16 de maio de 2017

A GUARDA

RECUPERAR PARA O MUSEO ARQUEOLÓXICO DO MONTE SANTA TREGA, O CUNCO DE PASTA "MILLEFIORI", UNHA TAREFA DE TODOS

Sería un magnífico xeito de conmemorar o Día Internacional dos Museos

Imaxe do cunco de pasta "millefiori" atopado no xacemento arqueolóxico do Monte Santa Trega (A Guarda), que está no Museo de Pontevedra
Foto: Museo de Pontevedra

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Cando estamos a piques de conmemorar o Día Internacional dos Museos, evento coordinado polo Consello Internacional de Museos (ICOM), organización non gubernamental fundada en 1946, con sede central en Francia, coidamos que poderíamos aproveitar esa oportunidade, para que desde o ámeto do noso municipio, mediante os lexítimos representantes dos cidadans, é decir, de toda á Corporación Municipal do Concello de A Guarda, poñamos enriba da mesa á proposta de acordar solicitar a devolución do cunco de pasta "millefiori" para A Guarda, e que poida ser exposta no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT). Suxerimos que á iniciativa sexa unha proposta conxunta e integradora, sen ningún tipo de protagonismo nin de exclusión de ninguén, con vocación, a poder ser, totalmente unánime, xa que dese xeito, logrando xunguir vontades, é como coidamos que podemos conquerir o fin proposto.

 Compre relembrar que o cunco de pasta "milleriori", cuxa recuperación suxerimos, foi atopado no xacemento do Monte Santa Trega, na campaña de excavación arqueolóxica que en 1986 dirixiu Antonio de la Peña Santos. En realidade trátase de varios fragmentos de vidro polícromo, que o propio Antonio de la Peña logrou reconstruir parcialmente, xunguindo os fragmentos cun produto adhesivo, nos días posteriores o seu achado, como no seu día pudemos comprobar persoalmente.

 "Trátase - dixo Antonio de la Peña - de un cunco de mediano tamaño, de vidro polícromo coñecido técnicamente como vidro mosaico ou millefiori. É esta unha variedade de vidro de complexísima fabricación e que produce pezas de gran beleza.

 Os centros de producción deste tipo de pezas sitúanse no Mediterráneo oriental, preferentemente na zoa de Alexandría, durante os primeiros intres do século I da nosa Era (...)".

 O cunco "millefiori" atopado no Monte Santa Trega é, segundo Antonio de la Peña Santos, “(...) a mellor peza descoberta na Península (...)”. Trátase pois, de un notorio exemplo da importancia comercial i económica, que tivo outrora o megapoboado galaico-romano do Monte Santa Trega, no termo municipal de A Guarda (Pontevedra), e que sen ningún tipo de dúbidas, merece estar exposta no Museo Arqueolóxico existente no óppidum dese estratéxico encrave, que desde fai anos, é un dos lugares máis visitados da Península Ibérica.

 Compre salientar que logo da consulta que oportunamente fixo este cronista, se nos respostou que para que esa peza arqueolóxica deixe de estar onde se amosa desde fai anos - Museo de Pontevedra - e veña para o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, debe solicitarse á Consellería de Cultura, da Xunta de Galicia. Non hai - como así se nos informou - obstáculo ningún para que o cunco "millefiori" poida pasar a formar parte da colección do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega. 

 De acordo co parágrafo precedente, coidamos que partindo da boa disposición de todos e cada un dos membros da Corporación Municipal do Concello de A Guarda, non debera haber inconvinte de ningún tipo, para que por parte da Alcaldía se faga unha proposta conxunta co propósito que vimos de suxerir. Dese xeito, coidamos que ninguén, sexa cal sexa súa responsabilidade institucional, cuestionará o lexítimo dereito a recuperar para A Guarda unha peza arqueolóxica que polas súas características debe estar exposta - así o entendemos nós - no lugar máis próximo o sitio onde foi atopado. E ese lugar, indubidablemente non é outro que o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega.

 Ainda que o Día Internacional dos Museos conmemórase o 18 de maio de cada ano, e as actividades que se organizan teñen lugar nas datas inmediatas, anteriores e posteriores, e á vindeira sesión plenaria ordinaria da Corporación Municipal de A Guarda terá lugar previsiblemente, o venres día 26 deste mes, coidamos que estamos a tempo de pór en marcha o cronograma para que cunco "millefiori" poida ademirarse, por veciños e visitantes, no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT). Ainda que a reversión non se producirá de inmediato, pensamos que en todo caso sería un magnífico xeito, non soio de conmemorar o Día Internacional dos Museos, senón como parte dos eventos conmemorativos do centenario do noso principal museo, creado pola Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, en xullo de 1914.

 Queremos relembrar que entre outras tarefas, a Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, promoveu, difundiu e defendeu o patrimonio arqueolóxico do xacemento e do Museo do Monte Santa Trega. Esas tarefas, entre outras tamén, entendemos que as debe asumir o Padroado Municipal Monte Santa Trega, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz. 

 Polo que antecede, apelamos á sensibilidade de todos para que a reversión do cunco "millefiori" o pobo de A Guarda, poida ser realidade no menor prazo de tempo posible.

 Compre salientar que tanto as coleccions como o propio inmoble do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega contan coa declaración de Monumento Histórico-Artístico, por Decreto nº 474/72, de 1º de marzo de 1962, do Ministerio de Educación Nacional. Polo tanto, non vemos ningún inconvinte para que o igual que outras pezas procedentes do xacemento galaico-romano do Monte Santa Trega, se amosen nas súas vitrinas, non poida o  devandito museo monográfico "in situ" acoller o cunco "millefiori". 

 Entendemos que estamos diante dunha lexítima aspiración que como guardeses, tódolos representantes públicos deben asumir como propia, para que se acade o fin proposto, para satisfacción de todos.

1 comentario:

  1. CELSO R. FARIÑASxoves, 18 maio, 2017

    RECIBIDO, CONTA CO MEU RESPALDO.
    BO DIA
    CELSO R. FARIÑAS

    ResponderEliminar