20 de feb. de 2016

A GUARDA

O DESFILE-CONCURSO DE ENTROIDO, 2016 PECHOU O CICLO CON ÉXITO DE PÚBLICO


O Desfile-Concurso do Entroido estivo amenizado por unha charanga
Foto: Infogauda        


Infogauda / A Guarda


 Non pudo ser no Martes de Entroido, debido a climatoloxía adversa, nin na data posterior que fora anunciada, máis foi no sábado día 20 de febreiro, en plena Cuaresma, cando o tempo déunos unha merecida tregua, e por fin puderon sair á rúa os entroideiros, que certamente xa tiñan gañas de facelo. E fixéronno diante dunha moitedume de público que ateigaba ás beirarrúas da vila de A Guarda, e que disfroitou ollando o espectáculo visual que ofreceron os concursantes individuais, os grupos, as comparsas e a charanga, todos eles precedidos por un vehículo da Policía Local que abría o desfile - obviamente sen participar no concurso -, e pechábano varios voluntarios de Protección Civil, outra unidade móbil da PL, e un vehículo de Protección Civil. 

 O desfile-concurso non foi o nunca visto. Xa houbo edicións precedentes máis brillantes, todo hai que deci-lo, pero sí houbo participantes que luciron vistosas indumentarias e algún destacou polo seu corido. Do que se trataba, non era nin máis nin menos, que pechar o ciclo do Entroido. E pechar pechouse, ainda que non sen certos comentarios críticos a algún cárrego público con adicación parcial. Xa se sabe, sempre hai quen está o quite de todo e hoxendía moito máis. Sobor de todo cando se trata de premios en metálico.

 Pola nosa parte, queremos salientar que grazas a ese evento, este sábado pola tarde, a vila de A Guarda tivo moita animación, e iso é un feito que valoramos como moi positivo.

 GALERÍA DE IMAXES

MOUGÁS (OIA)

Medra o arboreto de Mougás

· A mañá do venres día 19 de febreiro, plantáronse outras 40 árbores máis no arboreto.

· A maioría das árbores foron doadas por persoas de todo o mundo durante a campaña de micromecenado Costa dos Castros

· Entre as especies plantadas, varias autóctonas galegas recuperadas polo Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, do CSIC


Escolares do CEIP Mestre Manuel García, de Oia axudaron a plantar ás árbores
Fotos: Costa dos Castros

Úrsula Neilson / Mougás

Case noventa escolares do CEIP Mestre Manuel García, de Oia, axudaron a plantar corenta árbores para un xardín botánico de diferentes especies arbóreas, impulsado pola Comunidade de Montes de Mougás no marco do proxecto Costa dos Castros.

É novo aínda, pero o arboreto de Mougás xa ten varias historias que contar. Comezou a medrar en 2015 coa axuda de escolares de Oia e Santiago. Foi tamén nese ano cando se lanzou una campaña de micromecenado para ofrecer a posibilidade á xente de comprar unha árbore e apoiar a iniciativa.

Así sumáronse 37 árbores, grazas á colaboración de persoas de todo o mundo dentro do micromecenado que o proxecto Costa dos Castros lanzou xunto coa empresa social británica DigVentures. Estas árbores son as que escolares de Oia plantaron o pasado venres coa axuda da Asociación de Veciños de Mougás.



Cada árbore vai acompañada dunha etiqueta co nome científico, nomes comúns en galego e inglés e tamén o nome do seu doante. Nalgún caso, o doante elixiu dedicar e regalar a súa árbore a un ser querido, á súa parella, aos seus pais, fillos,..., ou incluso a toda a familia, como foi o caso de Nieves Vidal.

Nieves Vidal soubo do proxecto Costa dos Castros nunha visita guiada á escavación no castro da Cabeciña (Mougás) en agosto 2015. Cando viu que tiña a posibilidade de colaborar económicamente, non o dubidou. Debido ao seu traballo – no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IAG) do Consello Superior de Investigacións Científicas – ten unha sensibilidade especial cara ao proxecto do arboreto. Ademais, ten unha vinculación familiar coa zona, dende que os seus pais fixeron unha casa en Pedornes (Oia) canda era unha rapaza.

Nieves mercou nove árbores a través do micromecenado Costa dos Castros, pero ademais involucrou ao IAG para aportar outras 20 árbores de diversas especies autóctonas galegas recuperadas por este instituto. A Ameixeira Collón de Frade Negro, a Cerdeira de Viño, a Pereira Manteiga País e o Bidueiro de Santiago son algúns dos curiosos exemplares doados.



As árbores do IAG súmanse a castiñeiros, sobreiras, loureiros, diferentes árbores froiteiras, e así ata corenta especies diferentes que foron plantadas no aboreto de Mougás.

O arboreto atópase debaixo da Casa Forestal de Mougás, no inicio da pista que vai cara as pozas de Mougás e o castro da Cabeciña. A Comunidade de Montes espera nos próximos anos crear unha senda botánica entre o arboreto e A Cabeciña, substituíndo os eucaliptos, que xa se empezaron a talar este ano, por novos exemplares das especies do arboreto. 

Esta iniciativa da Comunidade de Montes de Mougás forma parte do proxecto Costa dos Castros, que nas próximas semanas presentará a súa programación para 2016 e unha nova campaña de micromecenado.

BURGUEIRA (OIA)

AS VOSAS IMAXES

RUTA POLO POZO DO ARCO /BURGUEIRA: NATUREZA A CACHÓN


GALERÍA DE IMAXES

MEMORIA

OS VOSOS VÍDEOS

DOCUMENTAL: Septiembre del 75

Antifeixistes Pv


Flor, la hermana de José Humberto Baena, prosigue la incansable lucha que llevaron a cabos sus padres hasta el final de sus días: reivindicar la inocencia y la memoria de su hermano. Baena era militante del FRAP y murió fusilado el 27 de septiembre de 1975 tras un Consejo de Guerra sumarísimo. Había sido acusado del atentado que mató al policía Lucio Rodríguez. En el proceso no se presentaron pruebas materiales ni hubo testigo alguno. Xosé Humberto siempre mantuvo ante su familia que era inocente.   

Título original Septiembre del 75  
Año 2009 
Duración 85 min. 
País [España] España 
Director Adolfo Dufour  
Guión Adolfo Dufour 
Música José Ángel Lázaro 
Fotografía Miguel Ángel López, Pablo Mínguez 
Reparto Documentary, Alberto San Juan 
Productora Pantalla Partida / New Atlantis 
Género Documental  

A GUARDA

Aberto o prazo para participar no Programa “Benestar en Balnearios”  


Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda informa que está aberto o prazo para participar no Programa "Benestar en Balnearios", que promove á Xunta de Galicia. 

 Os requisitos que deberán cumplir ás persoas solicitantes son os seguintes:

a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez [ou] outras pensións.   

b) Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónomade Galicia.  

c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes. 

d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou conductuais, non compensados, que poidan alterar a normal  convivencia durante o transcurso da quenda.  

e) Carecer de contraindicación médica  para a recepción dos tratamentos termais.   

A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu ou da súa cónxuxe ou, se fose o caso, da parella de feito ou persoa con que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro.

 Nova relacionada.

O ROSAL

CURSO DE APLICADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS


Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal informa que vai a impartirse un Curso para obter o carné de aplicador/a de produtos fitosanitarios. O mesmo tempo lembra que dende o pasado día 26 de novembro é obrigatorio estar en posesión deste carné para poder mercar e aplicar produtos fitosanitarios. 

 Toda aquela persoa que estea interesada en asistir ao curso de aplicador/a de produtos fitosanitarios terá que inscribirse no Concello do Rosal.

O ROSAL

O CONCELLO DO ROSAL CONMEMORA O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A Concellería de Cultura convida a tódolos cidadáns a achegarse a Biblioteca Municipal, o día 24 de febreiro, ás 19:30 h., para compartir á obra da poetisa do Sar


PONTEVEDRA.

Presentación da reedición de Historias de Compostela, de Xosé Filgueira Valverde 

O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora coeditan, traducidas ó galego, as Historias de Compostela de Filgueira Valverde, libro que se presentará o mércores 24 de febreiro, ás 20 horas no salón de actos do Sexto (Museo de Pontevedra).



Infogauda / Pontevedra

Unha das obras fundamentais de Xosé Filgueira Valverde (Pontevedra, 1906-1996) é esta Historias de Compostela, que viu a luz en 1970 na editorial compostelá Bibliófilos Gallegos e aparecen agora por vez primeira traducidas ao galego.  

No novo limiar que acompaña a presente edición, o arquitecto e ex alcalde de Santiago Xerardo Estévez, resume así a esencia das dezasete crónicas que integran este volume: “Hai na obra de Filgueira un ostinato compostelán coa súa historia propia e europea, que vai do acibeche ou o gravado á grande arquitectura, de Xelmírez a Quevedo, das cantigas afonsinas ao esplendor do Camiño”. 

Foron varios os centos de traballos que Xosé Filgueira dedicou ao seu adorado Santiago. Nestas Historias o escritor vese a si mesmo coma un “recomptador”, ou recompilador, daqueles que andaban os camiños da vella Europa contando relatos e cantando melodías, dos que armaban crónicas para facer máis doada a peregrinación de todos aqueles que ansiaban Compostela

PORTUGAL

PATRIMONIO

Forte de S. Joám da Foz do Douro


Forte de S. Joám da Foz do Douro


José Buiza Badás


 Este IIP, por Decreto de 6 de Outubro de 1967, conjuga umha miscelánea construtiva que abrangen aquela embocadura do Douro umha capela-farol chamada de S. Miguel do Anjo, a Igreja seiscentista de  S. Joám da Foz e a quinhentista e interiorizada igreja do Castelo, do mesmo orago. A conjunçom de aparências civis e militares por força e mérito, alinha um evoluir de estruturas abaluartadas em adequaçom às pre-existências. Estas chaves mestras do urbanismo barroco acabam por afigurar conjuntos mistos de dominio linear castrense.

 Com fases construtivas de entre 1570, 1646 e 1653 o forte reúne umhas mediçons de 90 m. entre os bastions NOE e SE e 98 m. entre bastions SOE e NE., sendo que as cortinas já enformam umha planta rectangular com a equaçom de 16/16 metros e 38/38 metros. Esta planimetría vê-se reforçada por um barbacám exterior de 18 lados, perfeitamente irregular que chama a atençom polo número de faxinols e troneiras em capialço. Este contém interrupçons murárias na sua projeçom terrena e nom há descuramento portanto dumha  defesa constituida de facto por estranhos arrevelinamentos: 1 na porta expresso; um outro revelím deslocado do lado Oeste e mais outro insinuado ao Sul; nom faltando dentes de serra nesse concreto lado.

 Na realidade o recinto perimetral interno reúne 3 bastions e 1 semibaluarte a agocharem unidades habitacionais a 4 vertentes que lembram as cubriçons tavirenses. O pátio interior, ao que se acede desde um corredor arcado, semelha um longo espaço focalizado na realidade para umha cúpula impresionante de forma hexagonal. Lá se manifestam em eventos noturnos os espessores dos muros, o classicismo dos elementos quinhentistastais como esses modillons sob as cornijas da cúpula, as duas pilastras com caneluras, esse arco fibrado, os aparelhos todos e o valor dos espaços focalizados entre vazios de pretensa ruína.

 As alvenarias presentes som multifacetadas: tijolos em troneiras, alternancias de pedra miúda, média e graúda, cantos regularizados, cunhais cuja arista aparece galbada, etc.. Umha obra compacta, sólida, com cordóm a toda a volta e somente 2 guaritas (umha delas só com lámpada e corpo; a outra recuada dos parapeitos). 

 No arco de entrada, neoclássico e com data de 1796 que fica protelado mercê dos adintelamentos manifestados empadieiras e duplas pilastras, desequipadas no aspecto externo e até estético, graças às peças de silharia, adverte-se um dominio do recto sobre o curvo e um frontón baixo   que poderia consumar ainda mais os sobressaltos lineares gerais e a inegável força do classicismo.

 No início do século XIX alterou-se a envolvente tanto que o forte ficou mais longe da barra. Hoje é local de culto onde conferirmos a força das marés a galgarem tudo quanto é sítio e onde o verbo “passear” atinge a sua máxima expressom domingos e feriados entre os tripeiros. Esta súmula de arquiteturas religiosas e militares fai um resumo contundente da história da cidade invicta, constituindo um manual perfeito para todo tipo de públicos.

RPI

CULTURA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa '2ª Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza' que comeza hoxe en Santiago 

O secretario xeral de Política Lingüística lembra que “a colaboración enmárcase nas accións de desenvolvemento da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía” 

Os actos desenvolveranse en Braga, Santiago e Padrón ata o vindeiro día 27 e contarán coa participación de Valentín García


Infogauda / Santiago de Compostela

A '2ª Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza' bota a andar hoxe sábado co obxectivo de tender pontes entre as dúas beiras do Miño arredor da figura de Rosalía de Castro co gallo dos 179 anos do seu nacemento, que se cumpren o vindeiro mércores.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, na nova edición deste evento, unha colaboración que se enmarca nas accións de desenvolvemento da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, coa que a Xunta de Galicia promove as relacións cos países de fala portuguesa.
Primeiras xornadas da 2ª edición 
Santiago de Compostela é o escenario do primeiro dos actos programados para esta semana cultural. Hoxe ás 13:00 horas, colocarase un ramo de flores na praza José Afonso, onde o cantautor que lle dá nome interpretou, en 1972 e por primeira vez, o 'Grândola, Vila Morena'. Pola tarde, a homenaxe a Afonso continúa en Padrón, na sede da Fundación Rosalía de Castro, cun concerto ás 19:00 horas.

Desde o martes, as actividades desta 2ª semana cultural trasládanse á cidade portuguesa de Braga. Ese día terá lugar o coloquio 'Minho/Galiza, 2000 anos de maos dadas'.
O mércores, xornada da celebración do nacemento da autora de “Follas Novas”, a organización ten preparada unha gran homenaxe na súa honra na mesma cidade, na que participarán Uxía e o grupo musical portugués 'Galandum Galundaina'.
Participación da Consellería
O xoves é o día no que a Secretaría Xeral de Política Lingüística confirmará, coa súa presenza en Braga, a importancia da consolidación dos “intercambios culturais entre as dúas beiras do Miño”, tal e como indicou o seu secretario xeral, quen lembra que “a colaboración enmárcase nas accións de desenvolvemento da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía”, coñecida popularmente como Lei Valentín Paz-Andrade.

Valentín García destacou, ademais, o “impulso do Centro de Estudos Galegos”, nacido en 1997 ao abeiro dun protocolo asinado entre a Universidade do Minho e maila Xunta de Galicia.
O secretario xeral de Política Lingüística participará o xoves no descubrimento dunha placa alusiva á converxencia Portugal – Galicia na rúa Rosalía de Castro de Braga, e ás 21:30 horas -hora local- intervirá nun acto multidisciplinar con coloquio, debate, tertulia e música.
Proxección do galego desde o ámbito lusófono
Logo da entrada en vigor, en marzo de 2014, da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e dos vínculos coa lusofonía -a coñecida como Lei Paz-Andrade-, que ten como obxectivo aproveitar a vantaxe lingüística do galego na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa, a Xunta de Galicia contempla na súa axenda de traballo accións estratéxicas de promoción das relacións cos países de fala portuguesa.

Estas accións reforzan outras postas en marcha previamente pola Administración autonómica para impulsar a proxección internacional do galego desde o ámbito lusófono, como as que posibilitan o achegamento á lingua e á cultura galegas desde os sete centros de estudos galegos cos que conta a Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia en Portugal e no Brasil.

CULTURA

Román Rodríguez inaugurou hoxe a sala de arqueoloxía do Museo Casa do Patrón, un proxecto cultural pioneiro para a posta en valor do patrimonio local 

O conselleiro de Cultura e Educación estivo acompañado no acto polo presidente da Asociación de Amigos do Museo Casa do Patrón, Manuel Blanco Villar 

Rodríguez subliñou a importancia da iniciativa para Lalín e a comarca do Deza no eido cultural, turístico e económico  

Vista parcial de unha das salas de exposicións da Casa do Patrón, en Lalín
Foto: Infogauda


Infogauda / Lalín

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta mañá na inauguración da Sala de Arqueoloxía da Aurelia do Castro de Doade, no auditorio do Museo Etnográfico Casa do Patrón de Codeseda. O conselleiro estivo acompañado no acto polo presidente da Asociación de Amigos do Museo Casa do Patrón e director do propio centro, Manuel Blanco Villar, a concelleira de Cultura, Lara Rodríguez Peña, o director das escavacións no xacemento de Doade, Erik Carlsson-Brandt Fontán, e o arqueólogo David Fernández.
Román Rodríguez destacou na súa intervención a importancia do traballo que desde a Casa do Patrón se vén realizando en prol da cultura da comarca do Deza, e que ten efectos positivos tanto para o turismo como para a economía local. O conselleiro explicou que, froito da autorización do depósito autorizado pola Xunta de Galicia, a iniciativa liderada desde a Casa do Patrón para abrir esta Sala de Arqueoloxía é hoxe un proxecto pioneiro na posta en valor do patrimonio arqueolóxico no ámbito rural galego.
Coa apertura deste espazo achegaráselle á xente o seu pasado, non só contándolle como puido ter sido, senón amosándolle no seu contexto inmediato pezas reais que formaron parte da vida cotiá dos habitantes desta terra hai máis de 2.000 anos.
Máis de 3.500 pezas para coñecer a historia

Nesta nova sala expóñense en dúas vitrinas os fragmentos de pezas máis representativos dos 3.521 achados das catas realizadas na Aurela do Castro. Trátase de pescozos, galbos, líticos, diversos materiais metálicos e restos de pallabarro das vivendas, etc. Todos estes materiais foron datados entre os séculos IV e I a.C. Así mesmo, amósanse distintas réplicas de cacharros localizados noutros castros galegos, láminas explicativas e maquetas e recreacións que achegan dun xeito didáctico ao visitante a vida castrexa.

A maiores, na sala pódese comparar a cerámica de fai máis de 20 séculos coa de fai 100 anos, ao terse instalado un andel con cerámica dos catro centros artesáns aínda vivos en Galicia: Bonxe, Buño, Gundivós e Niñodaguia. Finalmente, este novo espazo museal conta cun local dedicado a almacén para o resto de pezas non expostas e ten un deseño adecuado para a mostra e almacenamento dos materiais de vindeiras actuacións.
Colaboración transversal

A colaboración da Consellería con esta institución museística non se limita a este depósito autorizado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e ao asesoramento técnico realizado desde o servizo de Museos. Adicionalmente, o Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) ten en depósito no Museo Etnográfico Casa do Patrón un total de 74 pezas entre fondo material e pezas bibliográficas coas que se recrean aulas históricas.

Ademais, Cultura e Educación e o Museo teñen renovado o pasado outubro un protocolo de colaboración co fin de difundir e potenciar a etnografía e tradicións galegas entre o alumnado desde o propio complexo centro. Así, a Asociación ofrece visitas guiadas aos escolares polos tres edificios dedicados á exposición permanente, constituída por máis de 4.500 pezas que representan profesións tradicionais.
Finalmente, tamén ao abeiro deste proxecto, desenvólvense diferentes actividades formativas dirixidas ao alumnado das distintas etapas educativas, así como labores de difusión dos traballos tradicionais e accións que axuden a complementar a formación do profesorado neste eido.

CAMINHA

Câmara promove percurso "Com vista sobre o mar da Ínsua"

Percurso insere-se na programação do Fim de Semana Gastronómico


Infogauda / Caminha

A Câmara Municipal de Caminha vai promover o percurso pedestre “Com vista sobre o mar da Ínsua” no dia 27 de fevereiro. Este percurso insere-se na programação do Fim de Semana Gastronómico que vai decorrer no concelho de Caminha de 26 a 28 de fevereiro.

Com inicio às 9h00, junto à Loja Interativa de Turismo de Caminha, este percurso pedestre com 14 quilómetros vai atravessar Caminha, Cristelo, Moledo, Santo Antão e Caminha. “Com vista sobre o mar da Ínsua” vai possibilitar aos participantes uma das vistas mais deslumbrantes do concelho de Caminha.

A participação no percurso é gratuita, mas a inscrição é obrigatória. Assim, os interessados deverão proceder à respetiva inscrição através do email cisa@cm-caminha.pt ou do telefone 258 721 708 ou ainda do telemóvel 914 476 461.
Este percurso pedestre é uma das ofertas do Fim de Semana Gastronómico que vai decorrer no concelho de Caminha de 26 a 28 de fevereiro. Esta edição apresenta à mesa dos restaurantes aderentes o robalo escalado do mar da Ínsua e o leite creme queimado. O programa não se esgota no percurso, as possibilidades são muitas: Feirão de Tradições – os sabores do campo nas duas vilas do concelho; 4ª Regata Troféu Remo Jovem/Master – ARN, com largada e chegada na Beirado do Rio em Lanhelas; Sábado com Zumba em Caminha (aula com a instrutora Gabriela Duarte) e Sábado com Zumba em Vila Praia de Âncora (aula com a instrutora Dália Araújo); concerto no Valadares, Teatro Municipal de Caminha com “We Trust” (bilhetes à venda nos Postos de Turismo de Caminha e de Vila Praia de Âncora). Para além das iniciativas descritas, os visitantes ainda podem visitar o Museu Municipal de Caminha, o Núcleo Museológico da Memória, Artes e Ofícios de Riba de Âncora e os Moinhos D’Apardal também na freguesia de Riba de Âncora e o Centro de Interpretação Museológica do Vale do Âncora, em Vila Praia de Âncora.

CAMINHA

Fim de Semana Gastronómico de 26 a 28 de fevereiro

Certame apresenta o “Robalo Escalado do Mar da Ínsua” e “leite creme queimado” à mesa dos restaurantes aderentes; descontos no alojamento local aderente e um cartaz de animação multifacetado



Infogauda / Caminha 

De 26 a 28 de fevereiro, o concelho de Caminha promove o Fim de Semana Gastronómico, um certame que junta a gastronomia com a ementa “Robalo Escalado do Mar da Ínsua” e “leite creme queimado” nos restaurantes aderentes; o alojamento local com descontos nas noites de sexta-feira e sábado e a animação com um programa multifacetado.

Este certame tem como objetivos promover as potencialidades do concelho, com destaque para a gastronomia local, os restaurantes e unidades de alojamento aderentes, o desporto, a música, os museus, os núcleos museológicos e os centros de interpretação.

Assim de 26 a 28 de fevereiro, os 35 restaurantes aderentes vão destacar nos seus cardápios o “Robalo Escalado do Mar da Ínsua” e o “leite creme queimado”, iguarias gastronómicas do concelho de Caminha, e vão oferecer um desconto de 10% no valor do prato e da sobremesa do jantar de sexta-feira. As 11 unidades de alojamento situadas em Cristelo, Dem, Âncora, Seixas, Moledo, Vila Praia de Âncora e Caminha também se quiseram juntar ao certame e vão oferecer um desconto de 15% aos visitantes nas noites de sexta-feira e sábado.

A gastronomia rica e variada é um dos polos de atração que “chama” milhares de visitantes, em qualquer altura do ano, ao concelho de Caminha para degustarem o robalo, a lampreia do Rio Minho, o sável, a sardinha de Vila Praia de Âncora, o espadarte, o cabrito à Serra d’Arga, os doces, entre muitas outras iguarias. Contudo, o Município ultimou um programa de animação multifacetado para complementar a oferta turística.

Feirão de tradições, regata de remo, percurso pedestre, aulas de zumba, concertos, visitas a museus, núcleos museológicos e centros de interpretação são as atividades que integram o programa do Fim de Semana Gastronómico 2016.

No dia 27 de fevereiro as possibilidades são muitas.

Nas praças de Caminha e de Vila Praia de Âncora é possível comprar os produtos agrícolas da época no Feirão de Tradições – Os Sabores do Campo. A feira abre às 9 horas nas duas vilas.

Com inicio às 9h00, junto à Loja Interativa de Turismo de Caminha, vai decorrer o percurso pedestre Com vista sobre o mar da Ínsua”. Com 14 quilómetros, este percurso vai atravessar Caminha, Cristelo, Moledo e Santo Antão. A participação no percurso é gratuita, mas a inscrição é obrigatória. Assim, os interessados deverão proceder à respetiva inscrição através do email cisa@cm-caminha.pt ou do telefone 258 721 708 ou ainda do telemóvel 914 476 461.

A partir das 10 horas, no Rio Minho, em Lanhelas, os amantes do desporto rei do concelho “o Remo” podem assistir à 4ª Regata Troféu Remo Jovem / Master – ARN, organizada pelo Sporting Club Caminhense.

Da parte da tarde, pelas 15 horas, a zumba está em destaque nas duas vilas. Em Caminha, vai decorrer uma aula na Praça Conselheiro Silva Torres, com a instrutora Gabriela Duarte. A Praça da República em Vila Praia de Âncora acolhe outra aula de zumba com a instrutora Dália Araújo.

O dia termina com o concerto de We Trust no Valadares, Teatro Municipal de Caminha. os bilhetes encontram-se à venda na Loja Interativa de Turismo de Caminha e no Posto de Turismo de Vila Praia de Âncora. 

Nos dias 27 e 28 de fevereiro, o Museu Municipal de Caminha, o Núcleo Museológico do Centro Histórico de Caminha, o Núcleo Museológico da Memória, Artes e Ofícios de Riba de Âncora e os Moinhos D’Apardal também na freguesia de Riba de Âncora e o Centro de Interpretação Museológica do Vale do Âncora, em Vila Praia de Âncora, estão abertos e as visitas são gratuitas mediante marcação.

O Fim de Semana Gastronómico é organizado pelo Município de Caminha no âmbito da iniciativa Fins de Semana Gastronómicos promovido pelo Turismo do Porto e Norte de Portugal.

O ROSAL

DESFILE-CONCURSO DE  ENTROIDO CONCELLO DO ROSAL 

Domingo día 21 de febreiro, a partir das 11:00 h.

Compoñentes de varias comparsas nunha edición precedente do Desfile-Concurso de Entroido do Rosal
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

O Desfile-Concurso de Entroido, que organiza o Concello do Rosal, terá lugar este domingo día 21 de febreiro á partir das 11:00 horas.

A GUARDA

DEPORTES

OS EQUIPOS INFANTIL E FEMININO DE A GUARDA HOCKEY LIÑA XOGARÁN O DOMINGO EN LUGO


Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 En plena polémica pola falta de instalacións deportivas na Guarda e tralo peche esta seman do pavillón do Colexio As Solanas, lugar habitual de adestramento do clube guardés, mañá domingo os equipos infantil e feminino xogarán en Lugo a segunda Sede da Liga Galega de Hockey Liña.


 O equipo infantil de A Guarda Hockey Liña está composto por nenos e nenas da bisbarra con idades comprendidas entre os oito e os trece anos, sendo unha competición mixta. Xogaránse tres partidos, correspondentes ás xornadas catro, cinco e seis de esta categoría.