16 de out. de 2016

DEPORTES

ATLETISMO

MANUEL FLORES CERQUEIRA, CAMPIÓN GALEGO DA MEDIA MARATÓN CIDADE DE PONTEVEDRA

Manuel Flores Cerqueira, a menos de 1 km da chegada
Foto:GMorais

Infogauda / Pontevedra

 Este domingo día 16 de outubro, celebrouse na cidade de Pontevedra o XXI Medio Maratón de Pontevedra, Campionato de Galicia desa especialidade, e compre salientar que na categoría Veteranos Homes (55 a 59), con un tempo oficial de 01:28:02, o vencedor e Campión de Galicia de Media Maratón, foi Manuel Flores Cerqueira, da Sociedade Atlética do Trega.

  Manuel Flores Cerqueira, natural de O Rosal, e veciño de A Guarda, correu a un ritmo de 04:11 / km, e acadou o posto 108 da clasificación xeral, de un total de 300 atletas de ambos sexos que entraron en liña de meta, e o posto 100, de un total de 265 homes que completaron a proba.

 O segundo posto desa categoría foi para Gerardo Pérez Lenza, do Verxel Nutrición, con un tempo oficial de 01:28:44.

 En terceira posición, chegou Antonio B. Fernández Hermida, do Atletismo Noia, que fixo un temp oficial de 01:28:59.

Ningún comentario:

Publicar un comentario