18 de abr. de 2017

A GUARDA

CELSO R. FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA, SOLICITA INFORME TÉCNICO-XURÍDICO POR ESCRITO SOBRE A SITUACIÓN DO CLUBE DE TENIS “CODESAL”

Sobre a situación actual e alternativa plantexada polo Concello para dar unha solución a problemática existente

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal de A Guarda



Infogauda / A Guarda

Copias da resolución da Alcaldía de A Guarda, de data 27 de outubro de 2016, que foi remitida o Club de Tenis Codesal, con domicilio social na Pasaxe, s/nº (36788) Camposancos (A Guarda), pola cal se incoa expedente administrativo

 En data 17 de abril de 2017 e Rexistro de Entrada nº RC-2193, o concelleiro de Converxencia Galega, Celso R. Fariñas, presentou no Concello de A Guarda, a seguinte comunicación:

SOLICITUDE INFORME TÉCNICO-XURÍDICO SOBRE A SITUACIÓN DO CLUBE DE TENIS “CODESAL”

Dado que en distintas ocasións, tanto en Comisión de Urbanismo como no apartado de Rogos e Preguntas dos Plenos Ordinarios vimos solicitando información sobre a situación e posible solución do Clube de Tenis “Codesal”  a raíz do reflexado no DECRETO nº 0787/2016 e REXISTRO DE SAIDA Nº 2960 de 27 de octubre,  que foi emitido por RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA, no que según INFORME do Arquitecto Municipal de data do 19.10.2016 e DESFAVORABLE sobre a comunicación previa de INICIO DE ACTIVIDADE  para a PRÁCTICA DE DEPORTIVA E DE OCIO,  por estar enclavado en solo rústico de protección de costas. Sin que a día de hoxe, obtiveramos ningunha resposta, e polo que vimos a solicitalo por escrito.

No INFORME de referencia, manifesta:
“… en consecuencia, a vista de que NON SE CUMPLEN os requisitos necesarios para densenvolvela actividade en cuestión, dado que o O USO DO EDIFICIO SOCIAL NON ESTÁ PERMITIDO, sendo INSUBSANABLE tal defecto….”  Por elo, vimos a:

SOLICITAR:

INFORME TÉCNICO-XURÍDICO por escrito, sobre a situación actual e alternativa plantexada polo Concello para dar unha solución a esta problemática.
                                                                                                                                                           
A Guarda, a 17  de abril  do 2.017 
                                                                                                
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

  
Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda 

Ningún comentario:

Publicar un comentario