18 de xul. de 2017

LABORAL

PROTESTAS DOS TRABALLADORES DE VALORIZA, CONCESIONARIA DO MANTEMENTO DE PARQUES E XARDÍNS NO CONCELLO DE VIGO


Infogauda / Vigo

 A asemblea de traballadores/as de Valoriza, concesionaria do mantemento de parques e xardíns do Concello de Vigo, decidiu hoxe iniciar este mércores día 19 de xullo, mobilizacións diarias para que a empresa lle traslade ao comité información económica, de contratos, de absentismo, etc., tal e como establece o artigo 64 do Estatuto dos Traballadores/as e para rexeitar a cesión ilegal de traballadores/as que a compañía está a levar a cabo ao obrigar ao condutor do camión a desprazarse até Poio, onde ten outra concesión. 

 As protestas terán lugar diante das oficinas da empresa (Ramón Núñez, 4) de 11:00 a 12:00 horas e diante do Concello de 12:30 a 13:30 horas e nelas participarán un primeiro momento unicamente os delegados/as do comité de empresa.

 INFO RELACIONADA

Ningún comentario:

Publicar un comentario