Celebración do I Certame Depo RúARTE
Terá lugar en Pontevedra o vindeiro venres día 7 de outubro, ás 18:00 horas
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello de A Guarda informa que "o vindeiro venres día 7 de outubro, ás 18:00 horas, terá lugar en Pontevedra a celebración do I Certame Depo RúARTE con todos e todas as representantes de cada un dos cursos que tiveron lugar nos concellos da provincia como parte deste programa.
A Deputación de Pontevedra convida a todas as persoas que o desexen a desfrutar desta xornada festiva e dar o seu apoio aos representantes locais asistindo a este evento. Para facilitar esta asistencia pon á súa disposición un autobús para desprazarse ata a cidade.
Neste acto, ademais, sortearase un iPad Mini entre todos os participantes. Para poder utilizar o servizo de transporte deberán anotarse chamando ao 986 614 546 ou no email informacion@aguarda.es, para o que terán de prazo ata o mércores día 6".
Ningún comentario:
Publicar un comentario