FOTOGRAFÍA
“IMAXES E PAISAXES DO ROSAL”: PARA RECREARNOS NA BELEZA DO DOMINUTO
Infogauda / O Rosal
A exposición fotográfica “Imaxes e paisaxes do Rosal”, é unha visión moi persoal dos lugares más fermosos do noso concello.
As fotografías de Eva García e José Carlos Castro, transportaránnos ao mundo interior da paisaxe rosaleira, e farán que nos recreemos na beleza do diminuto.
A fotografía é, neste caso, un xeito máis de que valoremos os nosos recursos naturais e respectemos o medio ambiente, o mellor tesouro que temos.
A fotografía é, neste caso, un xeito máis de que valoremos os nosos recursos naturais e respectemos o medio ambiente, o mellor tesouro que temos.
Na inauguración (venres día 14 de xullo, ás 21:30 h., aproximadamente), contaremos coa presencia da xove cantautora guardesa Marta Vicente, quen interpretará alguns temas musicais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario