20 de feb. de 2016

A GUARDA

DEPORTES

OS EQUIPOS INFANTIL E FEMININO DE A GUARDA HOCKEY LIÑA XOGARÁN O DOMINGO EN LUGO


Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 En plena polémica pola falta de instalacións deportivas na Guarda e tralo peche esta seman do pavillón do Colexio As Solanas, lugar habitual de adestramento do clube guardés, mañá domingo os equipos infantil e feminino xogarán en Lugo a segunda Sede da Liga Galega de Hockey Liña.


 O equipo infantil de A Guarda Hockey Liña está composto por nenos e nenas da bisbarra con idades comprendidas entre os oito e os trece anos, sendo unha competición mixta. Xogaránse tres partidos, correspondentes ás xornadas catro, cinco e seis de esta categoría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario