30 de xul. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Á ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS CELEBRA SESIÓN ORDINARIA

Este luns día 31 de xullo, ás 20:00 h., na Casa da E.L.M. de Camposancos

Vista parcial da parroquia de Camposancos, desde o Monte Santa Trega
Foto: Infogauda

Infogauda / Camposancos

 Por orde do presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez Martínez, o secretario Fernando Coello Vicente convocou sesión plenaria ordinaria para este luns día 31 de xullo de 2017, ás 20:00 h., na Casa da Entidade Local Menor (Praza de Sa Amaro, nº 1 - Camposancos).

 Os puntos da Orde do Día, son os seguintes:

1. Lectura e aprobación da acta do pleno ordinario do día 17.04.2017.
2. Dar conta dos decretos dende o pleno anterior ata o 24 de xullo de 2017.
3. Proposta da Alcaldía para aprobar o expedente de creto ordinario 1/2017.
4. Información aos vogais da rendición ó Ministerio de Hacienda da execución trimestral do primeiro e segundo trimestre do orzamento 2017.
5. Proposta de Alcaldía da doazón de ben inmoble a favor da E.L.M. de Camposancos efectuada por D. José Manuel Domínguez Freitas.
6. Información sobre a solicitude da cesión das instalación do antigo campo de fútbol do Codesal.
7. Información de Presidencia.
8. Rogos e preguntas.

As vogais convocadas son: María Luz Alonso Carrero e Elena Cadilla Domínguez (PSOE); María Jesús Martínez Martínez (PP) e María Mercedes Martínez Vázquez (BNG).

Ningún comentario:

Publicar un comentario