• As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ao longo de todo o ano 2017, dende o día seguinte á publicación da convocatoria das bases na páxina web (www.tomino.gal) e no Tablón de Edicto

  • No últimos anos rexistráronse máis dun centenar de solicitudes adscritas ao “circuíto cultural”, beneficiándose tanto os grupos, coma as comisións de festas



Infogauda / Tomiño
 O Concello de Tomiño vén de aprobar as bases para o “Circuíto Cultural 2017”, co fin de promocionar as agrupacións musicais tradicionais do municipio, que figuren inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Tomiño. “A creación e interpretación da música tradicional é un ben inmaterial que coñecemos e necesitamos coidar; asuminos a responsabilidade de impulsar a creación de novas agrupacións relacionadas co folclore local, ofrecendo unha liña de axudas que permita o descubrimento e contratación das mesmas”, explican dende o Concello.
 O Concello abre o prazo para que as bandas de música, corais, bandas de gaitas, treboadas, pandereteiras, charangas ou grupos de acordeóns de Tomiño, poidan inscribirse no Circuito Cultural 2017. Pode consultar as bases e os modelos de solicitude e dos xustificantes de actuacións nos seguintes enlaces: