15 de out. de 2016

O ROSAL


ARTE NA RÚA

Esta iniciativa parte do Concello do Rosal co obxectivo de potenciar a creación artística no noso concello  e de invitar a tódalas persoas a desfrutar da arte en diferentes espazos abertos do Rosal



Fonte: Concello do Rosal

 Esta iniciativa parte do Concello do Rosal co obxectivo de potenciar a creación artística no noso concello  e de invitar a tódalas persoas a desfrutar da arte en diferentes espazos abertos do Rosal.
COMO PARTICIPAR: Un dous propósitos do proxecto é fomentar a expresión artísitica na nosa poboación, e para tal fin quere buscar a implicación dá propia veciñanza. Vos propios veciños e veciñas son as persoas máis próximas e que mellor coñecen os seus lugares, por iso a colaboración é fundamental. Xente nova, persoas maiores, mulleres, homes, grupos, colectivos, todas as ideas son benvidas. Só fai falta que nos achegues a túa aportación e entre todos poderemos buscar ou xeito de levalo a cabo.
– Por unha banda buscamos paredes e muros: se queres cedernos unha parede para pintar un mural, sabes dun bo lugar non teu barrio, ou pensas que quedaría ben decorar algunha zona de paso, coméntanos a túa idea ou fainos chegar a túa achega.
– Se eres unha persoa creativa e con iniciativa artística, e cres que poderías deseñar un boceto para levalo a cabo nun muro do teu barrio, adiante, ponche en contacto connosco e buscaremos ou xeito de levalo a cabo.
– Se non tes moita idea de pintar ou debuxar, pero queres pasar un bo intre en familia ou entre amigos. Ponche en contacto e buscaremos a maneira de que colabores pintando nun mural.
TEMÁTICA: O Concello do Rosal, ten unha forte vinculación ca terra, polo que podemos partir como fío condutor con 3 temas: a cultura do viño, a horta e as rosas.
IDEAS: Todos os deseños, ideas e todas as propostas serán benvidas e valoraranse segundo a viabilidade do proxecto e a coherencia coa temática.
LUGARES DE INTERESE: Muros, paredes, columnas, espazos que pola súa situación podan ser pintados para embelecer as principais zonas de paso nos diferentes barrios do concello.
REALIZACIÓN: Tendo en conta a climatoloxía do Rosal, durante uns meses recolleremos as ideas principais e aportacións dos seus vecinos e veciñas para darlle forma e poder levar a cabo os deseños a partir do mes de marzo.
Se queres aportar a túa idea, participar no proxecto ou cedernos a túa parede….
CHAMA AO TELÉFONO 986 62 50 00

Ou escríbenos un correo electrónico a estas direccións:

Ningún comentario:

Publicar un comentario