8 de ago. de 2017

ECONOMÍA

A XUNTA DE GALICIA IMPULSA CON 56.000 EUROS MELLORAS NAS INFRAESTRUTURAS DO PARQUE EMPRESARIAL DE AREAS EN TUI  

· A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoia así aos concellos no desenvolvemento de medidas que permiten atraer investimentos 

· A iniciativa deste concello céntrase na mellora da eficiencia enerxética do alumeado público 

· Tamén destinará a este fin case 14.000 euros ao polígono de Arbo 

· Os apoios enmárcase no Plan de captación de investimentos, dentro do cal se está a tramitar a futura Lei de implantación empresarial  

Infogauda / Tui

 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou hoxe que a Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou unha axuda de 56.084 euros para o parque empresarial de Areas en Tui co obxectivo de mellorar o servizo que se presta ás compañías xa instaladas, contribuíndo ademais ao impulso da súa competitividade e á atracción de novos investimentos con capacidade para xerar riqueza e emprego cara aos municipios.  

 Con esta convocatoria, que prevé axudas do 80% do custo subvencionable e que se incrementan ata un 95% no caso de agrupacións ou fusións de concellos, “desenvolveranse no parque empresarial de Tui co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética do alumeado público”, explicou Cores Tourís. Con este fin, o concello do Tabeirós-Terra de Montes recibirá unha subvención de 56.084 euros.   

 O concello de Arbo tamén recibirá con este mesmo obxectivo, unha subvención de 14.000 euros.  

 En total, as axudas permitirán a executar de 20 proxectos en un total de 15 concellos de la provincia de Pontevedra, cunha aportación autonómica de 667.000 euros, nos que ademais de obras de eficiencia enerxética e melloras de viais, tamén se executarán iniciativas de depuración de augas, xestión de residuos e instalacións de sistemas de seguridade e vixilancia.   

 As axudas que veñen de concederse enmárcanse no Plan de captación de investimentos, dentro do cal se está a tramitar a futura Lei de implantación empresarial. Esta norma busca facilitar o desenvolvemento empresarial de Galicia e a creación de emprego de calidade, impulsando a simplificación administrativa, o acceso ao solo industrial, e a redución da fiscalidade empresarial, ao tempo que se busca dar resposta ás necesidades de diferentes sectores produtivos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario