18 de out. de 2017

LABORAL

PREVISIONS DA CIG DE VIGO PARA ESTE XOVES


CIG / Vigo

 Estas son as previsións da CIG de Vigo para este xoves día 19 de outubro: 

· 11:00 horas: concentración na porta de consultas externas do hospital Álvaro Cunqueiro pola negativa da Consellaría de Sanidade e da Xunta a negociar un calendario para recuperar os acordos retributivos e a carreira profesional do persoal do Sergas. Ás 13:00 horas terá lugar outra mobilización polos mesmos motivos na entrada principal do Meixoeiro. 

MÁIS INFO: Convocada folga no Sergas para os días 2 e 3 de novembro en demanda da recuperación dos acordos. 

 A CIG-Saúde, UGT, CCOO, CSIF, SAE e SATSE desenvolverán concentracións os días 19 e 25 de outubro, 

· 20:00 horas: nova concentración diante do Marco de Vigo para reclamar o indulto a Carlos e Serafín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario