20 de abr. de 2024

MONDARIZ BALNEARIO

MONDARIZ BALNEARIO SÚMASE A CELEBRACIÓN DO 50 ANIVERSARIO DO 25 DE ABRIL

 O vindeiro sábado 27 de abril, na Casa da Cultura do Concello conmemorarase ese fito histórico




Infogauda / Mondariz Balneario

 Mondariz Balneario a través do seu Concello súmase a celebración do 50 aniversario do 25 de abril, fito histórico no país veciño. 

 O 25 de abril de 1974 Portugal dicía adeus a 48 anos de ditadura instaurando a democracia e devolvéndolle a liberdade ao pobo, nun acontecemento que deu a chamarse a Revolução dos Cravos.

 “O vindeiro sábado 27 de abril, na Casa da Cultura do Concello conmemoraremos este fito histórico da man do profesor doutor da Universidade do Minho, Carlos Pazos-Justo, que falará a partires das 19h, sobre os vínculos entre Mondariz Balneario e Portugal, e coincidindo coa celebración do Día do Libro (23 de abril), presentará o seu libro “50 anos de Abril na Galiza”. A seguir, actuará o cantor baixomiñoto Tino Baz que interpretara en acústico cancións que tiveran grande relevancia nesa data histórica”, indican desde o Concello de Mondariz Balneario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario