A CASA DOS ALONSO ACOLLEU A XORNADA “CULTIVANDO IDEAS”
Coa presentación das conclusións do programa de orientación persoal e asesoramento profesional
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, tamén acompañou ós participantes do programa neste día, que marca un antes e despois na vida profesional de moitos dos participantes
Foto: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
O pasado sábado día 19 de novembro, ás 11:00 horas, tivo lugar na Casa dos Alonsos, a xornada de presentación das experiencias de mellora persoal e profesional dos participantes da iniciativa de formación que comezou co título “Sementando o teu futuro”. Un programa que foi impulsado dende o concello da Guarda desde xullo de 2015 co obxectivo de dar orientación persoal e asesoramento profesional.
Nesta xornada o grupo de persoas participantes quixeron expoñer o que supuxo, tanto a nivel formativo e profesional como persoal, participar neste programa. Así, comentaron as conclusións e ideas extraídas tras participar nunha iniciativa que tiña como obxectivo empoderar ás persoas para a procura de emprego, mellorar e potenciar as súas capacidades e valores a través dun programa pioneiro na comarca.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, tamén acompañou ós participantes do programa neste día, que marca un antes e despois na vida profesional de moitos dos participantes.
O alcalde aproveitou para dar a boa nova de que esta iniciativa de formación profesional terá continuidade grazas ao apoio dunha entidade financieira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario