O BNG do Baixo Miño defende unha AP-9 galega sen peaxes
Infogauda / Baixo Miño
O BNG lanza unha ofensiva de mobilización social baixo o lema "AP-9 galega e sen peaxes "como novo paso no obxectivo de acadar a transferencia desta autoestrada e poñer fin ao que cualifican de “estafa legalizada” das peaxes, nas que 20.000 galegos desembolsan 300.000 euros diarios a Audasa, unha media de 15€ por día e usuario, nun País que ten os segundos salarios máis baixos do estado.
Así pois, desde o BNG do Baixo Miño animan á veciñanza da comarca e aos colectivos de transportistas a participar de xeito masivo ao acto de protesta que terá lugar o vindeiro sábado día 26 de novembro, ás 11:00 horas, na peaxe de Figuerido, en Pontevedra, pagando o importe con céntimos realizando así un bloque reivindicativo. Esta acción vaise levar adiante polo BNG en tódalas peaxes da AP-9 para rematar co despropósito de que viaxar da Coruña a Vigo (130 Km) sexa máis caro en peaxes que viaxar desde Coruña a Madrid (500 Km).
Ningún comentario:
Publicar un comentario