14 de xul. de 2017

A GUARDA

A Xunta de Galicia denega unha subvención para a mellora das instalacións do pavillón da Sangriña  

Vista parcial do interior do pavillón municipal da Sangriña
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda, ven de facer pública á seguinte nota de prensa: 

 O Concello da Guarda redactou un proxecto de renovación da instalación eléctrica de baixa tensión do pavillón da Sangriña, despois de acordar co Clube de Balonmán Mecalia Atlético Guardés que esta era unha das actuacións urxentes necesarias no pavillón deportivo.   

 Para financiar esta actuación, cuxo custo ascende a un total de 46.759,07€, o concello solicitou á Xunta de Galicia unha axuda de 30,915,09€, a través dunha subvención de mellora de infraestruturas que foi denegada. Os 15.843,98€ restantes necesarios para a reforma das instalacións están comprometidos coa Deputación de Pontevedra, con cargo ó Plan Concellos 2017.   

 O alcalde da Guarda xa trasladou á Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, nunha xuntanza mantida o pasado 29 de marzo, a necesidade de acometer esta e outras actuacións de forma urxente, xa que resultan imprescindibles para garantir a seguridade dos usuarios e espectadores.   

 Á marxe desta e outras actuacións de urxencia, o concello asinará en breve un convenio coa Deputación de Pontevedra para a redacción dun proxecto de ampliación e mellora do pavillón, cuxo custo xa está a ser valorado polos técnicos.   

 Para concretar o alcance desta ampliación e a reforma, o concello e os técnicos están atendendo as suxestións plantexadas pola directiva do Atlético Guardés”

Ningún comentario:

Publicar un comentario