24 de ago. de 2017

GOIÁN (TOMIÑO)

PARTICIPACIÓN RÉCORD NA 5ª EDICIÓN DO CERTAME DE PINTURA ANTONIO FERNÁNDEZ 

ESTE XOVES INAUGÚRASE UNHA EXPOSICIÓN NO MERCADO DE TOMIÑO COAS OBRAS DAS PERSOAS PARTICIPANTES 

Os tres artistas premiados, membros do xurado e a concelleira de Cultura de Tomiño
Foto: C.T.

 Infogauda / Goián

 O pasado domingo 20 de agosto, un dos días de máis calor deste verán, tivo lugar a quinta edición do Certame de Pintura Antonio Fernández.  A pesar das altas temperaturas, a participación foi elevada: 43 artistas da pintura situáronse en diversos enclaves da contorna de Goián, tanto no centro urbano como en lugares emblemáticos como o entorno da ermida de San Roque, e tamén preto da ribeira do Río Miño.  

 O día trascurriu e os artistas aproveitaron o tempo ao máximo para ter rematadas ás súas obras segundo o previsto nas bases, ás 19:00 h., momento onde tiñan que depositar as súas obras no lugar habilitado no Espazo Fortaleza.  

 O xurado, composto por Nuno Correia da Silva, vice-presidente da Fundaçâo Bienal de Artes de Cerveira; Helena Mendes Pereira, membro da Fundaçâo Bienal de Artes de Cerveira, Liliya Pobornikova, escultora; Magín Xulio Picallo Durán, escultor; Cesar Sobral, da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Goián; e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, elexiron de entre todas as persoas participantes e emitiron o correspondente fallo, sendo os premiados os seguintes artistas:

– 1º premio: Eduardo Pérez Baamonde  
– 2º premio: Manuel Carballeira Rivas  
– 3º premio: Martina Bugallo González  

 Dende o Concello de Tomiño valórase moi positivamente a alta participación desta edición do Certame, que se interpreta como a consolidación dunha cita anual importante no ámbito da cultura en Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario