuneiro - logo de estar un tempo fora da Comunidade, por
discrepancias co anterior presidente e tamén por motivos de traballo -, foi un
pouco rara, porque viña de un tempo de non relación con Feliciano, debido a
motivos persoais, pero sempre derivando da Comunidade de Montes. Non me falaba.
E un día, cando decidín dar o paso, cheguei eiquí a meter á solicitude [de alta
como comuneiro] no buzón, e estaba o anterior presidente. Comezamos a falar,
con certas reticencias, pero dialogamos. Como queira que él me expuxo que xa ía
vello, e que quería deixar isto,..., argumentando que eiquí deixara a metade da
súa vida, e que “isto ía cair en máns de catro delincuentes” – verbas que
empregou el – e iso non o podíamos permitir,.. etc. Entón eu díxenlle que no
que na miña mán esté, ía colabourar. E efectivamente, desde aí foi miña toma de
contacto.
Dende súa de posesión ata o día de hoxe,
que salientaría da labor da Xunta Reitora que preside?
- Da
Xunta Reitora que presido, agora mesmo, ainda que moitos criticaban por aí, que
non botábamos dous anos, e que á marxe de problemas que levamos tido, é a
laboura que temos que entre todos levar a cabo. Podo decir que entre oito
persoas que somos na Xunta Reitora hai persoas que pensan de unha maneira e
outras de outra. Por eso dixen antes que é unha Xunta apolítica a nivel de
partido. Hai veces que temos discusions moi fortes. Persoalmente, penso que son
simples, polo que eu o que destaco é a eficacia de como estamos tentando levar
ás cousas.
Cales teñen sido deica agora, ás
prioridades que se marcaron na súa labor ás persoas que forman parte da Xunta
Reitora que Vde. preside?
- As
prioridades que nós nos marcamos, como Xunta Reitora en xeral, é o coidado do
monte. O monte en sí. O monte alto. Porqué? Porque o monte alto era un desastre
o que había. Se tí ollabas o monte desde fora, sí. Decías, non ardeu,... Pero
cando empezas a decir, este monte hai que activalo. Hai que sacarlle un
rendemento, porque hai que limpalo, hai que faer actuacions nos barrios,...,
entón é cando un se decata de que o monte, aparte de ser pequeno, está
escarallado. Por iso, o que nos marcamos como base principal é o coidado é a
rexeneración do monte.
Se tivera que propór un lema para
definir á Comunidade de MM. VV. en Mán Común de Salcidos, cal sería?
- Traballar
polo monte.
Con que periodicidade se reúne a Xunta
Rectora?
- Ata
agora estábamonos reunindo,... ainda que a Lei dí que hai que reunirse cada
tres meses, como mínimo, nós estábamos reunido ata o mes de xullo, tódolos
primeiros venres de mes. Todo o que chega o longo do mes, o debatimos, o tratamos,
o analizamos, o aprobamos ou o rexeitamos, cada primeiro venres de mes. Na
reunión de xullo acordamos un período de “relax” de tres meses.
Cantas persoas da parroquia de Salcidos
teñen a condición de comuneiros?
- Pois
coido que somos 119.
Nos decía fai un intre, antes desta
entrevista, que hai persoas que solicitan a condición de comuneiros,...
- Sí.
Este ano, directamente ainda non houbo ningunha solicitude oficial. Hai tres
persoas que me dixeron que se querían dar de alta. E eu, que xa me chaman “o
home de mochila”, ando con ela, e levo impresos e quen mos pide, normalmente
llos dou e os complimentan, ou veñen por eiquí. Pero estas tres persoas que me
dixeron que queren ser comuneiros, como mo dixeron de palabra, nin me pediron o
impreso, polo tanto este ano non temos ningunha petición. Pero o ano pasado
penso que tivemos 14.
Se tivera que sinalar as características
que definan á Comunidade de Montes en Mán Común de Salcidos, cales poderían ser
na súa opinión?
- Primeiro,
que a Comunidade de Montes de Salcidos é unha comunidade pequena (83 Has.,
aproximadamente – non chega a 84 - de arbolado, que é de onde ten que sair a
maior productividade, é decir a maior parte económica, e se desa superficie
sacamos pistas, cortafogos, etc., quedamos nunhas 79 Has., de monte alto, E
incluindo ás xunqueiras, son unhas 170 Has. en total. Entón podemos decir que a
Comunidade de Montes de Salcidos é unha comunidade pequena, pero moi activa.
Como é á labor cotiá do presidente da
Comunidade de Montes de Salcidos ó longo do ano?
- Uff!
Non soio a do presidente,... A do vicepresidente, a do secretario,... Cambiamos de
secretario. Por problemas de saúde e persoais, na súa familia, a anterior
secretaria tivo que deixalo. Agora hai un novo secretario, e desde que este
home chegou, cambiaron moitas cousas. E non porque á outra señora o levara mal,
pero como ama de casa, e aparte ten súas ocupacions profisionais, non podía
adicarlle o tempo que ese cárrego require. E o secretario que temos agora é un home que
ademáis ven de outras secretarías de outras organizacions e é moi válido.
O
meu guión diario é erguerme a mañá, subir ó monte e estar cos traballadores
para ver que è o que hai. As veces hai que levar dúas máquinas o taller. Logo
baixo ata á vila a facer algunhas xestions. Vou o campìng, percorrer o campo de
fútbol que o temos, así “daquela maneira”, por decir algo, xa que con moita
frecuencia nos rompen o que alí temos instalado. Hoxe mesmo, vimos dalí. Houbo
que preparar outra vez un pastor [eléctrico] que nolo están tirando tódolos
días o chán.
Outras
veces me chaman e hai que atender o técnico forestal. É decir, desde a mañá ata
o mediodía, tódolos días, o meu tempo é para a Comunidade. A parte do
secretario, máis ou menos, e o vicepresidente, tamén,... Porque se os chamo aí
os están todos.
Como
hai sitios que non debemos ir soios, como por exemplo a Pontevedra, eu sempre
lle digo o secretario que me acompañe. Porque entendo que a un organismo
calquera, non se debe ir soio. Porqué? Por moitas cuestions. Porque se te poder pasar algo por alto, e indo
dous, podemos ser máis eficientes nas xestions. Por iso tódolos días, ata o
mediodía adicado ó monte, e despois, incruso, moitísimas veces, á tarde. Porque
a muller na casa se non da coa escoba pouco lle falta.
Cando
hai unha corta hai que estar tanto cos traballadores como co madeireiro, para
indicarlle o que proceda. É decir, medio día é da Comunidade e o outro medio,
ás veces tamén.
Nos decía fai un intre que o Campo da
Ribeira non está como a Vdes. lles gustaría. E niso ten que ver o porco bravo
ou outro tipo de animais de dúas patas?
- Nun
principio foi o porco bravo, que nos levantou o campo todo. Alí estivemos o
vicepresidente mais eu, e o longo de un mes, non dábamos feito con íl. Porque allanábamos
hoxe o campo e o día seguinte nos levantaba máis do dobre. Entón decidimos
valar o campo e pór un pastor eléctrico. E a nosa sorpresa foi que cando
tíñamos a metade do campo valado, no outro día pola mañá cando chegamos alí
habían roubado 26 metros de valla. Logo de acabar de colocar á madeira, pola
parte Este puxemos unhas varillas de ferro de 2 metros cravadas, para seguer
ligando o pastor e tamén nolas roubaron todas. E a todo isto seguía vindo o
porco, e nós traballando alí. Como se fóramos xornaleiros. E a nós ninguén nos
paga nada por isto. Nós non tíñamos porqué facer iso, pero como somos unha
Comunidade pequena, decimos, se facemos isto nós, aforramos algo.
Ademáis
dos porcos bravos, viñeron os “porcos bravos de dous pes”. Na primeira semana
nos cortaron o tendido do pastor unhas vinte veces. E agora mesmo, seguen. Ou o mellor, paran unha semana, e veñen e voltan a cortar. Xa acudimos a Garda
Civil, denunciamos un montón de veces, pero seguen igoal. Ata nos chegaron a
levar á porta do campo. Unha cancela, que fixéramos o vicepresidente mais eu e a
colocamos alí, con un candado, e nola levaron con bisagras e todo. Entón xa te
podes imaxinar como funcionan estas cousas.
Marchas
un día ás 19:00 h. e deixas todo perfecto e o día seguinte está o cable cortado
en tres sitios. E digo cortado, porque se ve que foron cortados con unha
tenacilla. É un corte limpo. Logo hai outras veces, como por exemplo esta
semana, que levan entrado as vacas, unhas sete ou oito veces,... Ainda hoxe,
precisamente,... E craro chegan as vacas e alguén detrás delas, a correr e
péganlle un corte o aramio e non é como cando unha vaca está pacendo, toca no
aramio, dalle un pequeno golpe de corrente e xa se retira. Pero cando veñen
correndo, rompen todo. E así temos iso. Non temos o campo como a nós nos gustaría.
Iso non impediu que o día 24 de agosto
hubese unha actividade deportiva nova nesta zona,...
- Non
impediu, pero ollo! Chegaron alí os que foron a practicar ese tipo de deporte e
se atoparon coas vacas dentro do campo de fútbol. E foron eles quen nos chamaron
a nós, ou polo menos a mín. Eran ás 16.00 ou 16:30 h., e tiven que coller o
coche e chamar o vicepresidente e o secretario, e alí estivemos incruso
con un membro da Xunta Reitora que é gandeiro, para meter as vacas pra dentro.
Esa semana coido que foi a sexta vez que íamos meter ás vacas para dentro.
Ese gando está identificado. Sábese de
quen é?
- Sí,
sí. Niso non hai problema. Sabemos quen son os gandeiros. Son comuneiros. Aí – na illa da Canosa - soio
pode haber gando de comuneiros. Temos acceso á documentación: licenza de
explotación, libro do gando, e a R. C. Témolo todo. Se hoxe entra gando, mañá
témolo arranxado de novo. Pero cando entra un animal de dúas patas e dí, estes
teñen todo isto valado, mándanlle unha patada... e hala. A reparar todo outra
vez.
No referente os datos económicos, cal é
a situación da Comunidade de Montes de Salcidos?
- Neste
intre non temos ningún problema económico. Témolo se nos propomos faer moitas
cousas, pero no que temos agora mesmo
entre máns, témolo ben. No banco haberá arredor de 50.000,00 euros. Temos 5
persoas a traballar no monte - e houbo 6
-, que cobran tódolos meses legalmente. E ainda temos aí un desbaste por facer.
A situación económica está garantida. Agora ben, temos uns traballos pendentes
de facer no camping, que están aprobados pola Asemblea de Comuneiros, e que nos
van á uns 40.000 euros. Ainda así, coidamos chegar a final de ano, sen ningún
problema.
Cando xa transcorreron preto de tres
anos desde que tomou posesión como presidente da Xunta Rectora, pode facernos
un balanzo provisorio da xestión do equipo que preside?
- Pois
sí. A primeira cousa que se propuxo está Xunta Reitora é a reactivación do
monte. É decir, pór a producir os montes, como teñen que producir. E isto non é
cuestión de un ano, nin de dous, nin de tres, nin de catro. Isto, como outras
moitas cousas, é un proceso longo no tempo. Esa foi a primeira cuestión. A
segunda foi botar mán do camping, porque o anterior titular tiña unha débeda
con esta Comunidade de Montes de 137.000 euros. Que ninguén lle recramou. Ía
pagando o que boamente lle parecía, ou que boamente decía que podía pagar. Non
sei se por deixadez ou por que outras cousas, ninguén o apretaba, ninguén o
apuraba,... El estaba cómodo. E nós cando chegamos a Xunta Reitora, o primeiro
que fixemos foi ir falar con el. Lle dixemos que isto cambiou. A partir de
agora eiquí ten que haber un contrato, entre vostede e á Comunidade e eiquí
temos que chegar a un acordo do que se vai a pagar. El argumentaba “isto da
pouco”. Nós lle dixemos que queríamos saber canto pode pagar. Dese xeito, na
primeira asemblea que tivemos respecto a isto, nos dixeron que non se podía
facer contratos co Sr. Pino, que era ilegal,... Nós fomos alí e fixemos un
contrato con el. O último ano antes de chegar nós, coido que había pagado uns
3.000 euros. E o anterior o último, coido que tamén pagara unha suma
semellante. Nós o primeiro contrato que fixemos con él foi de 6.000 euros máis
IVE. Cando fomos a negociar con el, nos presenta unha folla escrita a mán, o
que había facturado o camping o ano anterior. Uns 54.000 euros de entradas e
unhas saídas de uns 60.000 euros. É decir con unha perda importante. Entón eu
lle dixen, vostede nos pode presentar o que queira,.. Isto é algo que eu podo
facer eiquí a mán e cadra o que eu queira. El nos dixo que iso era á realidade.
Fíxate tí, onde estaba á realidade, que el nos presenta esa facturación, pero
nembargantes non nos díxo que había 40 caravanas que pagaban uns 1.000 euros
anuais cada unha, que esas eran fixas, que xa eran cáseque 40.000 euros, soio
esas caravanas. Ben, nós chegamos a un
acordo con el. E nos dixo, que él ía morrer no camping, que dalí non saía. E eu
díxenlle: temos dúas opcións. Ou facemos un contrato e vostede se ciñe o
contrato ou vostede ten que abandoar o camping. E dentro da posibilidade de
abandonar o camping foi cando voltou a afirmar “eu teño que morrer neste
camping”. Lle propuxemos incluso que fose medio encarregado alí. Se quedaba
alí, na vivenda, pero o camping xestiónao a Comunidade. Esa era a miña idea. De
que o camping o xestionase a Comunidade. Pero me encontrei que antes, algúns
dos que agora están na Xunta Rectora, que propuñan que o xestionase a
Comunidade, cando chegamos alí, logo de el falecer, ..., se chegásemos a xestionalo
nós, o camping non estaría como está hoxe. As cousas hai que decilas así. Ese
home – o actual titular do camping – igoal ten investido uns 300.000 ou 400.000
euros, que a Comunidade non os ten. Iso está claro. El inviste para sacar un
beneficio. De xestionalo nós, podíamos reinvestir no camping os beneficios que
xerase. Ou mellor en tres ou catro anos, telo na mesma situación. Se decidiu
que se sacase a subasta pública e se sacou.
O
Sr. Pino tamén lle propuxemos xestinalo a medias. Nós - dúas persoas da Comunidade – entramos na
xestión do camping, e o final do ano se miran os beneficios que haxa e se
invisten no camping. Nós lle plantexamos a el, como con un simple aluguer de
bicicletas, e unha mala situación do camping vostede quer que este camping
funcione. Aquí vostede non ten mais nada que iso. El respostaba que non había
diñeiro. E posiblemente non o tivera. Porque si estivera económicamente
boiante, el non hubera feito o que fixo, e o camping non estaría na situación
que estaba.
Nós
fixemos o contrato e o primeiro ano, chegado o mes de agosto, avisounos para ir
a cobrar. A relación que mantivemos con el, foi moi boa. De feito, el chegoume
a decir: “Eu coido que a tí te coñezo”. E eu díxenlle: “Eu fun o que lle dixen
que xamais entraría neste camping, mentras o camping non fora da Comunidade. Hoxe
son o presidente da Comunidade e teño que vir eiquí a negociar con vostede”. El
díxome: “Ah, acórdome”. Daquela nós – Feliciano e mais eu - acampábamos
enfronte. Ainda que despois Feliciano fixo as paces con el e entrou pra dentro,...,
pero eu non. Eu lle dixen que aquela foi unha época e esta é outra. Estou
intentando que o camping sexa da Comunidade. Eu vou a ter á melor relación con
vostede, con tódolos respectos, pero as cousas teñen que ser como teñen que
ser. Non houbo ningún problema. É mais, cando lle pedíamos calquer cousa, como
gardar alí maquinaria, sempre nos decía: “O que vos faga falla. Aquí tedes todo”.
Nunca
houbo o máis mínimo problema. Aconteceu o que aconteceu. Nós estivemos alí un
mes namentras non o sacamos a subasta pública e agora hai un aluguer que son
uns 24.000 euros mais IVE, tódolos anos, con unha revisión do IPC a partir
deste ano. E iso coido que é un logro ben feito.
Despois,
eiquí – no entorno da Casa da Comunidade de Montes – todo eran pedras. Sacamos
as pedras, valamos todo isto, ...
No
campo de fútbol tres cuartos do mesmo. Todo eran pedras por alí. Sacamos todo,
valamos todo. Puxemos de novo á traída da auga que vai para os vestiarios, que
reventaba cada dúas por tres, ...
Nas
minas desta zoa, o ano pasado, non sei se te recordarás, que non se podía
coller auga eiquí, porque algunha analítica non deu ben,..., entón limpamos as
minas. Coido que nunca se limparan. Teño que agradecerlle o presidente da
Comunidade de Montes de A Guarda que nos deixou súa motobomba, porque había que
entrar con auga a presión para dentro,... Botamos 9 horas, tres persoas a
traballar,...Se gastaron cáseque 200 litros de lixivia, para sanear todo iso,
limpar as tubaxes todas con lixivia,..
O
monte que o estamos saneando. En Fonte Bieita puxemos unha valla na presa que
está a ras do chán e non había protección ningunha para un crío que podía cair
na presa,...
Coido
que se fixeron cousas suficientes como para estar contentos da nosa xestión no
tempo que levamos na Xunta Reitora.
Na zoa dos Barroucos, preto do Piruco da
Bandeira, por que se fixo unha tala?
- Aí
se había queimado o monte fai uns doce anos. Fixeron unha desvasta e quedaron
catro pinos a xogar o tute, e nunca máis se había feito ai nada. E como xa
estaban vindo piñeiros novos por abaixo, entón había que sacalos, porque senón
no intre de sacalos, dentro de uns 15-20 anos, ía a fastidialos todos. Por iso
se sacaron. Fixémola nós pero xa estaba adxudicada da anterior Xunta Reitora.
Qué foi a primeira que se fixo alí. Imos talando onde hai madeira vella, e
nalgúns casos con fungos, e dese xeito ir rexenerando con madeira nova. Unha
das actuacions que fixemos, enriba dos Barroucos, alí houbera un fogo fai uns
15-20 anos, e nunca máis se tocara. Alí había toxos e xiastas coma piñeiros. Alí
botaron cinco persoas, tres meses para facer 3 Has. de monte. Porque non se
daba entrado. Hoxe vas alí e da gusto mirar aquel monte. Está limpo. Os
piñeiros que eran raposos, xa teñen cinco e seis metros. É decir, o monte é moi
agradecido. E con pouco que fagas nel, enseguida se revaloriza todo.
Outra
das cousas que fixemos tamén, foi no Viveiro. Nós lle chamamos Viveiro de
Candeira, ainda que o topónimo do lugar
coido que é Quinta do Rei, que está por encima da Proba, que está pechada. É
unha quinta que ten unha hectárea e pico, eu conseguín falar coa dona, que está
en Valladolid, para intentar mercarllo,...
Linda co monte comunal?
- Sí,
está toda dentro do monte comunal. É un enclave. Se lle chama así. Ela quer
vendelo. Eu lle dixen que de momento non podíamos mercalo. Porque ainda que o
diñeiro que pide é pouco, todo hai que decilo. Ela pide 6.000,00 euros. Sai a
uns 0,60 euros/m2. Pero eu quería sacarllo por menos, porque eu entendo que
tódolos enclaves que hai no monte foron concesións, antigamente, que se lle
deron a determinadas familias. Non hai documentación diso. Pero eu estou
convencido que foi así. Entón se iso xa foi monte comunal e logo por concesión
administrativa do concello, etc.,...
Para iso poderían Vdes. recabar un
informe xurídico do Xurado Provincial de Montes ou do organismo que corresponda para que se pronuncie sobre ese enclave...
- En
algo, nese terreo, xa nos movemos. Cal é o problema que temos? Se hai
documentación de que foi unha cesión administrativa, temos todo o dereito a
recuperalo. Ten que haber esa documentación. E esa documentación non a temos.
Se non a teñan Vdes., probablemente
tampouco a ten esa persoa,...
- Probablemente.
Houbo resposta, por parte do presidente
do Padroado Municipal “Monte Santa Trega”, a petición da Xunta Rectora da
CC.MM. VV. M.C. de Salcidos, para á inclusión desta Comunidade no devandito organismo
público con persoalidade xurídica propia e patrimonio especial?
- Non.
A única resposta que houbo en un principio foi, que cando nós presentásemos
documentación de que tíñamos algo alí, entón se nos admitiría, antes non.
Ou sexa, resposta houbo,...
- Pero
non escrita, eh!
Verbal?
- Verbal.
Daquela non houbo resposta. Ou sexa,
silenzo administrativo, podemos decir.
- Máis
ou menos. Se nos dixo, porque ademais en unhas reunions que houbo do Padroado
[Municipal Monte Santa Trega] no Concello, eu estiven alí. E de feito, pedin
intervir, e me deixaron, e o concelleiro de Patrimonio, dixo que no intre en
que a Comunidade de Montes de Salcidos acreditara que tiña documentación de
titularidade de terreos no Monte Santa Trega, automáticamente estaría alí. Aquí
habería moito que falar, eh! Porque ese señor foi secretario desta Comunidade,
e esta Comunidade tivo a sorte ou a desgraza, de ter, o secretario,
concelleiro; o vice-presidente, concelleiro; o presidente, concelleiro; e
vogais, concelleiros. Todos. E non foron capaces, ... Por iso as veces eu lles
boto en cara, que se eu estou na Administración pública e son membro desta
Comunidade, ía mover Roma con Esparta, ata atopar documentación para pór a esta
Comunidade no sitio que tivo sempre. É decir, dona tamén de uns terreos no
Trega, ou de unha parte dos mesmos. E iso sería doado. Porque a ver, se está a
Irmandade do Clamor, se está a Entidade Local Menor de Camposancos,...porqué
non podemos estar nós?
E o aproveitamento consuetudinario, por
parte dos veciños da parroquia de Salcidos,...
- Iso
é o que non consta.
O aproveitamento consuetudinario se pode
acreditar coas testemuñas verbais dos veciños de Salcidos, e o concepto de augas
vertentes,...
- O
de augas vertentes non vale. Te explico porqué. Nós fixemos un alzamento
topográfico dos terrenos que nos coidamos que son da parroquia de Salcidos, ou
que debían de ser, e nese alzamento topográfico hai unha parte no Trega. E logo
fixemos unha busca de tódolos documentos históricos que hai da parroquia de
Salcidos, que nolo fixo o historiador Gregorio Rivas. Custou un pastón tamén. E
efectivamente aparece no primeiro deslinde do Catastro do Marqués da Ensenada
que chegaba alá. Ata aí, sí. Pero cal é o problema? Cando viu a segregación de
Camposancos, da parroquia de Salcidos, e Camposancos se constitúe como
parroquia, e hai documentos diso, os famosos homes bós parroquiais que se chamaban
daquela, de Salcidos, non tiveron ningún inconvinte en aceptar que Camposancos
se segregara e renunciar a parte do dominio que tiñan no Trega. E eses papeles
están escritos, e iso nos levou a nós a perder,...
Fala vostede de documentación
eclesiástica,... Ata que punto inflúe esa documentación no monte veciñal, cando
houbo un aproveitamento consuetudinario ó longo de séculos?
- É
mais, nesa documentación hai parágrafo que dí: a parte – non sei se da dereita
ou da esquerda - do altar da capela do Trega, corresponde á parroquia de
Salcidos. Pero nós con toda esa documentación reunida, levámola a avogada, María
Teresa Represas, e lle dixemos que para levar adiante esa recramación tíñamos
que ter como mínimo un cincuenta ou un sesenta por cento de posibilidades. É decir, ter ás mesmas posibilidades cos que están agora. Nós non vamos ir aí con
un vinte por cento de posibilidades. Estamos falando de pleitos moi longos e
moi custosos. E ela, eu coido que con todo o mellor criterio do mundo, con
moita honradez, nos dixo, que co lle aportamos non as tíñamos.
Entón
eu lle recalcaba o das augas vertentes e ela nos dixo: Non valen.
E
eu lle respostei: cómo que non valen? Cando temos unha situación paradóxica, na
vertente atlántica, onde incluso nun documento oficial do ano 1964, onde consta
que se vai facer un deslinde co monte do Rosal, do monte do Terroso,
pertencente a parroquia de Salcidos. Ollo, pertencente a parroquia de Salcidos!
E tódolos terreos que están na ladeira, pertencen a propietarios da parroquia
de Salcidos. Nembargantes están en máns [da Comunidade de Montes Veciñais en
Mán Común] da parroquia de A Guarda.
Estamos diante dunha contradicción?
- Non
é unha contradicción, e agora o explico. Fai unhas semanas falei con Isaac
González, presidente da Comunidade de Montes en Mán Común da parroquia de Santa
Mariña, do Rosal, e me preguntou se xa tíñamos decidido recramar iso. Eu lle
dixen que polo de agora, non. Isaac respostoume, que o temos perdido total, xa
que ten un mapa do século XVI, onde xa constan como pertencentes á parroquia de
A Guarda.
Cando
chegamos a Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Salcidos, o tesoreiro e
máis eu, fomos a estar co cura de Figueiró, D. José Luis Portela Trigo, porque
el, segundo coido, fora secretario do Bispo, para que nos facilitara
información dos límites eclesiásticos da parroquia de Salcidos. Sabes cál foi
súa resposta? “Ide a estar co cura de Camposancos”.
Entón
eu, deixei de pensar que é un cura, e díxenlle: “Xefe, eu eiquí non vin a
falara co cura de Camposancos, que non sun camposino. Eu sun de Salcidos, e son
o presidente da Comunidade de Montes, e quero saber ata onde chega a parroquia
de Salcidos. Non me importa nin a parroquia de Camposancos nin a de Figueiró.
Impórtame á de Salcidos! (...)”.
Pois
non houbo forma. Nos despediu de mala maneira.
E
logo fomos falar co cura de eiquí, e exactamente o mesmo. Que non sabía de
nada, e que fóramos estar co cura de Camposancos. Tí coidas que esas son cousas
de decirlle a alguen que vai por alí a preguntarlle os límites da parroquia!
Iso foi os que nos dixeron estes dous elementos.
E
José Luis, en concreto, por ser natural da parroquia de Salcidos xa lle vale,...
E
ademais, porque él admitiu que o párroco que foi de Camposancos [D. Antonio García
Lago], fixera personalmente un deslinde parroquial, e llo aproban alí, sen
contar para nada coa parroquia de Salcidos,... Porqué?
Son dous ámetos diferentes:
o eclesiástico e o non eclesiástico. A clerecía pode organizar súa
xurisdicción como considere oportuno, pero os veciños temos que optar por outra
vía. Iso pode ser unha referencia, sí, pero nada máis. Insistimos nos aproveitamentos consuetudinarios. Ainda que na
clasificación dos montes veciñais, polo Xurado Provincial de Montes de Pontevedra, con
respecto o termo municipal de A Guarda, non se haxa incruído o que lle pudera
corresponder a parroquia de Salcidos no monte Santa Trega, e tampouco nos consta que se haxa
recramado por parte de quen debera, esa é outra cuestión. Hoxendía poida que sexa
moi complexo movelo.
- A
estas alturas, cando pasaron uns 35 anos desde que o Xurado Provincial
clasificou os montes, iso xa é moi difícil movelo. Aparte diso, como antes
dixen, as augas vertentes, para o Xurado de Montes non contan.
Temos
estado no Xurado de Montes, e movido o ceo e a terra e non hai maneira. A
propia avogada nos dí que non contan as augas vertentes. Tamén eu tiña esa
idea. Cando algo ofrecía dúbidas se dirimía polo criterio das augas vertentes,
pero hoxe, parece ser que non.
E
buscando a documentación máis antiga que temos da parroquia de Salcidos, nos
catastros e no da Ensenada, e efectivamente no da Ensenada nos indica que os
montes de Salcidos chegaban o cumio do Trega e desde alí ata preto da
desaparecida capela de San Pedro [na Alameda], baixaba ata Os Casás e dalí a
Fedorento e logo ata As Loucenzas. E tamén chegaba ata Fontequente. Desde a
devandita capela, por un lado era de Salcidos e por outro da Guarda. E así o
definían as cruces existentes. Pero parece ser que hai documentación máis
antiga e desta parte dí que non. Diante diso, te metes nun pleito,.. Nós ainda
estamos por chegar a un acordo entre a Comunidade de Montes de A Guarda e a de
Salcidos, e ver de que nos desen unha participación. E bastante díficil, porque
suporía ter que compartir parte da “galiña dos ovos de ouro”, cando o teñen
todo na mán, sen ter que compartir cos demais.
Vista parcial de unha das zoas do monte comunal de Salcidos, onde se desenvolveron tarefas de limpeza por parte do persoal contratado pola Xunta Reitora
Que porcentaxe do programa que vostede
deu a coñecer no seu día, previamente a
súa elección, coida que levan desenvolto ó longo da súa presidencia?
- Eu
penso que levamos desenvolto cáseque todo. Quédamos unha porcentaxe moi pequena.
Ainda que neste tipo de eleccions non se leva un programa de cousas a facer,
pero sí algo que nós habíamos comentado, e se non o dábamos feito, para nós
sería que non lográbamos nada, sería o da pista de Salcidos. Se no tempo que
nos queda, logramos levar a bó termo o arranxo da pista, nós con iso temos máis
que cumplido o programa. Esa é a nosa obra cenit a facer namentres estemos
eiquí. De feito temos contactos co Concello e de momento están en boa
predisposición para botarnos unha mán. Os orzamentos que temos nós non lles
podemos facer fronte, porque son desorbitantes. É algo descomunal. Temos algúns
que pasan dos 200.000,00 euros e nós non podemos asumir ese importe. Estamos
vendo á posibilidade de entre nós, o Concello e a Deputación Provincial de
Pontevedra ou o GDR, sacamos unhas subvencións, ainda que logo nos imos a
atopar con Medio Ambiente, onde temos o problema máis grande. Ainda máis que os
cartos. Tivemos unha reunión en Santiago de Compostela, e a directora xeral nos
dixo que sí, que con un determinado producto ecolóxico, que se emprega nos
parques naturais, que se pode facer, pero chega Medio Ambiente, en Pontevedra,
e dixéronnos que non. E que non nos van a deixar facer iso. Nos lles dixemos: vostedes saberán moito, pero Santiago está por riba de vostedes. E nos
respostaron que eles informarían en contra. En non hai maneira. Que miren a
parte de alá, do río [a ribeira portuguesa] e que vexan a parte de eiquí. Aquí
baixas desde a igrexa de Salcidos deica o camping e semella que está nunha
canteira de cemento. Toda á vexetación que está a un lado e a outro, está
queimada no verán. Chea de pó. Volto a decir, semella unha canteira. Que vaian
a Portugal a ver se está así!
Decíanos
fai pouco un técnico de Medio Ambiente, que él prefería ver isto así e non da
outra maneira. E ten narices. Eu nese senso non podo decidir nada. Toca seguer
traballando. Petar nas portas da Administracion e a ver se somos capaces de
deixar iso arranxado. Sería, xa digo, a nosa obra cenit, deixar isto
solucionado.
No referente a súa labor como presidente
da Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Salcidos, cal ten sido deica agora
súa maior satisfacción persoal?
- Que
non se hubera producido un incendio nos últimos anos no monte. Para mín iso é o
máximo, porque de haberse producido un incendio nun monte tan pequeno, en día e
medio quéimase todo. E penso que para a parroquia de Salcidos se nos falta o
monte nos falta unha parte da parroquia pero moi importante. A miña gran satisfacción
persoal, foi, desde un principio, coidar o monte e de feito levamos “enterrado”
un montón de cartos no monte, a limpar, a limpar e a limpar. Porque eu penso
que os incendios se apagan e se sofocan no inverno. Non agora. Se tí tes o monte
limpo, poderán plantar fogo, pero chama non levanta. Porqué? Porque o único que
queda está triturado todo. Aí quedaría un morrón. E de arder un día, ao mellor quéimoute
media hectárea. E non cabe a posibilidade de que se te queime o monte. Por iso
a miña maior satisfacción e non que teña habido un incendio. Se cadra, o
publicar isto xa hai un incendio. Toquemos madeira.
Ten algunha espiña clavada que lle
gustaría quitar?
(O noso entrevistado agarda
uns intres antes de respostar).
- A nivel persoal ou da Xunta Reitora?
- A nivel persoal ou da Xunta Reitora?
Isto non é a nivel persoal, senón a nivel da Comunidade de Montes. É inseparable á condición humana da condición do cárrego,...
- Como
espiña cravada non teño ningunha. Ou sexa, se me vou, non me volto a presentar
como presidente. Iso téñoo craro. Como presidente! Non quero decir que non vaia
en ningunha candidatura. Se se monta unha candidatura e me gusta, vou, senón
non vou. E como presidente xa menos. Entón a espiña que me vai quedar cravada,
senón a dou feito, é a remodelación da Casa [da Comunidade de Montes Veciñais
en Mán Común de Salcidos], que me gustaría faer. É decir, ampliala para á parte
traseira, faer un garaxe grande, onde se poidan meter tódalas cousas; facer
unha biblioteca,..., para poder darlle outro servizo a isto. Me gustaría. E con
iso, cortar uns piñeiros aquí preto, e facer un parque de recreo. É unha das
cousas que me gustaría deixar feitas.
A
nivel persoal no teño nada contra ninguén. Ningunha espiña cravada de nada.
Pero a nivel de Comunidade sí me gustaría
deixar isto feito. Coido que non vai poder ser, pero imos intentalo de
tódolos xeitos.
Algo máis que engadir?
- Esta
Xunta Reitora vai facer todo o que esté
nas súas mans para sacar esta espiña, que a primeiara é a da pista, e a segunda
é a ampliación da Casa. E se nós non o damos conquerido de eiquí a novembro do
ano que ven, lle pediría a próxima Xunta Reitora que traballara do mesmo xeito.
Que traballara para todos. Que isto non sexa un búnker político, de un partido
político.
Un
político da zoa dixo que "(...) a Comunidade de Montes era unha asociación que non
podía quedar nas mans de calquera. Que tiña que estar nas mans de un partido
político. Porque isto era moi interesante para un partido político (...)".
Sí.
Como dixen nun principio, eu teño as miñas creenzas políticas e teño ido
nalgunhas candidaturas, pero eu isto desvencélloo do político e do persoal.
Porque eu teño a posibilidade persoal, de que eu fíxeno, fágoo e fareino.
Desvencellar o político do persoal.
Na
modificación dos estatutos, unha das cousas que nos parecen moi importantes,
foi e é, o tempo que pode estar unha persoa de presidente. Nós entendíamos, i
eu en particular, que non se pode estar outros 32 anos con unha persoa soia como presidente, porque por moitas cousas, se poden viciar certas cuestions e
iso non é bó para ninguén. Por iso modificamos esa parte.
Agora
a Xunta Reitora se compón de presidente, vice presidente, secretario,
tesoureiro, e vogais. Os vogais son
persoas que poden estar o tempo que sexa necesario. Pero esas catro persoas
(presidente, vice presidente, secretario e tesoureiro) o límite de mandato é de
oito anos. É decir, sair elexidos unha vez, repetir o termo do primeiro
mandato, e partir de aí non poden repetir.
Vde. considera que con catro anos é
tempo suficiente?
- Para
mín sí. En novembro de 2018 deixo miña labor como presidente.
Que
hai unha candidatura que me apetece...
A
cuestión é se os oito anos non aparece ninguén para a Xunta Reitora, se creará
unha Xestora durante seis meses. E se despois deses seis meses non hai quen se
presente se fará sorteo obrigado. É o que saia [elexido] ten que cumplir o seu
mandato. Son cousas de obrigado cumplimento.
O
que non pode ser é que unha persoa sexa elexida como presidente, e mañá
recunque, e logo volte a recuncar,... É o final, eres tí soio. E todo xira en
torno a esa persoa. Perde operatividade a xestión. Está todo tan desmembrado
que unha persoa xestiona todo. Como pasaba ultimamente eiquí, con Feliciano.
Era él soio. Non quero decir que os demais membros da Xunta Reitora que non
viñeran. Sí que viñan. Él decidía se se cortaban piñeiros, e se cortaban. Él
decidía que había que ir alí, e se iba alí. El decidía que había un expedente en
Pontevedra, do tema camping desde o ano 1986,... E desde aquela ese expedente
non se puido solucionar? Nós estamos nel. Porqué? Porque cando fixeron o
deslinde marítimo-terrestre, o deslinde de Costas pasa por detrás do camping e
por detrás do campo de fútbol. E toda esa parcela, como ninguén protestou nin a
pediu, é de Costas. É non é porque non se avisara. De feito, cando viñeron os
técnicos a facer o deslinde alí había xente. E hoxe temos que intentar, de
principio, facer unha solicitude dunha concesión de 90 anos. E despois – porque
este tema xa o tratamos en Costas – vamos a facer unha solicitude do
desdecimento de Costas. Que nos devolvan este terreo. Eles terán o que lles
corresponda a eles como organismo estatal, respecto o control do que hai que
facer aí, pero a titularidade dos terreos é da parroquia de Salcidos. E esas
cousas todas suceden cando unha xunta reitora funciona con unha soia persoa.
Sí, porque unha persoa soia, ainda que teña moita capacidade..., pero hai
cousas que se lle pasan, e outras que dí..., pois dame igoal. Entón non pode
ser, porque se unha xunta reitora funciona, se non é o presidente, é o
secretario, se non é o secretario é un vogal. Que temos que facer isto, que
temos que tirar,.. Todo tiran un pouco do carro. E por aí van os tiros disto.
O que nos está decindo, é que agora
mesmo, a titularidade desa superficie é de Costas?
- Agora
mesmo sí. Ademáis está no Rexistro da Propiedade porque fun a buscar a
correspondente documentación.
Pero
o que é triste e que Costas, que fixo ese deslinde no ano 1990 é a titularidade
deses terreos Xunqueira, illa [Canosa],
e Fonte Bieita, son de 1983, e están catalogadas polo Xurado de Montes como
terreos da parroquia de Salcidos.
Como
c... se deixou marchar ese terreo e non protestar ninguén sobor diso?
Iso pode ser inacción,...
- Craro!
Pois agora, fomos nós no mes de marzo a Costas,...
Sen que iso supoña crítica a ninguén.
- Ah.
Non, non! Eu enlazo iso co feito de que un presidente se perpetúa no cárrego,
ano tras ano, e decenio tras decenio, acaba sendo inoperante en moitas cousas,
porque él é o único que funciona, onde funciona,.. Se o resto da xunta reitora
non lle plantexa ás cuestions e intentan facer as cousas, non saien. É
simplemente iso.
Porque
en Costas, cando fomos a primeira vez alí, non sabían que nós tiñamos a
titularidade polo Xurado de Montes, que tamén fomos alí coa avogada. E nos
dixeron: “Esto no lo sabíamos nosotros (...)”.
Pois
señores, aí o teñen. Isto é un documento público. Non é un documento privado.
Polo tanto vostedes foron inscriber como terreos do Estado esta parcela, e esta
parcela xa estaba concedida á parroquia de Salcidos.
Para a Administración é doado.
- Craro!
E polo motivo que fora non se recramou, por inoperancia, ou porque non se
quixo,...Polo que fora. Non me preocupa. Pero sei que o problema está aí.
O problema non é pequeno,...
- É
un problema que vai levar anos solucionar. Teño que decir que o Director de
Costas de Pontevedra se prestou a botarnos unha mán. E de feito nola está
botando. Ata o punto que nos dixo que nos preparaba un formulario para
solicitar a cesión dos 90 anos e por outra parte, iniciamos o proceso de
reversión,...
90 anos é correcto?
- Parece
ser que é correcto. Como a Administración non paga expropiacions, entón o que
fán é facer unha concesión do terreo. A nós nos dixeron 90 anos, ainda que logo
tamén nos falaron de 75. O que non sei é se é un soio prazo, ou cabe algunha
prórroga. Na posibilidade de que non quepan posibles prórrogas o que vamos
facer é recramar a reversión deses terreos a parroquia de Salcidos. Sabemos que
os procesos son longos, pero son simples. Non é unha cousa que haiba que
presentar moita documentación,...
Todo está na carpeta ficha do Xurado
Provincial de Montes,...
- A
carpeta ficha que é o que xustifica que antes de facer o deslinde xa era noso,
e despois facer unha catalogación dos terreos que non sexa de dunas. Se é
terra, que non dunas, xa non hai problema ningún.
Aí
estamos. E esas cousas acontecen cando hai unha xunta reitora monolítica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario