12 de feb. de 2017

OIA

O CONCELLO DE OIA EDITA O LIBRO “OS BOLECHAS VAN A OIA”

O Concello pretende fomentar a lectura e dar a coñecer aos máis pequenos o patrimonio artístico, paisaxístico, etnográfico e cultural do municipio, a través das aventuras dos Bolechas

  Cuberta do libro “Os Bolechas van a Oia”

Infogauda / Oia

 O Concello de Oia en colaboración co ilustrador Pepe Carreiro, editou o primeiro libro infantil dos Bolechas sobre Oia. Con este primeiro exemplar titulado  “Os Bolechas van a Oia”, o Concello pretende fomentar a lectura e dar a coñecer aos máis pequenos o patrimonio artístico, paisaxístico, etnográfico e cultural do municipio, a través das aventuras dos Bolechas, que acaban percorrendo tódalas parroquias.  

 O Concello agasallou aos nenos que acudiron a cabalgata de reis cun exemplar, e tamén fixo chegar varios exemplares aos colexios e bibliotecas para que a ningún neno/a do concello lle falte.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario