ATLETISMO
CARREIRAS PEDESTRES POPULARES VIRXE DA GUÍA
Terán lugar o domingo día 27 de agosto, ás 19:00 h., desde á Praza da Guía
Na imaxe algúns dos atletas participantes nunha edición precedente das Carreiras Pedestres Populares Virxe da Guía
Foto: Infogauda
Infogauda / Ribadavila (A Guarda)
A Comisión de Festas na honra da Virxe da Guía, de Ribadavila (A Guarda) quere recordarlle a tódolos/as afeccionados/as o atletismo,
que o vindeiro domingo día 27 de agosto, se volverá a celebrar a súa
tradicional Carreira Pedrestre Popular que dende os anos 30 do pasado século vai parexa cas
festas de Ribadavila en homenaxe a Virxe da Guía.
As carreiras darán comenzó as 19:00 h.,
podendo facerse as inscripcións dende as 17:00 h. ata o momento de dar a saída,
en tódalas categorías de mulleres e homes.
Relembrando
que a saída e chegada será dende a Praza da Guía, habendo premios para os/as
tres primeiros/as clasificados/as en cada categoría.
Dada
a asistencia de todos estes anos, pedimos que os/as participantes, acudan a
facela súa inscripción o máis cedo posible, para non interferir no horario
sinalado para as horas de saída e se poidan cumplir as previsións do Comité
Organizador.

Ningún comentario:
Publicar un comentario