15 de out. de 2016

O ROSAL

PLAN MARCO: MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIÓNS AGRARIAS 

O orzamento da obra civil, así como do control de calidade das obras, ascendía a 55.094, 93 € dos que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) achegou 45.533,00 €, cofinanciados con Feader ó abeiro do PDR de Galicia 2014-2020.

Foto: C. O. R.

Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal ven de rematar hai uns días as obras de mellora en camiños de titularidade municipal que pasan ou dan acceso a explotacións agrarias. En concreto, os camiños que foron obxecto das melloras atópanse no Carrascal (Pías) e en Pancenteo. 

 Ambos camiños xa se atopaban asfaltados, presentando un deterioro da capa de rodadura con aparición de fochancas que producían un paso irregular, polo que debido ó tránsito habitual de vehículos facíase necesaria unha intervención nos mesmos. 

 O orzamento da obra civil, así como do control de calidade das obras, ascendía a 55.094, 93 € dos que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) achegou 45.533,00 €, cofinanciados con Feader ó abeiro do PDR de Galicia 2014-2020.

Ningún comentario:

Publicar un comentario