22 de nov. de 2016

OIA

CORES TOURÍS VISITOU INSTITUCIONALMENTE O CONCELLO DE OIA PARA ANALIZAR AS PRINCIPAIS DEMANDAS DA VILA  

 O novo delegado territorial da Xunta en Pontevedra mantivo un encontro coa alcaldesa da localidade, Cristina Correa, con quen analizou cuestións coma o saneamento, a mellora da eficiencia enerxética e a posta en marcha dunha senda que mellore a seguridade viaria no entorno do concello e o Mosteiro   

Cristina Correa, alcaldesa de Oia, co delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís

Infogauda / Oia 

 O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou este martes día 22 de novembro, institucionalmente o concello de Oia, onde mantivo unha entrevista coa súa alcaldesa, Cristina Correa, quen lle transmitiu as principais preocupacións do municipio.  

 O delegado territorial iniciou así, tras tomar onte posesión do seu cargo, unha rolda de visitas polos concellos dependentes da Delegación Territorial de cara a escoitar os responsables municipais e analizar as súas demandas.   

 Entre as principais necesidades que demandou a rexedora de Oia ao delegado territorial se atopan cuestións relacionadas co saneamento, a mellora da eficiencia enerxética e da seguridade viaria.  

 Cristina Correa aproveitou para agradecer ao delegado territorial que visitara o seu concello, “xusto ao día seguinte de tomar posesión, e de que veña ata o noso municipio a tomar nota das nosas demandas e necesidades”.  

 Neste senso, trasladoulle a Cores Tourís a necesidade de continuar coa reforma que se está a executar nas inmediacións da casa do concello de cara a poder reestruturar a planta baixa do edificio, onde se atopa a biblioteca, e poder instalar a entrada ao edificio a través desta área. Ademais, tamén informou ao delegado territorial que se procederá a retirar un poste de telefonía que se atopa nesa praza recentemente creada, de xeito que se poida destinar este entorno a mirador.   

 “Desexamos dar continuidade ao investimento que estamos a facer nesta praza e para iso demandamos á Consellería de Infraestruturas que se instale unha varanda na beirarrúa que enlaza a casa consistorial coa Escola Infantil, mellorando tamén esta beirarrúa e transformándoa nunha senda peonil cun paso de peóns que permita enlazar coa baixada ao Mosteiro”, explicou a alcaldesa, quen destacou que, de cara a potenciar precisamente a seguridade viaria, a Xunta de Galicia xa está a levar a cabo as obras de mellora do carril-bici.  

 Tamén demandou axudas mellorar a eficiencia enerxética da vila, recordando que aínda existen luminarias de mercurio no municipio, así como continuar cos traballos de execución do saneamento nos distintos puntos do concello. Por outra banda, tamén quixo informarse sobre as axudas que a Xunta de Galicia porá en marcha ao longo desta nova lexislatura para adaptar o planeamento á nova lei, recordando que o PXOM de Oia se atopa en fase de aprobación inicial.  

 O delegado territorial, pola súa banda, destacou que nos próximos días estará a visitar os diferentes concellos das comarcas do Deza, Tabeiros-Terra de Montes, Pontevedra, Salnés, Caldas de Reis, Morrazo, Baixo Miño e Condado-Paradanta, de cara a recoller as necesidades dos mesmos, “en especial tendo en conta a próxima aprobación dos orzamentos autonómicos e cara a poder atallar as demandas e preocupacións dos municipios”.

O ROSAL

EU TOMO PARTIDO, E TÍ?

25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero



Concello do Rosal / O Rosal

  Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, o Concello do Rosal quere comprometerse dun xeito especial implicando a cada colectivo que ten representación na nosa sociedade. Este ano o profesorado, que ven traballando de xeito moi comprometido coa xente máis nova do noso concello, formando, coidando e guiando aos nosos fillos e fillas, quere amosar o seu desacordo con esta lacra. Por iso únese á campaña “EU TOMO PARTIDO, E TÍ?”. 

 O colectivo do profesorado, ten un peso fundamental xa que fai unha labor de concienciación dentro das aulas pero tamén fora delas, traspasando o centro educativo, chegando ás familias e en definitiva a toda a sociedade. Este ano contamos coa colaboración desinteresada dalgún dos profesores e profesoras máis recoñecidos/as  e queridos/as do noso Concello.  

 Participan no proxecto:  Ana Sofía Rodríguez Pereira, directora do CPI Manuel Suárez Marquier e profesora de educación primaria; Moncho Fernández Leal, profesor de educación primaria na unitaria de Fornelos; Loli Sánchez Blázquez, profesora de apoio educativo en educación secundaria; Manolo Alonso Macías Jorreto, profesor de educación primaria na unitaria de Pías; Sonia García Castiñeira, profesora de inglés en educación secundaria; Xosé Manuel Méndez Díaz, xefe de estudos de educación primaria e profesor de música; Pablo Alexis Rodríguez Soler, profesor de tecnoloxía en educación secundaria; Esperanza Iglesias Vilacha, directora e profesora do CRA María Zambrano; Mª Teresa Iglesias Pena, profesora de educación primaria no CPI; Lobina Santoke Basanti, profesora de educación primaria no CPI.

 Moitísmas grazas a todas e todos pola súa participación e pola contribución tan importante que fan á sociedade. 

 ¡¡Grazas!!!

O ROSAL

CINEMA

“ANRÍQUITO”, LONGAMETRAXE DO GRUPO SAN ROQUIÑO DE GOIÁN

O  vindeiro domingo día 27 de novembro ás 18.00h no Auditorio Municipal do Rosal



Infogauda / O Rosal


 O  vindeiro domingo día 27 de novembro ás 18.00h no Auditorio Municipal do Rosal, o Grupo de Cinema San Roquiño  de Goián, presenta a longametraxe “ANRIQUITO”, inspirada na canción dos anos cincuenta “Anriquito, unha historia de amor ghoianesa”.  

 Entrada solidaria: 1kg de alimento non perecedeiro a beneficio de CONRAZONES.

O ROSAL

TEATRO: “MARUXIÑA BAILONA”

O sábado día 26 de novembro ás 20:00h no Auditorio Municipal do Rosal





Infogauda / O Rosal

 O sábado día 26 de novembro ás 20:00h no Auditorio Municipal do Rosal, con motivo do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”o Grupo de Teatro “Os Mellores do Ghrupo” de Santa Mª de Oia, presenta a obra “MARUXIÑA BAILONA”. 

 O prezo da entrada será 1 kg de alimento non perecedero a beneficio de SOS TOMIÑO, colaboradora cos Servizos Sociais do Rosal.

SALCEDA DE CASELAS

OS COMPOSTEIROS DAS VECIÑAS E VECIÑOS DE SALCEDA PRODUCEN O PRIMEIRO COMPOST DA PROVINCIA   

Este mércores día 23 de novembro, celebrarase un acto no que se plantará simbolicamente unha árbore e repartirase o compost feito co lixo orgánico da veciñanza que participa na iniciativa  

Asistirán tamén rapazas e rapaces do CEP Altamira que están a traballar sobre compostaxe nun programa europeo  

Infogauda / Salceda de Caselas

 Os centros de compostaxe comunitaria de Salceda de Caselas instalados ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra produciron xa o primeiro lote de compost de toda a provincia. Por este motivo, Deputación e Concello veñen de organizar un acto no que se repartirá ese compost entre os veciños que participan no programa compostando o seu lixo orgánico. Plantarase tamén unha árbore que estará fertilizada polo produto obtido nos diferentes composteiros da vila. 

 Ao acto asistirá o vicepresidente da Deputación, César Mosquera; o alcalde Marcos Besada, e a concelleira de Medio Ambiente de Salceda, Carla Pérez, así como unha clase de alumnos do CEP Altamira que están a traballar nun proxecto europeo sobre a temática da compostaxe. Tamén estarán presentes os mestres composteiros que traballan en Salceda de Caselas, que farán a demostración de como se retira o compost do centro de compostaxe, para despois peneiralo e deixalo preparado para plantar a árbore e repartir entre os veciños.  

 A actividade celebrarase ás 11:00 h., no parque Raíña Aragonta, nas inmediacións do CEP Altamira, onde tamén se instalarán uns paneis explicativos sobre as fases que pasa o lixo dende que se bota no módulo de aportación do centro de compostaxe ata que está listo para o seu uso. Salceda de Caselas conta nestes momentos con tres centros de compostaxe comunitaria que foron instalados a principios do mes de agosto. Dous deles xa foron ampliados no mes de outubro debido á moi boa acollida que o sistema de tratamento de lixo tivo entre os veciños.  

 Segundo explicou o vicepresidente Mosquera, os centros de compostaxe que se instalaron en toda a provincia están a ter un resultado moi bo tanto en relación á participación veciñal, no relativo á calidade do compost, como pola rapidez de obtención, xa que se está a producir un proceso moito máis áxil do planificado. De feito, inicialmente prevíase queocompost estivese listo para uso nun prazo de seis ou sete meses, mais o control por parte dos mestres composteiros e as características da climatoloxía están a permitir que a día de hoxe xa se poida utilizar nos primeiros sitios nos que comezaron a funcionar os centros de compostaxe. De feito, o Concello de Moaña tamén está en disposición de retirar este mércores, o seu primeiro compost grazas ao Plan Revitaliza, posto que instalou o seu único composteiro no mes de xullo. 

 A obtención do primeiro compost da provincia coincide coa celebración durante estes días da Semana Europea de Prevención de Residuos, que pretende fomentar dende a Unión Europea todos aqueles sistemas de xestión do lixo que defenden a aplicación das tres ‘R’: redución, reutilización e reciclaxe, filosofía compartida polo Plan Revitaliza da Deputación que aposta pola compostaxe.

PONTEVEDRA

Carmela Silva presenta ante os concellos da provincia a nova edición do programa contra a violencia machista "Violencia Zero" 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que a institución provincial e as 25 vilas que o acollen están a dar "un grito claro e contundente" na loita contra esta lacra  

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polas deputadas provinciais Isaura Abelairas e Eva Vilaverde, presentou hoxe no Pazo provincial, unha nova edición do proxecto "Violencia Zero"
Foto. D. P.


Infogauda / Pontevedra

 A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polas deputadas provinciais Isaura Abelairas e Eva Vilaverde, presentou hoxe no Pazo provincial ante as alcaldesas e alcaldes e concelleiras e concelleiros dos concellos da provincia unha nova edición do proxecto "Violencia Zero".  

 A Presidenta provincial asegurou que "comezamos unha andaina máis forte, na que imos dar uns pasos máis longos e máis claros na nosa loita contra a lacra da violencia machista" para así "levantar un grito claro e contundente" e seguir actuando nunha loita na que "a Deputación e toda a provincia de Pontevedra se están a converter nunha referencia".  

 Isto é así porque este ano, a diferenza das 10 accións desenvolvidas en novembro de 2015, "Violencia Zero" recolle 25 accións de arte contemporánea (graffiti, performance, poesía, música, teatro, danza, pintura…) que se desenvolverán en 25 concellos da provincia e durante todo o ano, ata novembro de 2017, a razón de dúas accións ao mes (agás novembro do vindeiro ano, que acollerá unha). "Son 25 pola simboloxía do 25 de novembro, o día mundial no que todas e todos lembramos dunha maneira especial esta loita", e "espalladas nestes doce meses porque poderiámolo ter desenvolvido nun só día, ou só durante esta semana, pero esta loita tense que dar todos os días do ano". 

 Carmela Silva asegurou sentirse "moi orgullosa destes 25 concellos" (por orde cronolóxica: Vigo, Pontevedra, Marín, Tomiño, Cambados, Ponteareas, Nigrán, Vila de Cruces, O Porriño, Cuntis, Bueu, Salvaterra do Miño, Soutomaior, Poio, O Grove, A Guarda, Baiona, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Cangas do Morrazo, A Estrada, Silleda, Salceda de Caselas, Meaño e Tui) "polo seu compromiso e por lle pór rostro a este programa, e así convertelo non nunha acción da Deputación de Pontevedra senón destes 25 concellos e de toda a provincia; e por estar aquí representantes de gobernos de distintas cores traballando xuntos por erradicar as violencias machistas". A Presidenta da institución provincial asegurou que "traballando cos concellos é como mellor podemos concienciar cada día máis á xente contra esta lacra".  

 A Deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, asegurou que "este ano e cada un dos seguintes iremos mellorando a nosa programación contra a violencia de xénero, porque non é certo que todo estea acadado e temos que seguir pelexando polo que merecemos ata conseguir que a violencia contra as mulleres sexa erradicada". Pola súa banda, a Deputada provincial Eva Vilaverde asegurou que "nesta Deputación temos un compromiso conxunto na loita contra a violencia machista, e máis nos tempos que corren nos que estamos a ser testemuñas de que mesmo parece que se dan pasos cara atrás neste sentido. Por iso traballamos da man dos concellos, para así poder chegar á base da cidadanía e visibilizar un problema que nos acompaña día tras día". 

 "Violencia Zero" comeza este mesmo xoves, 24 de novembro, cunha acción que se desenvolverá na Casa das Artes de Vigo ás 18:00 horas, cunha performance poética que non só visibiliza o problema da violencia de xénero, senón que permite recoñecer que este ten as súas raíces nun complexo sistema colonial-patriarcal-capitalista que o posibilita e fomenta. O programa continuará o día seguinte na Praza da Ferraría de Pontevedra, ás 10:30 horas, cunha acción de graffiti en contra da violencia de multixénero, tanto homofóbica coma transfóbica, rexeitando como persoas a quen a fomenta e a executa.  

 Lembramos que con datos do día 16 de novembro este ano son 38 as mulleres que morreron a mans das súas parellas ou exparellas, unha delas en Galicia, "unhas cifras que teñen que levantar as alarmas de toda a sociedade", asegurou Carmela Silva. A esta cifra hai que sumar os oito casos, dous deles en Galicia, que seguen a ser investigados, e o bebé que foi asasinado a mans do seu pai. No que levamos de 2016 foron 25 nenos e nenas as que quedaron orfas de nai e a cifra de mulleres asasinadas pola lacra da violencia machista durante 2015 elevouse a 60, oito mulleres en Galicia.

VILA NOVA DE CERVEIRA


Ana Maria Pintora 

Livros de Artista 

Sábado, 26 de Novembro 

16h00 na PORTA TREZE


informa: Minês Castanheira

PÓVOA DE VARZIM

Colóquio Internacional dos Caminhos de Santiago terminou com balanço positivo e já com mote para a 4ª edição   

S. Pedro de Rates voltou a ser palco de reflexão sobre as temáticas do Caminho de Santiago
Foto. C. M. P. V.

Infogauda / Póvoa de Varzim

 S. Pedro de Rates voltou a ser palco de reflexão sobre as temáticas do Caminho de Santiago. A terceira edição do Colóquio Internacional dos Caminhos de Santiago, decorrida nos dias 18 e 19 de novembro, cujo tema “Os caminhos do Caminho” trouxe várias dezenas de participantes que fizeram questão de se juntar a esta iniciativa cultural da Junta de Freguesia de S. Pedro de Rates, do Centro de Estudos Jacobeos e da Câmara Municipal da Póvoa de Varzim. 

 Integraram a sessão de abertura do Colóquio o Diretor da Sociedad de Xestion do Camiño, Rafael Sanchez Bargiela, o representante do Porto e Norte de Portugal, Marco Sousa, o Delegado Regional da Cultura do Norte, Manuel Ponte, o Vice-Presidente da Câmara Municipal da Póvoa de Varzim, Luís Diamantino, a Vereadora do Turismo da Câmara Municipal, Lucinda Delgado, o Reverendo Pároco Manuel de Sá Ribeiro, Arcipreste de Vila do Conde/Póvoa de Varzim e Paulo João Silva, Presidente da Junta de Freguesia de Rates. 

 O Vice Presidente da Câmara Municipal da Póvoa de Varzim destacou a importância desta iniciativa na promoção e desenvolvimento dos caminhos de peregrinação, sublinhando que o verdadeiro espírito da peregrinação se deve sobrepor aos interesses económicos decorrentes deste fenómeno. 

 Paulo João Silva referiu o Colóquio Internacional dos Caminhos de Santiago como uma das várias iniciativas, de âmbito cultural, integradas na estratégia de promoção e desenvolvimento da Vila de Rates e que reflete o caminho traçado pelo executivo da Junta de Freguesia que visa a consolidação do posicionamento de S. Pedro de Rates no panorama turístico e cultural do município e da região. 

 A elevada qualidade dos conferencistas e os conhecimentos e abordagens trazidas à discussão, traduziram-se em dois dias de verdadeira elevação cultural, onde foram tratados assuntos como “A pré-História da descoberta do túmulo de Santiago”, por Arlindo Cunha, da Universidade Católica Portuguesa – Polo Porto; “Turismo Cultural como fator de desenvolvimento regional”, por Eduardo Gonçalves, do Instituto Universitário da Maia; “Caminhos de Santiago por Terras de Basto: os Caminhos do Médio Tâmega “, por Emanuel Guimarães, do Ecomuseu de Ribeira de Pene; “A Geodiversidade do Caminho Português de Santiago”, por Sérgio Amaro Basto, Mestre em Património Geológico e Geoconservação; “Património e Tradições nos Caminhos de Santiago”, por Fernando Capela Miguel, Professor de Património e Turismo; “O Património Gastronómico no Caminho Português”, por Xosé Leira Lopez e Pedro Abeal Sousa, ambos da Universidade da Corunha; “Portugal e as lendas Jacobeas Medievais”, por Ramon Izquierdo Perrin, da Universidade da Corunha, entre muitos outros. 

 Certo é que, o Colóquio Internacional dos Caminhos de Santiago, traz em cada edição, temas de interesse transversal, quer para peregrinos, hospitaleiros, entidades ligadas ao turismo e à cultura, indivíduos que se dedicam ao estudo, quer da identidade de cada localidade, quer das dinâmicas culturais, espirituais e sociais e económicas decorrentes da peregrinação e de Santiago de Compostela. 

 A avaliação desta edição do Colóquio Internacional dos Caminhos de Santiago é seguramente muito positiva e o tema da quarta edição está já definido, por sugestão do Presidente da Junta de Freguesia, e será “S. Pedro de Rates, o primeiro discípulo de Santiago”. 

 Terminados os trabalhos, realizou-se um almoço final de confraternização, representativo da gastronomia de Rates.

MOVEMENTOS SOCIAIS

O BNG do Baixo Miño defende unha AP-9 galega sen peaxes


Infogauda / Baixo Miño

 O BNG lanza unha ofensiva  de mobilización social baixo o lema "AP-9 galega e sen peaxes "como novo paso no obxectivo de acadar a transferencia desta autoestrada e poñer fin ao que cualifican de “estafa legalizada” das peaxes, nas que 20.000 galegos desembolsan 300.000 euros diarios a Audasa, unha media de 15€ por día e usuario, nun País que ten os segundos salarios máis baixos do estado.  

 Así pois, desde o BNG do Baixo Miño animan á veciñanza da comarca e aos colectivos de transportistas a participar de xeito masivo  ao acto de protesta que terá lugar o vindeiro sábado día 26 de novembro, ás 11:00 horas, na peaxe de Figuerido, en Pontevedra,  pagando o importe con céntimos realizando así un bloque reivindicativo. Esta acción vaise levar adiante polo BNG en tódalas peaxes da AP-9 para rematar co despropósito  de que viaxar da Coruña a Vigo (130 Km) sexa máis caro en peaxes que viaxar desde Coruña a Madrid (500 Km).

SEGURIDADE VIAL

UXÍO BENÍTEZ ANUNCIA QUE A DEPUTACIÓN INSTALARÁ CASE 600 REDUTORES DE VELOCIDADE NAS ESTRADAS PROVINCIAIS DE 46 CONCELLOS GRAZAS AO PLAN MÓVESE   

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva defendeu a necesidade de dar un “xiro absoluto” no tratamento da mobilidade na provincia apostando polo calmado do tráfico

O vicepresidente Mosquera defendeu o Plan MOVESE para as vías provinciais e asegurou que “é grave eticamente que as administracións non tomen as medidas ao seu alcance para reducir a violencia viaria nas súas estradas”  

O deputado de Mobilidade asegurou que o MÓVESE é “unha aposta axustada á realidade galega e á realidade económica” que poderá ter unha segunda fase 

Carmela Silva, presidenta da Deputación, que abriu oficialmente o certame, reivindicou o necesario “xiro absoluto” que debe dar o tratamento á mobilidade
Fotos: D. P.

Infogauda / Pontevedra 

 O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou este martes día 22 de novembro, que a Deputación de Pontevedra instalará case 600 redutores de velocidade nas estradas provinciais de 46 concellos da provincia grazas á aplicación do Plan MÓVESE (Mobilidade e Velocidade Seguras). Segundo dixo, a instalación deses elementos físicos de calmado do tráfico “é a única fórmula para reducir tamén o número de accidentes e de feridos”. 

 En concreto, instalaranse 337 pasos de peóns sobreelevados (PPS) –coñecidos como lombos de asno- e 260 redutores de velocidade para vehículos (RFVV) nas vías de titularidade da Deputación cun orzamento total de 3,866.380,92 euros, todos eles proxectados de maneira independente e con características técnicas adaptadas ás vías nas que se constrúen (sección, largo de vía, existencia de beirrarúas, pluviais, iluminación,…).  

O Plan MÓVESE foi presentado por Uxío Benítez - a dereita da imaxe - no marco da celebración das ‘Xornadas Sobre Seguranza Viaria. Métodos de Calmado do tráfico’ organizadas pola Deputación de Pontevedra con motivo do ‘Día Mundial de Recoñecemento das Vítimas de Violencia Viaria’

 Benítez destacou que a violencia viaria é un problema evitable, xa que é causa dun claro exceso de velocidade. Destacou, así, que a metade das vítimas mortais de accidentes son peóns, ciclistas e motociclistas, os colectivos máis vulnerables, sendo os sinistros de tráfico a primeira causa de morte entre a mocidade de entre 15 e 29 anos. “Podemos poñer radares, sinais, multas, pero a única actuación efectiva para baixar velocidades é instalar redutores físicos”, subliñou.  

 O deputado salientou que as administracións competentes en materia de estradas deben estar comprometidas con solucionar o problema e apostar por crear espazos de convivencia entre as diferentes mobilidades, revertendo as políticas aplicadas ata o de agora, que daban preferencia aos vehículos nas actuacións das estradas. “Agora a protagonista debe ser a persoa”, insistiu. Por outra banda, tamén puxo de relevo as características do territorio na provincia de Pontevedra, na que se da un continuo de vivendas e, por tanto, de cidadáns que fai que atopar fórmulas de seguranza sexa máis complexo. “Falamos de separar ciclistas e peóns, pero a realidade é que non hai cartos para facer sendas peonís e beirrarúas en todas as estradas da provincia. Hai que atacar a situación desde outra perspectiva. O Plan MÓVESE é unha aposta para calmar o tráfico axustada á realidade galega e á realidade económica”, defendeu. 

 Neste sentido, Benítez fixo un chamamento aos alcaldes instándoos a escoller os colectivos aos que queren priorizar no seus concellos: se aos condutores de vehículos con estradas para que vaian rápido e cheguen antes aos seus destinos, ou aos veciños que transitan pola vila aumentando a seguranza viaria nas estradas. “Sabemos que os lombos son incómodos indo nos coches, pero non debemos ter medo a priorizar ás persoas, porque a demanda social en canto á seguranza viaria ten cambiado moito nos últimos anos: cada vez máis colectivos e veciñanza demanda actuacións de redución de velocidade”, asegurou. 

Participantes no acto de presentación 

 En canto ao desglose do Plan MÓVESE, o deputado de Mobilidade destacou que foi un traballo global no que se leva traballando dende hai máis dun ano coa participación e necesarias aportacións dos concellos. De feito, foron os gobernos locais os que remitiron as súas solicitudes –chegaron a ser máis dun millar- que logo foron valoradas polos técnicos provinciais. Practicamente actuarase en todas as vías provinciais nas que houbo solicitudes, se ben déixanse fóra estradas nas que están previstas ou en redacción outro tipo de actuacións máis globais, xa que incluirán de por si redutores de velocidade. Segundo dixo, en función dos resultados desta primeira fase, estudiarase a apertura dunha nova quenda de solicitudes. 

Actuacións 
 Por comarcas, en Pontevedra (Pontevedra, Vilaboa, Pontecaldelas, A Lama, Cotobade, Barro e Poio) haberá 70 novos lombos e 75 redutores. En O Morrazo (Cangas, Moaña, Marín, Bueu) haberá 37 novos pasos sobreelevados e 24 redutores, en Vigo (Vigo, Nigrán, Baiona, Gondomar, O Porriño, Salceda, Mos, Pazos, Fornelos, Redondela e Soutomaior) están proxectados 113 PPS e 37 redutores de vehículos.  

 No Baixo Miño (Tui, Tomiño e O Rosal) instalaranse 13 PPS e 26 RFVV, mentres que no Condado (Ponteareas, Salvaterra, As Neves, Mondariz) 28 e 10 respectivamente, e na Paradanta (Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente) serán 11 e 6.  Na zona do Deza, onde apenas houbo solicitudes, serán 5 os lombos a instalar e 14 os redutores para vehículos nos concellos de Lalín e Silleda. Na comarca de Caldas (Caldas, Portas, Moraña, Cuntis, Valga, Pontecesures e Catoira) instalaranse 25 PPS e 26 redutores, mentres que no Salnés (O Grove, Sanxenxo, Ribadumia, Vilanova de Arousa e Illa de Arousa) deseñáronse 35 PPS e 42 RFVV. 

 Para facilitar a execución dos traballos, e co obxectivo de que comecen as actuacións no mes de marzo –na primavera-, dividiuse o proceso de licitación en catro lotes ou proxectos de construción. O primeiro para Pontevedra e Morrazo (1,1 millóns de euros), outro para Vigo (1,2 millóns de euros), o terceiro para Baixo Miño, Condado e Padaranta (569.858 euros) e o último para Deza, Caldas e Salnés (933.692,53 euros). 

Xornadas se seguranza viaria 
 O Plan MÓVESE foi presentado por Uxío Benítez no marco da celebración das ‘Xornadas Sobre Seguranza Viaria. Métodos de Calmado do tráfico’ organizadas pola Deputación de Pontevedra con motivo do ‘Día Mundial de Recoñecemento das Vítimas de Violencia Viaria’, que coincidiu o pasado domingo día 20. Entre os asistentes estiveron a responsable provincial da Dirección Xeral de Tráfico, do Colexio Galego de Enxeñeiros, da Axencia Galega de Infraestruturas (Xunta de Galicia), da Fanpa, da Federación Galega de Ciclismo e outros colectivos ciclistas (Pedaladas, Bicicleando…), así como doutros colectivos vencellados coa mobilidade, xuntándose máis de 130 persoas. 

 A presidenta da Deputación, que abriu oficialmente o certame, reivindicou o necesario “xiro absoluto” que debe dar o tratamento á mobilidade, poñendo ás persoas como centro das actuacións en materia de infraestruturas viarias. “A nosa aposta estratéxica é a seguranza viaria. Hai un berro silencioso para loitar contra os accidentes de tráfico e as administracións deben ter como primeiro obxectivo aplicar medidas que permitan que as persoas gocemos dunha maior seguranza viaria. Temos que cumprir coas nosas obrigas e loitar por cambiar os hábitos”, dixo. 

 Silva agradeceu a presenza dos poñentes de Stop Accidentes, Dirección Xeral de Tráfico e Policía Local de Pontevedra e destacou que “é de agradecer a súa valentía por cambiar os modelos”. Así mesmo, salientou que a Deputación está no camiño de converter a provincia de Pontevedra nun referente en canto á seguranza viaria. “Iso aínda fará que a provincia sexa máis grande”, sentenzou. 

 Pola súa banda, o vicepresidente Mosquera lembrou que a provincia de Pontevedra é a provincia con maior número de sinistros, o que se reflicte nos seguros de coches máis caros de todo o estado español. Salientou que é grave eticamente que as administracións non tomen medidas que saben que poden aplicar á hora de corrixir a situación, polo que defendeu o traballo da Deputación de Pontevedra ao poñer en marcha un plan de choque como o MÓVESE. “Primeiro temos que ter consciencia do problema e, segundo, aprender algo de todos os lados e non escapar da realidade. Debemos tomar isto moi en serio porque se nunha rúa conseguimos menos mortos, menos feridos, menos sensación de perigo e máis habiltabilidade, obteremos unha das maiores satisfaccións da xestión pública. O reto paga a pena e non é tan difícil avanzar”. 

Relatores 
 Nas xornadas de seguranza viaria interviñeron a presidenta de Stop Accidentes Galicia, Jeanne Picard Mahaut; o xefe da Policía Local de Pontevedra, Daniel Macenlle; e o responsable da área de Mobilidade da Dirección Xeral de Tráfico, Pedro Tomás. 

Jeanne Picard Mahaut, presidenta de Stop Accidentes Galicia, na súa intervención

 Picard, que perdeu a seu fillo nun sinistro, comezou a súa intervención cun minuto de silencio polas vítimas da violencia viaria e destacou que os accidentes de tráfico supoñen “un problema de estado e de seguridade cidadá”. “Hai xente que aínda esconde as cifras de accidentes, e as familias queremos coñecer a verdade, porque é de xustiza… porque a xustiza é preventiva e coñecendo os erros coñeceremos as solucións”, defendeu.  

 Pola súa banda, Daniel Macenlle pediu tamén que as administracións, cada unha nas súas competencias, aposten por recuperar os espazos públicos para a cidadanía en lugar de deseñalos para os coches, e destacou, despois de expoñer os datos de efectividade da instalación de lombos de asno e redutores de velocidade no concello de Pontevedra, que é necesario apostar pola accesibilidade universal. “Para un carriño de bebé ou unha cadeira de rodas baixar 18 centímetros da beirarrúa á calzada é unha dificultade. Para un coche subir un lombo desa altura apenas hai complicación: teñen rodas e un motor”, explicou. Neste sentido, Macenlle puxo o exemplo da avenida de Marín, onde a autovía pasa a un carril e os condutores atópanse cun paso sobreelevado logo de sinais que obrigan a reducir a velocidade de 80 qm/h a 30 qm/h: “antes do primeiro lombo vemos que o asfalto está cheo de riscaduras. Temos unha porcentaxe de condutores, sobre os que temos que actuar, que non fan caso ás sinais de velocidade. Pero cando lles doe o coche, que estragan ao pasar a moita velocidade, pasan o segundo lombo como deben. Non lles queda outra saída. Os redutores físicos fan que estes condutores non teñan impunidade. Teñen que baixar a súa velocidade”, destacou. 

 Finalmente, Pedro Tomás, fixo un avance da ‘Estratexia T’, o plan marco de actuación da DXT para mellorar as travesías en todo o estado. O técnico sinalou a diferente tipoloxía destas vías entre Castela e Galicia e destacou que no caso galego existe un continuo urbano con diferentes núcleos rurais que fai que a mobilidade peonil nas travesías sexa moito máis elevada que noutras localidades. Seguindo a filosofía de todos os demais participantes nas xornadas, Tomás destacou que é preciso “superpoñer a calidade de vida das persoas que viven o transitan polos núcleos urbanos ou rurais ou o seu contorno á calidade da rede viaria pensada unicamente para os vehículos”. “O 69% dos atropelos evítanse reducindo a velocidade. É unha cuestión na que actuar”, afirmou.

MOVEMENTOS SOCIAIS

VIGO
Previsións da CIG o mércores día 23 de novembro

CIG / Vigo
- 11:00h diante do Hospital Álvaro Cunqueiro (entrada de consultas externas do andar -1). Concentración da CIG-Saúde para reivindicar un emprego digno e estábel para o persoal do Sergas, imprescindíbel para lograrmos unha sanidade pública e de calidade. 

- 11:30h diante de Asientos de Galicia (polígono de Valadares). Rolda de prensa da sección sindical da CIG para denunciar a negativa da dirección a incluír nas negociacións do convenio importantes cuestións relacionadas coa saúde e sinistralidade laboral. Aportaranse datos e casos concretos de accidentes laborais, lesións e enfermidades profesionais no marco da factoría, que sufriron un importante aumento desde 2010.

VIGO


CONFERENCIA EN LA GALERÍA SOHO, DE VIGO

TEMAS: PSICOLOGIA, ALQUIMIA Y HERMETISMO

JUEVES DÍA 24 NOVIEMBRE, A LAS 20:00 H., EN LA GALERÍA SOHO (PLAZA DE COMPOSTELA, 8 - VIGO)

Ponente: Cesáreo Hernández Novoa

Entrada libre


A GUARDA

ACTO DEL CCD GALICIA EN EL DÍA INTERNACIONLA CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO



Xermán Cordero Verde  
Coordinador Federal de CCD Galicia

 “NO ESTÁS SOLA, NO ESTÁS SOLO”. Este es el slogan que lanza el Ciudadanos de Centro Democrático de Galicia con motivo de su 5ª Campaña Contra la Violencia de Género. 

 Con motivo del Día Internacional Contra la Violencia de Género, CCD Galicia organiza su acto para la erradicación de esta lacra, que desde principios de año lleva 38 víctimas. 

 Este año los actos de CCD Galicia vuelven a sus orígenes, celebrándose en el Concello de A Guarda; serán el propio día 25 de Noviembre en la Praza del Reló (frente al Concello) a las 19:30 horas.

 Desde la agrupación de CCD A Guarda, encargada este año de llevar a cavo los actos, se hace una invitación a todos los vecinos y vecinas guardeses para que acudan a manifestar su solidaridad con las familias, de las 38 víctimas de violencia de género que van en este año.

DEPORTES

A AGRUPACIÓN DEPORTIVA BAIXO MIÑO PRESENTOU NO CONCELLO GUARDÉS A CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS DE A GUARDA 

Esta carreira está organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en colaboración co concello da Guarda e se celebrará o sábado 26 de novembro ás 10:30 horas no recinto do Cámping Santa Tecla, en Salcidos (A Guarda)

Coa colaboración nestes eventos, A Guarda quere deixar patente que unha das principais preocupacións do concello é apoiar ó deporte base e promocionar que todo o mundo, dende os máis cativos ata á xente maior, teña acceso ó deporte

Á presentación desta proba, dirixida a alumnos/as de colexios e clubs deportivos da comarca, acudiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz; o presidente da Agrupación Deportiva Baixo Miño, Alfonso Lorenzo; o xefe de Servizo da Secretaría de Deporte en Pontevedra, Daniel Benavides e o Xerente do Cámping Santa Tecla, José Coello Vicente
Foto: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 O Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu este martes día 22 de novembro, ás 10:30 horas, a presentación da carreira “Campo a través de A Guarda”. Esta carreira está organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en colaboración co concello da Guarda e se celebrará o sábado 26 de novembro ás 10:30 horas no recinto do Cámping Santa Tecla, en Salcidos (A Guarda).  

 Á presentación ante os medios de comunicación desta proba, dirixida a alumnos/as de colexios e clubs deportivos da comarca, acudiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz; o presidente da Agrupación Deportiva Baixo Miño, Alfonso Lorenzo; o xefe de Servizo da Secretaría de Deporte en Pontevedra, Daniel Benavides e o Xerente do Cámping Santa Tecla, José Coello Vicente.  


 O alcalde, ademais de agradecer aos organizadores e colaboradores da proba alí presentes, quixo destacar que “un ano máis A Guarda é sede dun campionato de atletismo”.  Coa colaboración nestes eventos A Guarda quere deixar patente que unha das principais preocupacións do concello é apoiar ó deporte base e promocionar que todo o mundo, dende os máis cativos ata á xente maior, teña acceso ó deporte. Tamén aproveitou o acto para felicitar a Lete Lasa, designado novo presidente do Consejo Superior de Deportes.  

 Tras as palabras do alcalde, Alfonso Lorenzo informou das principais características da proba e da labor da Agrupación, que trata de promover estas iniciativas nos concellos de Salceda, Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda. Nesta proba participan nenos e nenas destes lugares, que percorrerán diferentes distancias segundo as categorías por idades. As distancias van dende os 600 ata os 2.300 metros e se realizarán en circuítos trazados dentro do Cámping, do que quixo destacar o bo estado do terreo e as estupendas instalacións.  

 Pola súa banda Benavides felicitou á Agrupación Deportiva Baixo Miño pola súa tarefa como docentes e por terse convertido nun referente para as demais agrupacións xa non só na provincia, senón en toda Galicia, polo seu saber facer.  Polo momento hai 300 participantes inscritos, pero dende a organización esperan que a cifra final ronde os 400 ou 500 corredores. 

 Todos aqueles que desexen inscribirse poden facelo ata o xoves día 24 na web da Agrupación Deportiva Baixo Miño. 

 Dende o Concello anímase a todos os rapaces e rapazas da vila a participar dunha xornada de deporte e máis tendo en conta as previsións de que a meteoroloxía acompañe e se poda desfrutar dun soleado día.

A GUARDA

 O 24 de novembro ábrese o prazo de inscrición para o curso “Brincadeiras de sempre”

Dentro da acción da Deputación de Pontevedra Tecendo lazos  


Infogauda / A Guarda

 O concello da Guarda impartirá o vindeiro mes de decembro, a través da acción da Deputación Tecendo lazos, o curso “Brincadeiras de sempre”.  

 O programa Tecendo lazos, da Deputación de Pontevedra ten por finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre cos que se pretende crear espazos para o encontro entre diferentes xeracións poboacionais.  

 En concreto o curso “Brincadeiras de sempre”, que se impartirá na Guarda, busca que a través da construción de xoguetes tradicionais cos que se xogaba noutrora, pequenos e maiores interactúen e creen eses espazos comúns. Ademais, á súa vez, os pequenos terán a oportunidade de amosar aos seus familiares os xoguetes e xogos actuais.   

 O curso terá unha duración total de 16 horas e comezará a mediados do mes de decembro. Nel poden participar todas as persoas que o desexen, de todas as idades. Terán preferencia aquelas que se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións: avós/avoas e netos e netas; pais/nais e fillos/as, etc. Os nenos e nenas de entre 13 e 17 anos que queiran acudir sós deben achegar o consentimento da nai/pai ou titor/a. No caso dos menores de 13 anos, só poderán asistir se van acompañados dun titor.  

 O prazo de inscrición estará aberto dende este xoves 24 de novembro ata o venres 9 de decembro. As inscricións se realizarán a través dunha solicitude que poden recoller na OMIX e que deberán achegar xunto cunha fotocopia do DNI e o xustificante de empadroamento.