9 de nov. de 2016

A GUARDA

Don Disfraz, empresa ponente da terceira sesión de AFTERWORKS 

Este xoves día 10 de novembro, ás 20:30 h., na Casa dos Alonso    


Infogauda / A Guarda

 Este xoves, 10 de novembro, a Casa dos Alonso volve a coller unha nova sesión de AFTERWORKS ás 20:30 horas. Trátase da terceira data desta iniciativa organizada  dende o Concello da Guarda e dirixida a profesionais do Sector do Comercio.  

Na imaxe, os comerciantes participantes na primeira sesión
Foto: C. A. G.

 Tras as dúas primeiras sesións que contaron coa participación de Frutas Nieves, o 27 de outubro, e de Cervezas Nós, o 3 de novembro; a empresa ponente desta terceira data pertencerá á empresa Don Disfraz. Os asistentes escoitarán de boca de Roberto Domínguez (socio fundador) e Jesús Cortiñas (Responsable de Marketing), a historia e algunhas das claves que levaron a que esta empresa familiar de Ponteareas se posicione a nivel nacional como unha das empresas con maior número de vendas en disfraces e complementos, superando incluso a xigantes do comercio online como Amazon.   

 Deste xeito se completa, este xoves, o ciclo de tres ponencias que teñen como obxectivo que os participantes conten a súa experiencia para que logo os asistentes podan abrir un debate, sacar conclusións e extrapolar ideas para levalas aos seus negocios.  

 Por último, para rematar esta iniciativa, o día 17 de novembro haberá unha Mesa de Traballo para debatir as ideas e conclusións extraídas destas ponencias, nunha sesión de “Brainstorming e presentación de iniciativas innovadoras no Pequeno Comercio”.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario