2 de feb. de 2017

A GUARDA

A través de dúas mocións que presentaron no pleno

O concelleiros do PP da Guarda esixen a retirada das palmeiras mortas nos espazos públicos e a solución ao perigo que supón a fonte da Alameda  

A Voceira é consciente de que ten traballo por diante, defendendo 5 mocións neste pleno, mantendo a liña do grupo Popular, todas sobre cuestións relacionadas directamente coa Guarda e as competencias do pleno.    


Conchi Ortega, voceira do Partido Popular de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Segundo Conchi Ortega, voceira do Partido Popular de A Guarda, “as palmeiras mortas polas pragas como a do picudo vermello, presentan na actualidade un aspecto lamentable, e atópanse en total situación de abandono con  perigo potencial das palmas que permanecen unidas ao tronco xa que en caso de temporal, que parece se aveciña, as palmas poderían voar e alcanzar a unha persoa ou un vehículo, provocando un serio accidente”.   

 Por este motivo veñen de presentar moción para debatir no pleno ordinario esixindo que  o grupo de goberno proceda á retirada inmediata dos espazos públicos das palmeiras afectadas, para evitar así o risco de accidentes.

  Ademais o  Partido Popular de A Guarda,  denuncia que a Fonte da Alameda, de dubidosa calidade funcional e estética, supón un potencial perigo para a xente que pasa ao seu carón e especialmente para os nenos que xogan neste o noso máis concorrido, por non dicir o único espazo de lecer que posúe a nosa vila. Por iso, o PP presenta unha moción para buscarlle solución xa que son moitas as familias que están realmente preocupadas polo perigo que representa esa fonte, principalmente pola súa xeometría e os afilados cantos do seu bordiño.   

 A voceira popùlar é consciente de que ten traballo por diante neste pleno, con 5 mocións que defender, pero todas afectan directamente A Guarda: a obra pendente  da rúa A Cal, o cambio de nome de tres rúas, informar do regulamento do lixo, quitar as palmeiras mortas e solucionar os problemas de seguridade da fonte da Alameda.        

Ningún comentario:

Publicar un comentario