26 de xul. de 2016

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A PRAIA DO MUÍÑO ACOLLEU A XXV EDICIÓN DO CONCURSO DE FIGURAS DE AREA  


Vistar parcial dos participantes no concurso, na praia de Camposancos
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda


 O pasado domingo, día 24 de xullo, a Praia do Muíño, en Camposancos (A Guarda), acolleu unha das datas máis tradicionais do verán guardés, o Concurso de Figuras de Area, que este ano chegou á súa XXV edición.


A concelleira de Turismo e deputada provincial, Monserrat Magallanes Álvarez, con tres das nenas premiadas no concurso

 Con motivo do seu XXV aniversario mudáronse algúns aspectos dun concurso no que levan participado xa varias xeracións de guardeses e guardesas, moitos pais e nais dos actuais concursantes. A principal novidade está nas categorías. No apartado individual houbo  tres categorías segundo a idade: de 3 a 5 anos, de 6 a 10 e de 11 a 16 anos. Outra posibilidade era participar en grupos, unha modalidade na que había dúas categorías segundo a idade media; unha categoría ata 9 anos e outra a partir dos 10.


O presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez Martínez, con catro nenas premiadas no certame

 A mañá comezou coa inscrición dos nenos e nenas que viñan dispostos a pasar un bo rato facendo obras de arte na area, e que ademais tiñan asegurado un agasallo para todos. A inscrición fíxose das 11:00 ás 12:00 h., na propia praia do Muíño ata onde se achegaron unha morea de nenos e nenas da Guarda, doutros puntos do Baixo Miño e tamén había representantes de Vigo e arredores. Tamén se puideron ver familias de Lugo, Ourense ou Madrid que adoitan pasar o verán no noso concello.


A técnico de Cultura do Concello de A Guarda, Teresa Espejo Guardiola, con catro nenas premiadas 

 A partir das 12 horas deu comezo a proba, para a cal os participantes tiñan un espazo limitado e marcado na area. As categorías individuais dispuxeron dunha hora e as grupais dunha hora e cuarto, polo que o tempo para realizar as figuras rematou ás 13:15 horas. A partir dese momento hora o xurado, formado por tres xuíces por categoría, comezou a súa deliberación, unha labor complexa dado o alto nivel das obras propostas.


Rosalía Verde Pérez, técnico de Turismo do Concello de A Guarda, con catro das nenas premiadas no concurso de figuras de area

 Por último, e antes que os participantes puideran desfrutar dun soleado día de praia, anunciáronse os premiados, que recibiron unha medalla como agasallo. Os gañadores das diferentes categorías foron:

Nas categorías individuais:

- De 3 a 6 anos:
1º – Noa Carneiro González
2ª – Sabela Mauri Cadilla

- De 6 a 10 anos:
1º – Natalia Rodríguez Freitas
2ª – Nuria Martínez Alonso

- De 11 a 16 anos:
1º – Mimi Verde González
2º – Lara Rial Vicente e Sara Martínez Alonso (empatadas)

Nas categorías grupais:

- Pequenos: idade media ata 9 anos:
1º – Grupo nº 6 formado por Tecla Baz Baz, Alba Baz Baz, Daniela Rodríguez Adrover e Alicia Barciela Cacheiro.
2ª – Grupo nº 7 formado por Inés Cividanes González, Alba Vicente Cividanes, Irene Vicente Cividanes e Lea Picallo Álvarez.

- Maiores: idade media a partir de 10 anos:
1º – Grupo nº 8 formado por Lucía Ameal Pereira, Laura Álvarez Pérez, Eva Vicente Cividanes e Andrea Verde Mateos.
2º – Grupo nº 4 formado por Lucía Mínguez Quiroga, Raquel Quiroga Álvarez e Ruth Quiroga Álvarez.

 Deste xeito concluíu unha nova edición do Concurso de Figuras de Area da Praia do Muíño. O Concello da Guarda agradece e da a noraboa ós 119 nenos e nenas que participaron este ano, facendo desta XXV edición unha das máis exitosas e convídaos a todos e todas a volver o ano que ven e así manter a que xa se converteu nunha cita imprescindible do período estival para as familias guardesas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario