28 de maio de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

CULTURA

O ESCRITOR E POETA FRANCISCO ÁLVAREZ - KOKI PRESENTOU SEU POEMARIO "ERÓTICA...(DOS). ANTOLOGÍA DE AMOR (1980-2017"

O autor estivo acompañado polo profesor Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez

O poeta Francisco Álvarez Álvarez "Koki" - a esquerda da imaxe - e o profesor Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez
Fotos: Ricardo Rodríguez Vicente

Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos

 Hai veces, nos que semella que se vai acabar o mundo, porque todo se concentra en determinadas datas, cando en realidade, se se quer, hai tempo para todo. Para o deporte - onte, por exemplo, vivimos o logro do Mecalia Atlético Guardés, que acadou o Campionato de España de Balonmán Feminino (DHF) - e para a cultura, e máis concretamente para a poesía. E onte tamén, pudemos asistir na Casa Cultural da Comunidade Veciñal de Montes en Mán Común de Camposancos, á presentación do poemario "Erótica...(dos). Antología de amor (1980 - 2017)", da autoría de Francisco Álvarez Álvarez (Koki).

 Horarios diferentes, razóns diferentes, fixeron posible, que todos pudésemos disfroitar coa xesta deportiva do Mecalia Atlético Guardés e coa brillante oratoria do profesor Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, e por suposto cos poemas da autoría de Álvarez - Koki, recitados por él mesmo.

Lucía Diz Martínez, na apertura do evento cultural de onte, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos

 Logo dunha breve apertura do acto, por parte de Lucía Diz Martínez, en representación da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos; Xosé Manuel Malheiro fixo unha intervención que poderíamos cualificar de óptima. Mesmo diríamos que axustada os criterios básicos do xornalismo. Foi claro, conciso e concreto. Ten moito mérito lograr condensar unha densa biografía, como a do noso escritor, poeta e xornalista Francisco Álvarez - Koki, en poucos minutos, e ao mesmo tempo, decir o importante, sobor da andaina vital como ser humán e como poeta de Koki. 

 Comezou relembrando os libros que Álvarez - Koki ten publicado, tanto en galego como en castelán, o que acredita, non soio súa capacidade poética, senón súa continuada labor creativa.

 Como experto que é, en materia de emigración, o profesor Malheiro salientou que nos emigrantes hai un compoñente determinante: o valor.  

 O valor, ou a valentía de deixar a Nosa Terra para ir a América, e alí tentar acadar os obxectivos que motivaron esa aventura. Pero sempre, como no caso de Koki, co pensamento en Galicia, para retornar o noso país, na primeira oportunidade.

 Xosé Manuel Malheiro salientou tamén a condición autodidacta de Francisco Álvarez - Koki, o que pode inducir a que algúns vexan os autores autodidactas por riba do ombreiro, cando non hai motivos para elo.

 Como oportunamente relembrou o profesor Malheiro, tamén foron autodidactas Miguel Hernández e José Saramago.

 O investigador tamén deu unhas pinceladas dos comezos laborais de Francisco Álvarez - Koki, en New York, onde inicialmente traballou na hostalaría, e onde foi procurando seus contactos con persoas como Dinio Pacio Lindín (A Pastoriza, 1934), entre outras, que tiveron que sair de España, exiliándose en New York, debido a falla de liberdades que aínda persistía en España, nos anos 70 do pasado século.

 Velaí dúas razóns diferentes para á emigración. Por unha banda, a falla de liberdades democráticas, no caso de Dino Pacio, e por outra, a motivación da procura dunha mellora económica, no caso de Francisco Álvarez - Koki.

 En New York, Álvarez - Koki, ademáis da súa labor como traballador, mantivo unha intensa actividade cultural, a traverso co Colectivo Celso Emilio Ferreiro, por él impulsado, promovendo publicacions colectivas de autores hispanos, e mesmo creando unha editorial, ademais de participar en recitais poéticos e colabourar en xornais galegos.

 Malheiro Gutiérrez salientou tamén que na labor literaria de Alvarez - Koki, hai moito de Loli, esposa do poeta, como tamén, nos logros académicos de Loli, hai moito de apoio de Koki, que o longo de uns cantos anos, namentras ela ía a universidade, Álvarez - Koki quedaba o coidado de Breogán, o fillo deles.

 Logo da gratísima intervención de Xosé Manuel Malheiro, interviu o poeta, para expór algúns pormenores da súa traxectoria literaria, sen perder de vista súa orixe, e sobor de todo, sen esquecer quen é, e a onde quer ir. 

 Álvarez - Koki tivo unhas verbas de gratitude para o profesor Dino Pacio Lindín, unha persoa, que segundo afirmou Koki, podía estar inmensamente rico, pero que optou por axudar os demáis, e iso faino grande como persoa e como intelectual.

Álvarez - Koki asinando exemplares dos seus poemarios

 O poeta guardés comentou que seu novo libro está configurado por catro épocas cronolóxicas, que se corresponden con catro libros, tres dos cales - "Poemas del verbo amar" (1981),"Para el amor pido la palabra" (1987), e "Entre tu cuerpo y mi cuerpo" (1996) - que xa publicara anteriormente, e mesmo reeditara, e un novo poemario - "Geografía de tu cuerpo" (2017), inédito ata o de agora, que incluiu en "Erótica...(dos). Antología de amor (1980 - 2017)".

 Álvarez - Koki, dixo que en contra do que pudera pensarse, escreber poemas de amor non é unha actividade doada. 

 Logo dunha breve intervención, Álvarez - Koki fixo unha escolma dos catro poemarios, recitando algúns poemas de cada un deles.

  Deseguido, Malheiro convidou os asistentes a formular algunhas preguntas a Francisco Álvarez - Koki, e así foi como respondendo o que lle preguntaron algúns dos asistentes, o poeta foinos descobrendo con total transparenza algúns pormenores da súa vida, tanto no eido deportivo como na emigración, traballando en xornada partida, desprazándose de un lugar a outro para desenvolver súas tarefas laborais, e cultivando a poesía, mesmo a partires das informacions que cada día se publican nos xornais, que son, segundo afirmou, os que lle inspiran súa temática social. E puxo exemplos diso, reafirmando súa sensibilidade polos seres que sofren. 

José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Camposancos, agradecendo a Xosé Manuel Malheiro e a Francisco Álvarez - Koki súas respectivas intervencions 

 O acto poético rematou con unhas verbas de José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Camposancos, e coa sinatura de varios exemplares de obras da súa autoría ás persoas que llo solicitaron, e que Álvarez - Koki atendeu co seu habitual agarimo deica os lectores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario