13 de xul. de 2017

A GUARDA

O concello fai entrega dos premios ós gañadores da recente edición da ruta gastronómica "Tapearte"  

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez cos titulares dos restaurantes premiados e algúns dos comensais que acudiron a recoller seus agasallos
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, fixeron entrega dos recoñecementos á mellor tapa e ó aperitivo máis degustado, nun acto celebrado no salón de plenos do Concello esta mañá. 

Isabel Urgal recolleu o diploma no que se recoñece a singularidade da súa participación nesta ruta gastronómica

 A propietaria do restaurante Xantar, Isabel Urgal, recolleu o diploma no que se recoñece a singularidade da súa participación nesta ruta gastronómica como o establecemento hosteleiro que serviu o maior número de tapas durante as fins de semana do 19 de maio ata o 18 de xuño. 

Manuel Alonso, dono do restaurante La Pizzicata, recolleu o diploma como gañador do Concurso á Mellor Tapa


 Pola súa parte, Manuel Alonso, dono do restaurante La Pizzicata, recolleu o diploma que da conta da súa condición de gañador do Concurso á Mellor Tapa nesta última edición, por ser o aperitivo mellor valorado entre os participantes da ruta. 

O alcalde e a concelleira de Turismo facendo entrega dos agasallos a Mercedes Iglesias e outros participantes de Tapearte 2017 

 Amais dos recoñementos ós establecementos hosteleiros, o concello agasallou a aqueles que participaron na ruta en condición de comensais. Así, as 32 persoas que conseguiron un mínimo de 15 selos no seu pasaporte Tapearte 2017- isto é, que probaron cando menos esa cantidade de tapas en distintos establecementos- recibiron un estoxo formado por un reloxo e un bolígrafo do deseñador Antonio Miró. 

 Igualmente, fíxose entrega de 18 agasallos, compostos por unha mochila ou un mini altavoz, ás personas gañadoras do sorteo que se realizou o pasado xoves 6 de xullo, entre os participantes cuxo pasaporte contaba cun mínimo de 7 selos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario