COMEZOU O CURSO DE GRAFITI PARA A MOCIDADE GUARDESA
Dentro de Programa “Depo Rúarte”
De esquerda a dereita: Elena Baz Rodríguez, Montserrat Magallanes Álvarez e Digna Rosa Rivas, saudando os xóvenes que participará no curso
Fotos: C. A. G.
Este martes, día 26 de xullo, deu comezo o curso de grafiti para a mocidade que se celebra na Guarda ata o vindeiro día 8 de agosto. Os participantes terán tres días de formación máis teórica na que ensaiarán os posibles bosquexos e despois, na segunda parte do curso, adicaranse a adornar o muro da praia de Fedorento, que xa se atopa preparado.
Digna Rosa Rivas - no centro da imaxe - dirixíndose os xóvenes que participan no curso de grafiti
Á presentación deste curso acudiron as concelleiras de Turismo e Cultura do Concello da Guarda, Montserrat Magallanes Álvarez e Elena Baz Rodríguez, e tamén a deputada provincial de Xuventude, Digna Rosa Rivas, pois o curso forma parte do programa “Depo Rúarte” impulsado pola Deputación de Pontevedra.
O monitor - no centro da imaxe - cos participantes no curso de grafiti
A inauguración do mesmo tivo lugar na Escola Obradoiro da Guarda, onde se impartirán estes tres primeiros días de formación e logo os participantes estarán realizando os seus grafitis xunto á praia, nun curso que está dirixido a rapaces e rapazas de 14 a 30 anos empadroados no Concello da Guarda.
Durante esta primeira xornada a deputada provincial quixo saber de primeira man que lles parecía o curso aos asistentes e tamén destacar a importancia de que estas iniciativas sexan un punto de partida para que logo dende os concellos, como afirmou está a facer o da Guarda, se leven a cabo máis actividades culturais complementarias que logren atraer á mocidade.
Comeza así un curso que se impartirá das 1:30 ás 13:00 horas, ata a clausura o 8 de agosto e que busca darlle á xuventude guardesa unha oportunidade única de achegarse ó mundo do grafiti e embelecer un recuncho da súa vila ó tempo que practican unha actividade cultural ao aire libre, desfrutando da fermosa contorna da vila en pleno período estival.
Ningún comentario:
Publicar un comentario