CULTURA
"CAMIÑOS DA IMAXE", ARQUIVO DE JOAQUÍN GARCÍA PORTELA, TODA UNHA HOMENAXE O FOTÓGRAFO E CINEASTA GUARDÉS "COSTIÑA"
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz - no centro da fotografía - na inauguración da exposición "Camiños da imaxe". Arquivo de Joaquín García Portela, que pode visitarse ata mediados de agosto na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
A Casa dos Alonso acolle desde o pasado venres
día 22 de xullo, a exposición “Camiños da imaxe”. Arquivo de Joaquín García
Portela. Unha mostra que constitúe toda unha homenaxe o fotógrafo e cineasta guardés
“Costiña”.
No acto de apertura, a concelleira de Cultura,
Elena Baz Rodríguez, salientou que desde o mesmo intre en que os membros de
Proxecto Socheo lles amosaron no Concello, as imaxes de cinema de Joaquín
García, quedou namorada delas. Por iso, non dubidaron en apoiar á proposta de
pór en valor o labor deste fotógrafo e cineasta.
Deseguido interviu Xurxo González Rodríguez
(Xurxo Chirro), para decir, en nome de Proxecto Socheo, que Joaquín García
Portela, ademais de haber sido un fotógrafo guardés de comezos do século XX, é o autor
das primeiras imaxes cinematográficas das que se ten coñecemento no noso pobo.
Xurxo Chirro esbozou unha sipnose biográfica
de Joaquín García Portela, salientando que “tivo unha formación autodidacta,
destacando entre os fotógrafos guardeses polo seu desexo e determinación por
percorrer con curiosidade os distintos caminos da imaxe”.
Tamén sinalou o vencello de Joaquín García
Portela con Vicente Vicente Táboas (propietario da imprenta onde se imprimía o
semanario “La Voz del Tecla”), e indicou ás tarefas profisionais que desenvolveu
(proxeccionista do Cine-Teatro Avenida, chofer,...) e incruso que emigrou a
América onde traballou como mecánico.
Xurxo Chirro fixo público o agradecemento de
Proxecto Socheo, ás institucions (Xunta de Galicia, Concello da Guarda,
Deputación de Pontevedra,... ), que colabouraron para facer posíbel esta
homenaxe a Joaquín García Portela.
A continuación, en nome da familia de Joaquín
García Portela “Costiña”, falou Ricardo Rodríguez Vicente, para agradecer á
presenza de tódalas persoas que asistiron a ese acto, e tamén as que acudirán
nos vindeiros días, para visitar á exposición.
Joaquín García Portela "Costiña", na cabina de proxeccións do Cine-Teatro "Avenida", de A Guarda
A continuación engadiu: “(...) As primeiras
referencias que ten este cronista que agora lles fala, sobre Joaquín García
Portela, retrotráennos os anos 70 do pasado século.
Ollando o material que súa familia logrou
conservar, logo do pasamento do fotógrafo en 1957, comezamos a soñar coa
posibilidade de organizar unha homenaxe na súa lemnbranza. Sen marcarnos unha
data concreta.
Sería fai dous anos, cando o reencontrarnos
coas bobinas das películas de cinema mudo que Joaquín había feito fai agora uns
90 anos, e que semellaban que se habían perdido, foi cando fixemos partícipes
dese achado a Xurxo González Rodríguez (Xurxo Chirro), de Proxecto Socheo. Nin
que decir ten que a ledicia de Xurxo, non se pode descreber con palabras. A
partires diso, o reto foi dixitalizar eses filmes. E temos que decir, que as
xestións de Proxecto Socheo cristalizaron satisfactoriamente.
Para os que como mín, descoñecíamos o contido
desas películas, cando a dixitalización chegou a bo fin, foi un verdadeiro
descobremento, xa que pudemos verificar as inquedanzas cinematográficas de
Joaquín García Portela, que polo de agora, constitúen ás primeiras imaxes de
cinema de un autor guardés, das que teñamos constancia.
Ese feito lévanos á seguinte reflexión: Que un
fotógrafo de A Guarda, fixese películas cinematográficas, fai uns 90 anos, ten
moito mérito. Por varias razóns, máis sobor de todo, pola condición periférica
da nosa localidade, e mesmo polo custe crematístico dos materiais necesarios.
Hoxendía todos, con maior ou menor creatividade, podemos facer gravacions de
calquer evento ou de calquer incidencia, por moi banal que nos poida parecer. E
non fai falla moito máis, tan soio aproveitar ás chamadas novas tecnoloxías, que
nos permiten subi-las a calqueira plataforma dixital e da-las a coñecer cáseque
instantáneamente. Na época de Joaquín García non era tan doado. Nin tan
económico.
A Joaquín García temos que agradecerlle súa
inquedanza por deixar esas testemuñas de noso pobo, e sobor de todo, seu labor
como fotógrafo, e máis concretamente como retratista.
Moitas familias de A Guarda, O Rosal, Oia, e
mesmo doutras localidades da nosa bisbarra, posúen fotografías de Costiña.
Fundamentalmente ás correspondentes as vodas, que ainda a día de hoxe podemos
comprobar seu óptimo estado de conservación, en moitas vivendas de familias
desta contorna.
Daquela non era costume facer grandes
reportaxes fotográficas. Se cadra, unha foto coas familias dos contraíntes e os
convidados, e logo á foto de estudo do novo matrimonio. E esa fotografía,
debidamente ampliada e enmarcada, era a que presidía a sala. A estancia
principal das vivendas dos nosos maiores. Como sabemos, esa foto acostumaba a
ter a seu carón, outras semellantes, correspondentes os ascendentes dos recen
casados. Alomenos así era, na nosa casa materna.
E xa para rematar pola nosa parte, en nome da
familia de Joaquín García Portela, queremos expresar nosa gratitude a tódalas
persoas, organismos e institucions que contribuiron a facer posíbel esta
homenaxe o fotógrafo Costiña.
Agradecemento moi especial a Proxecto Socheo e
o Concello de A Guarda, pola súa acollida e apoio incondicional; o CGAI (Centro
Galego de Artes da Imaxe), pola dixitalización das películas; a Consellería de
Educación e Cultura; a Deputación Provincial de Pontevedra; a AGADIC (Axencia
Galega das Industrias Culturais); a Asociación InfoMAXE, a Sociedade Filatélica
e Numismática Guardesa (SFNG), a Antonio Martínez Vicente, así como a tódalas persoas
que de un xeito ou de outro, contribuiron a que ese soño de fai algo máis de
catro décadas, sexa hoxe unha fermosa realidade.
En nome de toda á familia de Joaquín García
Portela, moitísimas grazas”.
Pechou o turno de intervencións o alcalde da
Guarda, Antonio Lomba Baz, quen fixo
fincapé na xenerosidade da familia de Joaquín García Portela por compartir o
material do arquivo deste fotógrafo, e sobor de todo as súas películas. O
alcalde salientou que ás imaxes que todos podemos ollar son unha verdadeira
maravilla, xa que nos amosan como era o noso pobo fai preto de 90 anos. Son
todo un tesouro, xa que facer cinema naquel entón, conlevaba un importante
desembolso económico.
O alcalde dixo tamén que desde o primeiro
momento o concello da Guarda tivo moi claro que esta iniciativa merecía ser
apoiada, porque os contidos das películas de Joaquín García Portela son todo un
documento etnográfico. Lomba Baz agradeceu a xenerosidade de Joaquina e Celia
Martínez García, e de toda á familia de Joaquín García Portela, para que esas
imaxes puderan ser visionadas por todo o público.
Antonio Lomba Baz informou a tódolos presentes
que ás 22:30 horas, serían proxectadas as películas de “Costiña”, na Praza do
Reló.
Vista parcial do público que asistiu a inauguración da exposición de Joaquín Gracñia Portela, na Casa dos Alonso
Unha vez inaugurada a exposición “Camiños da
Imaxe”, foi servido un viño galego e tódolos participantes puderon botarlle
unha ollada á exposición - comisariada por Proxecto Socheo - que consta de tres partes. Como oportunamente se indica o visitante, no panel dous créditos, "a primeira dá conta do
traballo de Joaquín García Portela no seu estudo, composto principalmente por
retratos dos veciños da Guarda e a súa contorna. A segunda parte amosa
diferentes obxectos persoais e fotografías que documentan as súas viaxes, as
súas afeccions, os seus coñecidos e o seu testemuño da vida da Guarda e, sobre
todo, do día a día coa súa familia. E por último, a reproducción das imaxes
filmadas polo Costiña, até o momento, as primeiras gravacions cinematográficas
onde se reflicte a nosa vila.
Esta mostra pretende render tributo e pór en
valor a este creador local que amosou unhas inquedanzas que contrarrestaron un
contexto adverso e difícil".
Vista parcial da Praza do Reló, nos intres previos a proxección dos filmes de "Costiña"
E se a exposición foi magníficamente acollida
polo respectable público, as mellores sensacions virían despois, logo dunha
introducción a cárrego de Beli Martínez e de Xurxo Chirro, de Proxecto Socheo,
coa proxección en pantalla grande, das películas que Joaquín García Portela fixo
fai preto de 90 anos, e nas que as protagonistas principais son súas fillas
Celia e Consuelo García Ferreira, cando eran unhas neniñas de curta edade. Con
esas imaxes, o autor, amósanos non soio un traballo cinematográfico ben
estructurado, senón que nos presenta a vida cotiá da súa propia familia, na que
súas fillas xogan con total liberdade cos animais que se crían para o sustento
familiar, o tempo que expresan reiterados e espontáneos testemuños de agarimo
fraternal. Tamén figuran á esposa – Florinda Manuela Ferreira Portela - do
fotógrafo e cinematógrafo, e outros familiares. Todo elo guiado polos
intertítulos que o mesmo Joaquín García intercalou oportunamente onde
correspondía, para guiar o espectador a traverso da historia que el mesmo
filmou, con unha posterior postproducción na procura da cor.
Ademáis de todo iso, hai imaxes de lugares moi
significativos, como o Muño de Baixo, o Muño da Cruzada, o Pico de San
Francisco, o camiño da Fontiña, a desaparecida Casa de Baños, A Ribeira, O Balueiro, a Avenida de San
Lorenzo, O Castro,..., e sobor de todo queremos salientar o interese
etnográfico de imaxes nas que están atadeiras, barcos a vapor que saen o mar,
pescadores de cana na zoa do Reghiño, mariñeiros co arrastón, arghaceiras
recollendo arghazo cos cramoeiros, unha procesión da Virxe da Guía, unha
romaría no Monte Santa Trega, cos primeiros coches que subiron pola estrada que
daquela remataba a carón do púlpito o aire libre,...
As películas de Joaquín García Portela
motivaron que o público seguise á proxección con verdadeiro interese e respecto
ata o remate da función. Foi unha velada verdadeiramente gratificante para todos.
Na imaxe o proxector de cinema que pertenceu a Joaquín García Portela, e varias fotografías da súa autoría
Dese xeito púxose broche de ouro a primeira xornada de lembranza a figura humana e profisional do fotógrafo e cineasta
Joaquín García Portela, que continuará na Casa dos Alonso ata o vindeiro día 15 de agosto coa exposición “Camiños da imaxe”, onde os visitantes, ademáis de
poder ollar ampliacions de fotografías feitas por Joaquín García Portela, terán acceso a un
álbum dixital con máis de 400 fotografías da súa autoría, e poderán ver súa
cámara de estudo, seu proxector de cinema, algúns dos seus cadros pintados ao óleo,..., e diverso material reunido
expresamente para esta exposición.
CAMIÑOS DA IMAXE
Arquivo de Joaquín García Portela “Costiña”
Casa dos Alonso
Do 22 ao 15 de agosto
Horarios:
-
Martes a sábados:
12-14 e 19-22 h.
-
Domingos e festivos: 12-14 h.
-
Sábado 13/08: 19-22 h.
-
Domingo 14/08: Pechado.
Comisariado: Proxecto Socheo
Producción: Concello da Guarda e Deputación de Pontevedra
Ningún comentario:
Publicar un comentario