23 de ago. de 2017

A GUARDA

O PRÓXIMO LUNS PROSEGUEN AS ANDAINAS COA ROMARÍA DE SÂO JOÂO D´ARGA, EN CAMINHA

Participantes nunha edición precedente da Romaría de São João d'Arga
Fotos: C.A.G.

 Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda informa que o próximo luns 28 de agosto retomaranse as populares andainas organizadas polo Concello da Guarda en colaboración coa Cámara Municipal de Caminha, cunha actividade especial: a Romaría de São João d'Arga. 

 Organizada pola Uniâo de Paroquias de Caminha e Vilarelho, co apoio do Concello de Caminha, a romaría consistirá nun percorrido de 20 qm., cunha dificultade media-alta, dende Caminha ata Arga de São João, situada na Serra d'Arga. Este é o percorrido que os peregrinos adoitaban facer na véspera da festa. 

 Os participantes inscritos sairán da explanada da Sangriña ás 12:30 h. en autocar ata Caminha, para xuntarse cos demais participantes portugueses na praza do Torreiro ás 13:30 h. No camiño pasaremos polas parroquias de Vilarelho, Venade, Azevedo e Dem. Haberá pausas durante a ruta, para descansar e agrupar aos participantes. En Dem, a organización ten programado un descanso máis longo para un breve avituallamento e, ao remate da camiñada, os participantes poderán compartir o xantar que leven como marca a tradición. 


 A chegada ao mosteiro de Arga de São João está programada para as 19:00 h. O autobús de regreso á Guarda agardará aos participantes en Santo Aginha (Arga de São João), a uns 2 qm. do mosteiro, sobre as 21:30 h., polo que a chegada á localidade da Guarda está prevista a partir das 22:00h-, despois de gozar da tradicional romaría de Sâo Joâo d’Arga. 

 Aquelas persoas interesadas en asistir a esta emblemática festa de Caminha poden contactar coa Oficina de Turismo da Guarda no teléfono 986 614 546, ou ben a través do correo electrónico: turismo@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario