28 de maio de 2017

TRIBUNA ABERTA

O BNG quere felicitar ao Balomán Atlético Guardés pola consecución do título de liga na tempada 2016-2017   

BNG / A Guarda

 É para nós todo un orgullo ver como un club da nosa localidade chega ao máis alto, sendo un referente no balonmán paseando o nome da Guarda polo mundo adiante. Como guardeses e guardesas non podemos máis que agradecer a este conxunto de rapazas, ao equipo técnico e á súa directiva a satisfacción que nos está a dar.   

 Dende o BNG queremos amosar a importancia do deporte na nosa sociedade, sobretodo, o deporte base como elemento vertebrador e educador social.   

 Para o BNG toma maior importancia o conseguido, dado que o deporte feminino sempre está a sombra do deporte masculino, na Guarda podemos sentirnos orgullosos de ver como hoxe son a vangarda xunto a outras disciplinas deportivas que tamén trouxeron éxitos para a nosa localidade.   

 Tampouco queremos esquecernos da incansábel afección que converteu ao noso pavillón nun "Inferno" para todos os equipos que veñen xogar.  

 Parabéns e que sexa o primeiro dunha xeira de títulos que ben merecen.  

 GRAZAS CAMPIONAS!!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario