O DESFILE-CONCURSO DE ENTROIDO, 2016 PECHOU O CICLO CON ÉXITO DE PÚBLICO
O Desfile-Concurso do Entroido estivo amenizado por unha charanga
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Non pudo ser no Martes de Entroido, debido a climatoloxía adversa, nin na data posterior que fora anunciada, máis foi no sábado día 20 de febreiro, en plena Cuaresma, cando o tempo déunos unha merecida tregua, e por fin puderon sair á rúa os entroideiros, que certamente xa tiñan gañas de facelo. E fixéronno diante dunha moitedume de público que ateigaba ás beirarrúas da vila de A Guarda, e que disfroitou ollando o espectáculo visual que ofreceron os concursantes individuais, os grupos, as comparsas e a charanga, todos eles precedidos por un vehículo da Policía Local que abría o desfile - obviamente sen participar no concurso -, e pechábano varios voluntarios de Protección Civil, outra unidade móbil da PL, e un vehículo de Protección Civil.
O desfile-concurso non foi o nunca visto. Xa houbo edicións precedentes máis brillantes, todo hai que deci-lo, pero sí houbo participantes que luciron vistosas indumentarias e algún destacou polo seu corido. Do que se trataba, non era nin máis nin menos, que pechar o ciclo do Entroido. E pechar pechouse, ainda que non sen certos comentarios críticos a algún cárrego público con adicación parcial. Xa se sabe, sempre hai quen está o quite de todo e hoxendía moito máis. Sobor de todo cando se trata de premios en metálico.
Pola nosa parte, queremos salientar que grazas a ese evento, este sábado pola tarde, a vila de A Guarda tivo moita animación, e iso é un feito que valoramos como moi positivo.
GALERÍA DE IMAXES
Ningún comentario:
Publicar un comentario