08/08/2017

SALCIDOS (A GUARDA)

FOTOGRAFÍA

SALCIDOS VOLVE A RECUPERAR O SEU PASADO 

A comisión de Festas de San Roque volve a ofrecer a súa xa tradicional exposición “SALCIDOS EN BLANCO Y NEGRO”

O lugar da exposición, coma todos los anos, será o Salón Parroquial de Salcidos





Antonio Fontenla Martínez / Salcidos

 Un ano mais, coincidindo coas celebracións grandes da parroquia de Salcidos na honra de San Lourenzo e San Roque, na Guarda, a comisión de Festas de San Roque volve a ofrecer a súa xa tradicional exposición “SALCIDOS EN BLANCO Y NEGRO”. Unha interesante exposición fotográfica que fai un recorrido amplo e detallado das xentes de Salcidos da primeira metade do século pasado. 

 A mostra conta con máis de 500 fotografías, todas eles en gran formato para favorecer o seu desfrute, que recollen xentes, esceas populares, paisaxes e a historia dunha parroquia. As fotografías contan con pés de páxina que explican a data, o lugar e moitas das xentes que aparecen, unha labor desenvolvida o longo de moitos meses polo grupo do Facebook “Salcidos en Blanco y Negro” onde os seus participantes levan un frenético ritmo de recoñecemento, pero tamén desfrute, dalgunhas das fotos coas que contará a Exposición, labor que dende a comisión tamén queren agradecer. 

Vista parcial da sala de exposicións no Salón Parroquial de Salcidos, na mostra de 2016
Foto: Laxe Grande

 Ademais das típicas sección representativas dos barrios tamén contarán cun especial sobre fotos de retrato dos veciños de Salcidos, que recolle as fermosas instantáneas de estudios que fotógrafos guardeses de talla coma Mariano Jiménez Hueto, Joaquín García Portela "Costiña", José Gardeazábal Rivas "Rivas", José Luis Rodríguez Díaz "Valencia" e moitos outros, sacaban os nosos veciños. 

 Coma novidade este ano, na exposición tamén se poderán observar as fermosas construcións el polixpan feitas polo nosos veciño Ramón González e que recollen a escala, emblemáticos edificios da nosa contorna. 

 O lugar da exposición, coma todos los anos, será o Salón Parroquial de Salcidos e a apertura de portas será este xoves as 11 da mañá, coincidindo coa festividade do patrón da nosa parroquia, San Lorenzo, volvendo a abrir a partir das 7 en horario de tarde. O xoves e venres 18 e 19 abrirá soamente de tarde mentres que o sábado e domingo o horario será de mañá e de tarde.  

 Dende a comisión agradecen a participación de todo o pobo neste fermoso evento e invitan o resto dos veciños a sumarse e compartir nesta fermosa tarefa que é recordar o noso pasado

Ningún comentario: