EU TOMO PARTIDO, E TÍ?
25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero
Concello do Rosal / O Rosal
Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, o Concello do Rosal quere comprometerse dun xeito especial implicando a cada colectivo que ten representación na nosa sociedade. Este ano o profesorado, que ven traballando de xeito moi comprometido coa xente máis nova do noso concello, formando, coidando e guiando aos nosos fillos e fillas, quere amosar o seu desacordo con esta lacra. Por iso únese á campaña “EU TOMO PARTIDO, E TÍ?”.
O colectivo do profesorado, ten un peso fundamental xa que fai unha labor de concienciación dentro das aulas pero tamén fora delas, traspasando o centro educativo, chegando ás familias e en definitiva a toda a sociedade. Este ano contamos coa colaboración desinteresada dalgún dos profesores e profesoras máis recoñecidos/as e queridos/as do noso Concello.
Participan no proxecto: Ana Sofía Rodríguez Pereira, directora do CPI Manuel Suárez Marquier e profesora de educación primaria; Moncho Fernández Leal, profesor de educación primaria na unitaria de Fornelos; Loli Sánchez Blázquez, profesora de apoio educativo en educación secundaria; Manolo Alonso Macías Jorreto, profesor de educación primaria na unitaria de Pías; Sonia García Castiñeira, profesora de inglés en educación secundaria; Xosé Manuel Méndez Díaz, xefe de estudos de educación primaria e profesor de música; Pablo Alexis Rodríguez Soler, profesor de tecnoloxía en educación secundaria; Esperanza Iglesias Vilacha, directora e profesora do CRA María Zambrano; Mª Teresa Iglesias Pena, profesora de educación primaria no CPI; Lobina Santoke Basanti, profesora de educación primaria no CPI.
Moitísmas grazas a todas e todos pola súa participación e pola contribución tan importante que fan á sociedade.
¡¡Grazas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario