CORES TOURÍS COMPROBOU AS OBRAS REALIZADAS POR EDUCACIÓN NO CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER DO ROSAL
· O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra destacou que os traballos permitiron reformar a cuberta da pista polideportiva cun investimento que roldou os 120.000 euros
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá, en compaña do alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, as obras executadas pola Consellería de Educación no CPI Manuel Suárez Marquier
Infogauda / O Rosal
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José
Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá, en compaña do alcalde do Rosal, Jesús
María Fernández Portela, as obras executadas pola Consellería de Educación no CPI
Manuel Suárez Marquier e que permitiron mellorar a cuberta da pista
polideportiva deste centro.
O delegado territorial estivo acompañado na visita
a este colexio polo xefe territorial de Educación, César Augusto Pérez Ares, así como
polo equipo directivo e os responsables da Unidade Técnica da Xefatura
Territorial.
A superficie sobre a que se executou a cuberta foi
de 856 metros cadrados, colocando unha cuberta central a dúas augas con
cumbrera en orientación norte-sur, e cun corpo a unha sola auga que cubre as
gradas e se atopa nunha cota máis baixa que a anterior.
Educación decidiu levar a cabo a mellora desta
cuberta e do peche das fachadas debido ao mal estado de conservación da
anterior, na que faltaban pezas de cubrición o que ocasionaba humidades. Tamén
se atopaban deterioradas as pezas traslúcidas o que impedía que entrara a luz
natural cara ao pavillón.
Con esta obra tamén se paliou as deformación
existentes nos pórticos principais da estrutura soporte que está composta por
perfiles de aceiro laminado. “Conseguimos gañar en eficiencia enerxética, en
calidade das instalacións e tamén conseguimos aportar un aspecto estético máis
agradable a este polideportivo”, explicou Cores Tourís quen matizou que a obra
contou cun orzamento de preto de 120.000 euros.
Pola súa banda, o alcalde do Rosal, agradeceu a
colaboración da Xunta na reforma da cuberta desta zona polideportiva, “xa que
permite que o alumnado poida desenvolver a súa actividade deportiva con maior
seguridade e calidade. Seguiremos a colaborar coa administración autonómica
para que os nosos centros sigan a mellorar e a modernizarse”.
Nos últimos anos, a Consellería de Educación
investiu case 655.000 euros nas melloras do CPI Manuel Suárez Marquier e do CRA
María Zambrano desta localidade, con melloras como a renovación da carpintería,
estudos xeotécnicos, reparación e reforma das instalacións de calefacción e
eléctricas e levantamento topográfico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario