21 de ago. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A XUNTA REITORA DA COMUNIDADE DE MONTES EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS PREPARA UNHA BATERÍA DE ACTIVIDADES 


Vista do núcleo central de Camposancos desde o Monte Santa Trega 
Foto: Infogauda

Infogauda / Camposancos

 Camposancos estáse preparando para unha serie de actividades que se irán desenvolvendo nas vindeiras semanas e que estarán promovidas pola Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común desa parroquia pertencente o Concello de A Guarda. Proba diso é o contido da acta da recente sesión ordinaria da Xunta reitora que polo seu interese informativo, reproducimos na súa totalidade. 


 Acta da sesión Ordinaria da Xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, que se reúne na Sala de Xuntas, con todos os compoñentes menos Juan Carlos, o día 17 de agosto de 2017, ás 11:00 horas para tratalo seguinte orde do día: 

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. 
2. Presentación de varios presupuestos. 
3. Solicitude de rescisión de contrato de posto no monte.
4. Información das próximas actividades culturais propostas. 

5. Varios: 
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Aprobada. 

2. Presentación de presupostos. 
 José Fernando informa de varios presupostos para elexir os mais económicos: 
- Presupostos para a compra dun tablón de anuncios. 
- Presupostos para colocar postes informativos de distintas rutas do Monte. 

3. Solicitude de recisión de contrato dun posto no monte. José Fernando fai lectura da carta de recisión de contrato dun posto de venta no Monte, a 20 de xuño de 2017. 

4. Actividades culturais propostas para os próximos meses. 
- Setembro:
Homenaxe ao P. Baltasar Merino.

Gloria Portela informa: 
- Presentadores do acto. 
- Proposta de lista de invitados. 
- Presuposto da megafonía. 
- Difundilo polos medios. (Encárgase J. Fernando) 
- Pedir ao Coro Brueiro para que veña a cantar. 

 José Fernando da lectura da carta que nos enviou o presidente da RAGC, contestando afirmativamente a nosa invitación para asistir ao acto. 

 Lucía Martínez encargaráse de realizar as invitacions e os carteis. 

 Fernando e Gloria de pedir distintos presupostos para uns pinchos e de pedir a tarima ao Concello. 

 Esther Rodríguez propón que teñamos en conta outras alternativas en caso de chuvia. 

 Estudiamos a proposta de varios diseños que fixo xenerosamente o arquitecto Mauro Lomba. 

2 - Outubro: festival de cine e comenzo do novo ciclo de “Música e palabras”. 

 Lucía Martínez informa das actividades previstas para o mes de outubro.A primeira semana comenzaremos de novo con “Música e palabras” e a finales do mes de outubro faremos o festival de cine de Camposancos. 

3 - Novembro: Memorial de Camposancos. 
Gloria propón facer un memorial de Camposancos co material fotográfico que nos prestaron moitos dos veciños e comuneiros.

5.Varios: 
- José Fernando informouse en AGADER en Tomiño, para xestionar axudas de posibles proxectos, como a creación dun Centro de Interpretación castrexa na antigua casa forestal, a renovación do Hotel Pazo e un posible Centro de investigación. 

Solicitar título de árbore senlleira” para o eucalipto de Chans e o castiñeiro que está situado no patio da igrexa de Camposancos. 

- Organización dunha andaina polos sendeiros do Monte,para mediados de setembro. 

- Esther e Lucía propoñen negociar con Avelaíña para que se encarguen do mantenimento e coidado da horta de Chans. Comentando tamén o anteproxecto que Moncha nos presentou que vai mais alá dun simple cuidado da horta. Avelaíña propón facer un pequeno centro de interpretación da cultura castrexa con obradoiros de barro, teares, moido de cereais,... 

 Sen máis asuntos que tratar levántase a sesión, ás 13:30 horas do 17 de agosto de 2017, da cal, eu como secretaria, dou fe. 

 Asdo.: Mª Lucía Martínez Diz

Ningún comentario:

Publicar un comentario