20 de feb. de 2016

A GUARDA

Aberto o prazo para participar no Programa “Benestar en Balnearios”  


Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda informa que está aberto o prazo para participar no Programa "Benestar en Balnearios", que promove á Xunta de Galicia. 

 Os requisitos que deberán cumplir ás persoas solicitantes son os seguintes:

a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez [ou] outras pensións.   

b) Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónomade Galicia.  

c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes. 

d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou conductuais, non compensados, que poidan alterar a normal  convivencia durante o transcurso da quenda.  

e) Carecer de contraindicación médica  para a recepción dos tratamentos termais.   

A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu ou da súa cónxuxe ou, se fose o caso, da parella de feito ou persoa con que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro.

 Nova relacionada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario