20 de xan. de 2017

TURISMO

CÓRDOBA: CRÓNICA DE UNHA VISITA INESQUENCÍBEL




Ricardo Rodríguez Vicente 


 Evocando unha visita á cidade de Córdoba, na Comunidade Autónoma de Andalucía, imos dar, grazas á colaboura do activo fotógrafo guardés, Santiago Baz Lomba, un paseo virtual por esa capital de provincia. 

 Lémbrome que estando en Sevilla, un día do mes de outubro, de fai uns anos, amenceu con algo de choiva. Quen o diría! Pensarán vostedes. Pois así foi. Na capital hispalense, onde se rexistran - sobor do todo nos meses de verán - temperaturas as que non estamos afeitos os que somos do Noroeste peninsular, de cando en vez, tamén chove. Dese xeito, miña dona e este que lles escrebe que estabamos naquel entón, na cidade sevillana, decidimos coller o AVE e achegarnos ata Córdoba. E así foi. Sin dubida-lo nin un intre. Xa levábamos varios días en Sevilla, e xa tiñamos á axenda prácticamente cuberta de lugares visitados con detalle. Sen presas. 

 Viaxar ata Córdoba, dese xeito, supuxo un plus no prezo dos billetes, debido a que o custe da viaxe no AVE foi superior o que sería aplicable de haber feito a reserva con antelación. De tódolos xeitos, o retornar no mesmo día, obtivemos unha bonificación na tarifa que aminorou, alomenos en parte, o gasto do total itinerario de ida e volta. En todo caso, nesas circunstancias, o diñeiro non é o máis importante, ainda sendo, obviamente necesario para cáseque todo. Máis a visita a Córdoba, pagou a pena.

 Logo da nosa chegada a estación cordobesa, baixamos ata preto do río Guadalquivir, e desde as inmediacions da ponte romana comezamos noso percorrido cordobés, onde a icona máis destacada é a Mezquita-Catedral (Patrimonio da Humanidade desde 1984). No seu interior foi onde un se decatou da extraordinaria monumentalidade dese lugar, que poderíamos denominar de encontro de culturas, xa que segundo os historiadores, foi compartido por un tempo, por cristianos e musulmans. 

 A Mezquita de Abderramán I, co seu espazo interior de columnas e arcos características do estilo omeia, é un prodixio arquitectónico, que convida a ademiración e a reflexión interior. As raiolas de luz, incidindo nese "bosque de columnas", semella que estamos no século VIII, onde nada tiña que ver co que hoxe entendemos como vida cotiá. O  Patio das Laranxeiras, o alminar,...nos evocan un tempo cáseque máxico.

 Córdoba é unha cidade patrimonial, non soio por ese espazo o que vimos de referirnos, senón polo seus Patios, que tamén son Patrimonio da Humanidade. Hai que percorrer o barrio Alcázar Viejo,  e logo continuar, se nos parece, polo barrio de Santa Mariña, ou da Xudería, para disfroitar da frescura e da beleza dos Patios Cordobeses, rebosantes de xeranios en macetas, que penduran de paredes encaladas, en contraste coas cores características desas plantas tan agradecidas, que en Córdoba coidan con verdadeiro primor.

 Ademáis da Mezquita-Catedral e dos Patios Cordobeses, o viaxeiro que visite Córdoba, debe andar polas rúas desa cidade, con ollos predispostos a empaparse da beleza da cidade. Camiñar pola Costa del Bailío, ou a rúa da Lúa, Comedias,..., é un pracer inigualábel.

 A Casa de Sefarad, os Baños do Alcázar Califal, a Sinagoga, o Alcázar, o Museo Arqueolóxico, o Museo Julio Romero deTorres, ou o enclave Madina-Al-Zahra,..., son entre outros, lugares dignos de visitar, se queremos ter coñecemento dos tesouros culturais que nos brinda Córdoba. Unha cidade con notables pegadas romanas, musulmanas, cristianas,..., que fan que súa visita nos resulta inesquencíbel.

GALERÍA DE IMAXES DA AUTORÍA DO FOTÓGRAFO SANTIAGO BAZ LOMBA

Ningún comentario:

Publicar un comentario