17 de maio de 2017

DEPORTES

PIRAGÜISMO


LUIS FERNÁNDEZ, DO CLUB DEPORTIVO MIÑO, NO EQUIPO NACIONAL DE SLÁLOM

Luis Fernández, do Club Deportivo Miño
Foto: Rosa Fernández


Rosa Fernández Carrera / Tomiño

 Ao longo das últimas semanas tiveron lugar nas localidades da Seu d´Urgell e Pau os selectivos nacionais para formar parte dos equipos sénior, sub-23 e júnior de slálom. Os días 6 e 7 de maio, na canle da Seu, tiveron lugar os primeiros selectivos que soio deron superado dous deportistas do Club Deportivo Miño: Brais Castro e Luis Fernández. Na seguinte fin de semana, 13 e 14 de maio, na localidade francesa de Pau, celebráronse os segundos selectivos. Os equipos nacionais formáronse con tres mellores deportistas de cada categoría. 

 Brais Castro aspiraba a entrar no equipo sub-23 de canoa, pero non foi quen de quedar entre os tres primeiros. 

 Pola súa banda, Luis Fernández, acadou praza non solo na selección sub-23 senón tamén na absoluta, ao ser o segundo mellor canoísta por detrás do olímpico Ander Elosegui. 

 Esta praza dálle a Luis o dereito de participar no Campionato de Europa, en tres copas do Mundo e tamén no mundial sub-23. 

 Luis, natural de Salceda, adestra dende fai anos no centro nacional de slálom da Seu. O logro deste ano é maior se cabe, pois a principio de ano sufriu unha lesión no ombreiro, da que estaba recentemente recuperado cando afrontou as probas selectivas. 

 Ademais de Luis, só outra galega, Ainhoa Lameiro, do Piragüismo Penedo, deu superado este ano os selectivos nacionais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario